venres, 13 de xaneiro de 2012

proposta de traballo "Dreamin' Of You"

Bob Dylan ... xa sabedes, no allo dende nin se sabe ... e inda fai cousas coma esta ... Dreamin Of You, de 2008 e incluída en Tell Tale Signs (8th) ...

the light in this place is really bad
like being at the bottom of a stream
any minute now
I'm expecting to wake from a dream

cheguei á canción cando busquei sobre o tradutor de Faulkner ... o tal Miguel Martínez-Lage (dos dous falaremos cando tempo veña) no seu días impares, colgou só días antes de morrer un texto que falaba dela ...

maybe you were here and maybe you weren't
maybe you touched somebody and got burnt
the silent sun has got me on the run
burning a hole in my brain
I'm dreamin' of you, that's all I do
but it's driving me insane



mércores, 11 de xaneiro de 2012

buscamos tradutor@s ... novamente

se che gusta ler, se che gustan as pelis e a música, se che gustan os idiomas, se che gusta traducir

entón ofrecémosche algo así coma

aprender nocións básicas sobre tradución e interpretación, coñecer e usar as ferramentas básicas dunh@ tradutor@, traducir textos interesantes e variados en diversas linguas (basicamente inglés, pero tamén outras) e formatos, coñecer onde poderías realizar estudios universitarios, participar en concursos de tradución, ...

en "presencia" traballaremos os mércores (cada quince días) no ies laxeiro durante un rato a partir das 16:00; se te animas a participar podes falar con xosé manuel (profe de inglés); descarga aquí a folla de inscrición.

en "ausencia" podes facer achegas neste enderezo electrónico > sonacarado@gmail.com

mércores, 4 de xaneiro de 2012

proposta de traballo "the gift of tongues"

existen persoas realmente plurilingües? canto de normal ten unha persoa que fala moitas linguas? como é a súa vida diaria?  ... podemos empezar a reflexionar sobre estas cuestións tentando traducir "The Gift of Tongues", un artigo aparecido en The Economist que aporta unhas pinceladas sobre os contidos do libro Babel No More: The Search for the World's Most Extraordinary Language Learners, escrito por Michael Erard.

domingo, 1 de xaneiro de 2012

proposta de traballo "Jaron Lanier/you are not a gadget"


Jaron Lanier (1960) é unha especie de gurú da informática e internet, entre outras das súas afeccións e saberes. En 2011 a revista Time nomeouno unha das 100 persoas máis influíntes do mundo. Está contra a deriva antihumanística que, segundo el, está a tomar a web 2.0; por exemplo, da Wikipedia di que "lela é como ler a Biblia. Unha mestura de voces anónimas, diversos autores e editores con feitos que son difíciles de contrastar."
Podemos traballar coas primeiras páxinas de You Are Not a Gadget: a Manifesto, ou con algunha parte da súa web persoal, ou sobre o do video; temos onde elixir.


venres, 30 de decembro de 2011

proposta de traballo "shaun tan"

shaun tan (1974-) é un ilustrador e escritor que argalla historias melancólicas e ledas a un tempo, cun final probablemente optimista. escollemos the lost thing (aportamos vídeo que explica como se fixo a peli sobre a historia e un script provisional), e the red tree.
"the lost thing" fala dun rapaz que pasa o tempo aumentando a súa colección de chapas ata que da con algo, algo perdido e sen dono.
"the red tree" conta o día dunha rapaza de pelo raro, un día que semella vai ser igual que todos.
na web de shaun tan hai material para difuminarse un rato e, quizás, atopar.

aquí unha interpretación de LUCÍA CASTRO GARCÍA sobre "the lost thing", cal é a vosa?

In my opinion lost things are memories we have from the time we were children. As we grow up they begin to disappear becoming something strange to us. What can we do in order not to forget them?
Some people think it is a pity to lose memories from our childhood. However, others say that they are silly things because when you are a child you don’t know anything about life.
The protagonist of this short film believes that dreams and memories from the past are important to our present life because they help us to develop as a person.

mércores, 21 de decembro de 2011

huginemugin

cando as vellas tácticas non funcionan haberá que buscar outras. editorial hugin e munin, un proxecto impulsado por Alejandro Tobar, conserva a intención e o propósito de sempre, o amor polos libros e as historias que conteñen sobre nós e @s outr@s, xunto co difícil compromiso pola lingua propia de galiza. un novo proxecto é verquer á nosa lingua anacos da literatura en inglés, francés, e a nórdica, entre outras minoritarias
para empezar O forasteiro misterioso (1916) de Mark Twain e Servizo de Correos (1971) de Charles Bukowski. Logo Prudenci Bertana, Narcis Oller, Arthur C. Clarke, Paul Morand, Julio Verne, ...
subscríbete

REFERENCIAS:
MARTÍNEZ, IAGO: "Una editorial se estrena con Bukowski y Twain en gallego", El País (Galicia), 21/12/2011

domingo, 4 de decembro de 2011

proposta de traballo "Your Europe, Your Say"

nós matriculámonos e esperamos que nos digan que siiiiiiiiiiiiii ... entón algúns dos nosos compañeiros e unha profa ou profe pasará dous días en Bruxelas participando nun simulacro de sesión do European Economic and Social Committee; na capital desa Europa que non sabemos se se desfai coa crise ou rexurdirá máis forte

para participar hai que entender onde nos metemos ... o primeiro que imos facer para prepararnos é saber de que vai a cousa ... traduzamos a páxina de "Your Europe Your Say", un chisco



tamén temos unha mostra de linguaxe administrativo, from Romania (en inglés tranquis) ... unha circular onde se anuncia esta cuestión ás escolas de secundaria dese país do leste