domingo, 7 de decembro de 2014

guía de software para tradutor@s

traduciresdescubrir.wordpress.com
enlaces sobre software para traductores:

Software para la Traducción, da Biblioteca Dixital de Traducción da Universidade de Granada.
- Mi top 10 de software gratis para traductores (Damián Santilli, Tradugeek)
- Software libre para traductores (Silvia Florez, Traducción y mundo libre)
- El software libre en el sector de la traducción (José Manuel Manteca Merino, Abehache)
- Software libre para traductores, Colexio de Traductores Públicos da Cidade de Bos Aires
- TAO para principiantes (Lourdes Rey, Déjame traducir)
- 7 localization tools – free or almost free (Medical Translation Insight)
- Guía básica de software para traductores (Rafael López Sánchez, Jugando a traducir)
- Translation software review (web 7 brands)

artígos sobre software particulares

Aplicación de formato en SDL Trados Studio [Álvaro Mira, (Nunca) sobran las palabras]
Complementos indispensables para SDL Trados Studio [Álvaro Mira, (Nunca) sobran las palabras]
Para los que siguen añorando Trados… [Álvaro Mira, (Nunca) sobran las palabras]
- Actualización de TM con varios archivos en SDL Trados Studio 2009 [Álvaro Mira, (Nunca) sobran las palabras]
- Google Translator Toolkit: ¿herramienta profesional? (Pedro Márquez Delgado, En la punta de la lengua)
- Un vistazo a Wordfast Anywhere (Pedro Márquez Delgado, En la punta de la lengua)
- Las herramientas de búsqueda (sobre todo Examine 32) (Eva María Martínez, El arte de traducir)
- Glosarios para OmegaT en 5 minutos (Pedro Márquez Delgado, En la punta de la lengua)
- OmegaT: Una herramienta Tao gratuita (Laura Ramírez, Tecnologías y traducción)
- OmegaT, ¡qué bueno que viniste! (Luis Villarejo, AulaSIC)
- Un vistazo a Déjà Vu X2 (Pedro Márquez Delgado, En la punta de la lengua)
- Reseña sobre software Transtation (Juan Pablo Sans, autor del blog Hablemos de traducir y divertirse.
- Herramientas multifunción: Total Commander (Eva María Martínez, El arte de traducir)
- TransTools for Microsoft Word (Translator Tools)

pagan a pena?

Ventajas e inconvenientes del uso de las herramientas de TAO en traducción literaria (Isabel Valiente, Diario IAT de Isabel Valiente)
Una defensa crítica de las memorias de traducción (Andrés López Ciruelos, Panace@)
- Traducción, una alternativa profesional (Salvador Aparicio, blogue de AulaSIC)
- Memorias de traducción, ¿Amigas o enemigas? (Salvador Aparicio, AulaSIC)
Utilidad de la traducción asistida para el traductor literario (Nuria Viver Barri, Traducción médica, técnica y literaria)
- Breve reflexión sobre el peligro de los programas TAO (Isabel García Cutillas, El traductor en la sombra)

venres, 28 de novembro de 2014

o gobernante e a anciá

capa da novela en versión inglesa
arredor dunha semana máis tarde, Maxine volve estar no Auditorio Vontz para a graduación de octavo curso. Logo do protocolario desfile de sacerdotes de todas as relixións, cadanseu cun vestiario apropiado, que sempre lle fai lembrar o previo a un bo chiste, a Ensemble Bepop Kugelblitz interpreta ‘o brinco de Billie’, Bruce Winterslow logra algún rexistro tipo Libro Guinness ao maior número de palabras polisilábicas nunha oración, e a continuación aparece a oradora convidada, March Kelleher. Maxine está algo sorprendida cos efectos de tan só un par de anos –espera, pregúntase cunha punzada repentina de pánico, cantos anos exactamente? March xa non é que teña algunha cana senón que se pon cómoda e síntese coma na súa casa, e leva sombras esaxeradas que indican unha perda temporal de fe na maquillaxe de ollos. Leva como un uniforme de campaña e unha braga desas tan peculiares súas, hoxe nunha sorte de verde. O seu discurso resulta ser unha parábola que se supón ninguén vai entender.

había unha vez unha cidade cun poderoso gobernante a quen lle gustaba rular de incógnito pola cidade, facendo o seu traballo no segredo. De cando en vez recoñecíao alguén, pero sempre estaban dispostos a aceptar unha poutada de prata ou ouro para esquecer o asunto. ‘Vostede ten estado exposto por un momento a unha forma altamente tóxica de enerxía,’ é a súa fórmula habitual. ‘Aquí ten unha suma que confío lle compensará a vostede por calquera dano causado. Pronto comezará a esquecer, e logo sentirase mellor.’

