Beceiro Amado GZÁrtabra |
o 8 de novembro de 2013 o presidente da RAG presentou
ante os medios a doazón feita por Juan
Luis Beceiro García, avogado ferrolán residente en Madrid, que entregaba
oito enormes tomos escritos a man con 'letra de imprenta' por seu pai, Juan Beceiro Amado.
o feito contiña dúas características subliñábeis,
Beceiro pai fora xeneral de infantería do exército español e nos seus
manuscritos estaba íntegra a primeira tradución ao galego completa coñecida de El Quijote de Miguel de Cervantes: no cuarto tomo dos manuscritos figuran unha
data e un lugar: ‘Granada, 19 do San Martiño do ano 1970’. anteriormente, o
académico Leandro Carré Alvarellos
afrontara a tradución da obra pero tan só rematara os capítulos XXV e XXVI.
Beceiro traducira tamén ao galego, e incluira nos
tomos doados polo seu fillo, outros cumios da literatura universal: Lazarillo de Tormes, a Odisea, Hamlet, e Contos e Leendas da’Eirín.
Juan Beceiro naceu en Ferrol en 1903. en 1918 era
alumno de infantería, no 21 alférez e no 23 tenente na guerra de África. de
volta en Ferrol, ascendeu a capitán e casou con Elisa García Dopico. no 34 mandou unha compañía na represión da revolución
de Asturias e o 18 de xullo do 36 estaba en Ferrol, pasando a ingresar as filas
do bando ‘nacional’ e participando en numerosas accións de guerra, en Castela e
Teruel, onde ascendeu a comandante. o final da guerra pasouno en Extremadura.
logo foi destinado a Ferrol, Madrid, Salamanca,
Valladolid e Melilla, ata chegar a xeneral de brigada en 1961. ao pasar á
reserva, por consello médico, buscou un clima cálido e instalouse en Granada,
onde inicia o seu labor literario e de tradución. finou en Madrid en 1990,
durante unha visita aos fillos.
seica nunca falaba da guerra. seica era calado e
discreto. tiña ademais unha vocación literaria propia, sendo autor de moitas
narracións curtas, que nunca quixo publicar. tamén escribiu unha obra lexicográfica co título comentos, follas dun vocabulario
galego-castelán, onde intercala texto propios e explicacións sobre os
termos recollidos; tamén inédita.
en xuño de 2017 proxectouse no Ateneo Ferrolán un vídeo
elaborado por Carlos Laíño con guión
de Siro López sobre Beceiro Amado, un vídeo divulgativo para explicar que o
galego nom é nim de dereitas nim de esquerdas, nim de militares nim de civís, o
galego é de todos. López tamén recalca que, daquela, escribir e
traducir en galego equivalía a posicionarse contra o réxime.
‘Juan Beceiro Amado, un
xeneral ferrolán que traducía ao galego obras clásicas da literatura’ (diario de ferrol) 2013
‘entregan a
la RAG traducciones de Beceiro Amado’ (la
opinión) 2013
‘homenaje
a Beceiro Amado como símbolo del gallego’ (voz de GZ), 2017
Ningún comentario:
Publicar un comentario