xoves, 29 de marzo de 2012

proposta de traballo "No Country for Old Men"

xa sabemos a estreita relación entre cine e literatura
xa sabemos a eterna pregunta sobre a natureza do mal, de onde ven e por que e nosa actitude ante el
na intersección destas liñas infinitas está "No Country for Old Men", primeiro unha novela de Cormac McCarthy e logo unha peli dos irmáns Coen

podemos traducir os subtítulos, podemos traducir o primeiro capítulo da novela, podemos fixarnos como queda unha cousa adaptada á outra, podemos traducir as wikis do autor e dos directores ... podemos

No Country for Old Men

I

I sent one boy to the gaschamber at Huntsville. One and only one. My arrest and my testimony. I went up there and visited with him two or three times. Three times. The last time was the day of his execution. I didnt have to go but I did. I sure didnt want to. He'd killed a fourteen year old girl and I can tell you right now I never did have no great desire to visit with him let alone go to his execution but I done it. The papers said it was a crime of passion and he told me there wasnt no passion to it. He'd been datin this girl, young as she was. He was nineteen. And he told me that he had been plannin to kill somebody for about as long as he could remember. Said that if they turned him out he'd do it again. Said he knew he was going to hell. Told it to me out of his own mouth. I dont know what to make of that. I surely dont. I thought I'd never seen a person like that and it got me to wonderin if maybe he was some new kind. I watched them strap him into the seat and shut the door. He might of looked a bit nervous about it but that was about all. I really believe that he knew he was goin to be in hell in fifteen minutes. I believe that. And I've thought about that a lot. He was not hard to talk to. Called me Sheriff. But I didnt know what to say to him. What do you say to a man that by his own admission has no soul? Why would you say anything? I've thought about it a good deal. But he wasnt nothin compared to what was coming down the pike.
They say the eyes are the windows to the soul. I dont know what them eyes was the windows to and I guess I'd as soon not know. But there is another view of the world out there and other eyes to see it and that's where this is goin. It has done brought me to a place in my life I would not of thought I'd of come to. Somewhere out there is a true and living prophet of destruction and I dont want to confront him. I know he's real. I have seen his work. I walked in front of those eyes once. I wont do it again. I wont push my chips forward and stand up and go out to meet him. It aint just bein older. I wish that it was. I cant say that it's even what you are willin to do. Because I always knew that you had to be willin to die to even do this job. That was always true. Not to sound glorious about it or nothin but you do. If you aint they'll know it. They'll see it in a heartbeat. I think it is more like what you are willin to become. And I think a man would have to put his soul at hazard. And I wont do that. I think now that maybe I never would.

AQUI OS DEZ PRIMEIROS MINUTOS DE PELI CON SUBTÍTULOS EN INGLÉS

domingo, 11 de marzo de 2012

Arne Worren

Arne Worren (Alesund, 1924 - Oslo, 2011) é o tradutor de referencia de O Quixote dende o castelán ao noruegués (premio Bastian e Premio da Academia de Noruega).
En 1974 defendeu a súa tese sobre Góngora e posteriormente ingresou no Departamento de Linguas Europeas da Universidade de Oslo, onde se xubilou en 1994.
O Século de Ouro español e o barroco literario foron polos da súa actividade académica, publicando traballos sobre Calderón de la Barca, Góngora e Lope de Vega. Seica realizou un rexistro das antergas bibliotecas nobiliarias norueguesas en busca de edicións dos autores do período cumio da literatura en castelán, podendo comprobar a extensión que adquiriu o castelán coma lingua franca no XVII. Ademais da obra de Cervantes, Worren tamén traduciu a Clarín, Javier Marías ou Álvaro Pombo.

REFERENCIAS:
Arne Worren, traductor de 'El Quijote' al noruego

sábado, 10 de marzo de 2012

proposta de traballo "you rock you rule"

escribir esta tradución non nos vai levar moito tempo ... unha vez que saibamos que poñer, claro ...

venres, 17 de febreiro de 2012

laxas e wikipedia, 1

isto é a nosa aportación, sempre modesta, á galipedia; iremos engadindo cousas ...

Adele (Tamara Villar Fernández)
Tom e Jerry (Ana Santorum Martínez)
DSQUARED2 (Ana Santorum Martínez)
Shaun Tan (Tamara Villar Fernández)
The Red Tree (Tamara Villar Fernández)
The Lost Thing (Tamara Villar Fernández)
Laura del Río García (Tamara Villar Fernández)

martes, 14 de febreiro de 2012

proposta de traballo "ludwig von mises"

Ludwig von Mises ten algo en común connosco, naceu en Galicia, nunha que hoxe "vive" formando parte dos estados ucraniano e polaco. von Mises traballou en varias áreas de saber (especialmente na economía); na web do Ludwig von Mises Institute hai material a esgalla en inglés (moitas cousas publicounas en alemán orixinariamente) pero suxestionamos un artigo de Danny Hieber ("Why Do Languages Die?") sobre o seu libro Nation, State and Economy (1919), onde fala de como afecta a formación dos estados á evolución e vida das linguas.
concordamos ou discordamos?; primeiro lemos, entendemos e traducimos.

xoves, 9 de febreiro de 2012

metainglés

moitas ferramentas útiles xuntas ... tempo aforrado sen ter que ir de aquí para alá ... inglés, alemán, info en particular e info en xeral ... clika no logo ...

luns, 6 de febreiro de 2012

proposta de traballo "traducir e/ou escribir artigos da wikipedia"

procedemento para traducir artigos da wikipedia ao galego

1º - rexístrate para que a comunidade saiba o que fas en cada momento, ben ou mal, tod@s estamos para aprender.