‘por aquel tempo, de aquí para alá na noite, había tamén unha anciá, probablemente non sería demasiado diferente da vosa avoa, que levaba consigo unha enorme saca chea de farrapos lixados, anacos de papel e plástico, aparellos rotos, restos de comida, e outro tipo de lixo que recollía pola rúa. Ía a todas partes, vivira na cidade durante máis tempo que calquera outra persoa, sen protección e á intemperie fose cal fose o tempo, e sabíao todo. Era a que gardaba de fose o que fose que tirara a cidade.

o día que finalmente coincidiu co gobernante da cidade, el levou unha sorpresa ben rufa – cando, con boa intención, lle ofreceu a súa poutada de moedas, ela tirounas ao chan, furiosa. Espalláronse musiqueando polo empedrado adiante. ‘Esquecer?’ guinchou. ‘Non podo nin debo esquecer. Lembrar é a esencia do que son. O prezo do meu esquecemento, gran señor, é maior do que poida imaxinar, xa non digamos pagar.’

desconcertado, quizás considerando que non debía ter ofrecido abondo, o gobernante comezou a rebuscar no seu peto outra vez, pero cando ergueu os ollos, a anciá desaparecera. Ese día volveu das súas tarefas secretas máis cedo do habitual, nun estraño estado de ánimo. Supuxo que agora tería que atopar a esta anciá e neutralizala. Que incómodo.

thepoplartree.wordpress.com
inda que, por natureza, non era unha persoa violenta, xa había tempo que aprendera que ninguén conservaba o seu traballo sen estar disposto a facer calquera cousa que fose preciso. Durante anos buscara métodos novos e creativos que excluíran a violencia, o que normalmente viña equivaler a mercar o silencio da xente. Contratou os perseguidores das celebridades imperiais como gardacostas, xornalistas con enormes narices foron recolocados como ‘analistas’ e instalados na oficina estatal de intelixencia.

aplicando esta lóxica a anciá coa súa saca de lixo debería ter mudado en Ministra de Medioambiente e algún día construiríanse parques e plantas de reciclaxe por todo o territorio co seu nome. Pero sempre que alguén se lle acercaba para proporlle algún emprego, ninguén era quen de atopala. As súas críticas ao réxime, sen embargo, xa atoparan sitio na conciencia colectiva da cidade e eran xa imposibles de borrar.

ben, rapaces, so é unha historia. A caste de historia que teriades oído en Rusia nos días de Stalin. A xente contábase estas fábulas de Esopo e todos sabían que representaba cada cousa. Pero, podemos dicir o mesmo nos Estados Unidos do século XXI?

quen é a anciá? Que credes que estivo a pescudar todos estes anos? Quen é este ‘gobernante’ por quen se nega a ser mercada? E que é este ‘traballo’ que el ‘facía en segredo’? Supoñede que ‘o gobernante’ non é unha persoa, mais unha forza sen ánima tan poderosa que inda que non ennobrece, mais si titula, o cal, na cidade–nación da que falamos, é sempre máis que suficiente. Déixovos a vós as respostas, os graduados de Kugelblitz do 2001, a modo de exercicio. Boa sorte. Considerádeo un concurso. Enviade as vosas respostas ao meu ‘blog’, tabloidedosmalditos.com, o primeiro premio é unha pizza con calquera ingrediente que vos apeteza.

a intervención proporciónalle algúns aplausos, máis dos que obtería nas academias snob tanto a leste coma oeste, mais non tanto como esperaría obter do alumnado de Kugelblitz.

‘é a miña personalidade,’ dille a Maxine na recepción posterior. ‘Ás mulleres non lles gusta o xeito en que me desenvolvo, aos homes non lles gusta a miña actitude. Por iso é que estou reducindo as aparicións persoais e concentrándome no blogue.’ Entregando a Maxine un dos folletos que Otis trouxera a casa.

‘visitareino,’ promete Maxine.

saudando coa cabeza mentres cruza o patio, ‘quen é ese co que viñeches, o dobre de Sterling Hayden?’

‘o que? Ah, ese é o meu ex. En fin. Algo así.’

‘o mesmo ‘ex’ de hai dous anos? Non acabou, inda non acabou, a que esperas? Algún nome nazi, se lembro ben.’

‘Horst, isto vai estar na Internet logo?’