2º - busca na wikipedia galega (a galipedia) algo e comproba se hai unha versión en galego; se non hai é doado crear un artigo; o aplicativo xa che da opción de facelo, clica onde dí crear a páxina "..." neste wiki!

3º - o procedemento máis rápido para introducir contido no novo artigo é buscar unha versión en inglés ou alemán ou ... e ir clicar na lapela editar nese artigo e facer un copiar e pegar no artigo en galego ...; respectando a estrutura, xa podes empezar a traducir sen preocuparte demasiado por cuestións de formato; hai xente que o fará por tí.

4º - antes de saír do aplicativo comproba "vista previa" e logo, se todo é correcto, "gardar páxina".

outra opción é ...

buscar no "portal da comunidade" da galipedia propostas para traducir e xa darlle sen pausa (bueno igual é boa idea facer un borrador en papel)

como facer ...

un hipervínculo - [Luís o Piadoso] e aparecerá en cor azul se hai un artigo feito sobre o tema e en vermello se non o hai; se o hai, "clikando" accédese a esa información

letra negriña - '''Carlos o Calvo''' e esa frase aparecerá cun trazo máis groso

letra cursiva - ''regna'' e esa frase aparecerá tumbadiña

títulos de seccións ou apartados - ==Loita entre irmáns== e esa frase aparecerá en negriña e cun tamaño maior ao resto

e, por último, algunhas cuestións de estilo ...

en cada artigo deberiamos incluír, cando menos, a seguinte información, e nesta orde

i - indicación do estado do artigo (se o estás a traducir, por exemplo; ou simplemente non remataches)
{{Entradución}}
{{Enuso}}
ii - unha breve introdución,
iii - un índice (xérase automaticamente cando se inclúen varios apartados),
iv - información dividida e desenvolta en seccións ou apartados,
v - cita
{{Cadro de citas| ... texto da cita ...
|''Sempre en Galiza'' (1944), por [[Castelao]].|largo=28%|aliñamento=dereita}}
o esquema en negriña e logo un exemplo de como se indicaría o libro ou procedencia do framento que se cita, pódense cambiar as dimensións do cadro que encerra a cita (aquí 28%) e o aliñamento: dereita ou esquerda

un exemplo de cita cando se trata dun poema: un de Rosalía é boa opción
{{Cadro de citas centro|
''¿Bosques, casa, sepulturas,''

''campanarios e campanas''

''con sons vagos de dosuras''

''que despertan -ai- ternuras''

''Risas, cantos, armonía,''

''brandas músicas, contento,''

''festas, dansas, alegría,''

''se trocou na triste e fría,''

''xorda vos do forte vento.''

|Rosalía de Castro. ''Cantares gallegos''|largo=40%|aliñamento=dereita}}

vi - notas (para indicar referencias nas que apareza a información que se inclúe no artigo),
<ref>Nelson, Janet, "Charles the Bald" (Essex, 1992) p. 13.</ref>
e aparecerá un número nese lugar do artigo; logo créase o apartado ou sección Notas e escríbese
{{listaref}}
para que apareza o texto que se incluíu entre <ref> e </ref>
vii - na sección "Véxase tamén" incluiremos
a. bibliografía
b. ligazóns externas

== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
=== Ligazóns externas ===

*[http://....//texto que desexas que apareza]
viii - categorías,
se é un "carolinxio"
[[Categoría:Carolinxio]]
ix - vínculos a outras wikipedias
pódese copiar e pegar doutra versión
[[de:Karl der Kahle]]
o cal indicaría que hai un artigo en alemán que se chama Karl der Kahle

outros detalles

a - recoñecemento
a licenza CC-BY-SA, baixo a que se publican os textos de Wikipedia (en todas as linguas) especifica que se debe recoñere a súa orixe e/ou autoría; é dicir, cando se traen contidos doutras wikis e se traducen hai que especificalo. en galego faise dunha das seguintes maneiras:

1. deixando constancia no cadro Resumo:
> "Esta achega é unha tradución do artigo da Wikipedia en castelán: [[:es:Cristóbal Colon]]"
> "Este artigo contén material procedente dos artigos das Wikipedias en inglés e portugués: [[:en:Europe]] e [[:pt:Europa]]"
> "A primeira edición deste artigo procede da tradución e adaptación do artigo homónimo da Wikipedia en lingua_que_sexa"
> "Tradución da versión http://pt.wikipedia.org/w/index.php?title=Albert_Einstein&oldid=11330571 do artigo da Wikipedia en portugués"

2. alternativamente tamén se pode facer constar na páxina de conversa do artigo empregando o modelo {{Traducidode}}

- engadir imaxe
ao principio dunha sección, do xeito seguinte
[[Ficheiro:Carlo calvo.jpg|miniatura|dereita|upright|Carlos o Calvo, idade avanzada; imaxe procedente do seu Salterio]],
con este esquema en negrita e engadindo os datos correspondentes a cada imaxe en particular

busca na galipedia os artigos Carlos o Calvo, Castelao ou Rosalía de Castro e mira na sección Editar para familiarizarte con estes procedementos
para dúbidas - sonacarado@gmail.com