‘non se me queres facer un gran favor.’

‘uh-oh.’

‘en serio, es unha CFE, non si?’

‘retiráronme a credencial, agora vou pola miña conta.’

‘o que ti digas. Teño que pedirche opinión sobre algo.’

‘xantamos por aí?’

‘eu non xanto. Un artefacto corrupto do capitalismo. Almorzo quizás?’

sen embargo, sorrí. A Maxine améncelle que, ao contrario do que dixo no discurso, March non é unha meiga, é unha torta. Coa faciana e maneiras de alguén que cinco minutos despois de coñecelos xa che está a propoñer comer algo. Algo específico, que terá xa na súa culler de camiño á túa boca.

Thomas Pynchon Bleeding Edge (2013), pp. 113–5
wikipedias (versión inglesa) sobre 'bleeding edge' & Thomas Pynchon
tradución mala por @xindiriz 

venres, 24 de outubro de 2014

como homes quedaron

capa da novela na versión orixinal
theschleicherspin.com
They rose up like men. We saw them. Like men they stood.

erguéronse como homes. Vímolos. Como homes quedaron.

We shouldn’t have been anywhere near that place. Like most farmland outside Lotus, Georgia, this one here had plenty of warning signs. The threats hung from wire mesh fences with wooden stakes every fifty or so feet. But when we saw a crawl space that some animal had dug – a coyote maybe, or a coon dog – we couldn’t resist. Just kids we were. The grass was shoulder high for her and waist high for me so, looking out for snakes, we crawled through it on our bellies. The reward was worth the harm grass juice and clouds of gnats did to our eyes, because there right in front of us, about fifty yards off, they stood like men. Their raised hooves crashing and striking, their manes tossing back from wild white eyes. They bit each other like dogs but when they stood, reared up on their hind legs, their forelegs around the withers of the other, we held our breath in wonder. One was rust-colored, the other deep black, both sunny with sweat. The neighs were not as frightening as the silence following a kick of hind legs into the lifted lips of the opponent. Nearby, colts and mares, indifferent, nibbled grass or looked away. Then it stopped. The rust-colored one dropped his head and pawed the ground while the winner loped off in an arc, nudging the mares before him.

non deberiamos ternos aproximado a aquel lugar. Como a maioría dos terreos de cultivo ás aforas de Lotus, Georgia, este tiña signos de advertencia abondo. As ameazas colgaban das mallas de arame que facían de valado, con estacas de madeira a uns cincuenta pés unhas das outras. Pero ao ver un lugar polo que se colara algún animal escavando na terra – quizás un coiote, ou un cazamapaches – non o puidemos resistir. Eramos nenos. A ela a herba chegáballe ata os ombreiros e a min pola cintura así que, tomando precaucións contra as serpes, furamos por alí sobre as nosas barrigas. O dano que nos fixeron nos ollos o zume das herbas e as nubes de mosquitos foi ben recompensado, porque xusto diante nosa, a unhas cincuenta iardas, estaban alí chantados. Os cascos batendo e golpeando o aire, as crinas ondeando desde uns ollos brancos e indomables. Mordíanse coma cans pero cando se erguían, apoiados nos cuartos traseiros, as mans nas cernellas do outro, contiñamos a respiración asombrados. Un era perlino e outro negro escuro, ambos co sol brillando na suor. Os relinchos non daban tanto medo como o silencio que seguía cada patada dos cuartos traseiros nos beizos levantados do opoñente. Cerca, poldros e eguas, indiferentes, adentaban a herba ou miraban cara outro lado. Logo cesou. O perlino baixou a cabeza e pateou o chan mentres o vencedor se apartou describindo un arco, apartando as eguas que atopaba no seu camiño.

As we elbowed back through the grass looking for the dug-out place, avoiding the line of parked trucks beyond, we lost our way. Although it took forever to re-sight the fence, neither of us panicked until we heard voices, urgent but low. I grabbed her arm and put a finger to my lips. Never lifting our head, just peeping through the grass, we saw them pull a body from a wheelbarrow and throw it into a hole already waiting. One foot stuck up over the edge and quivered, as though it could get out, as though with a little effort it could break through the dirt being shoveled in. We could not see the faces of the men doing the burying, only their trousers; but we saw the edge of a spade drive the jerking foot down to join the rest of itself. When she saw that black foot with its creamy pink and mud-streaked sole being whacked into the grave, her whole body began to shake. I hugged her shoulders tight and tried to pull her trembling into my own bones because, as a brother four years older, I thought I could handle it. The men were long gone and the moon was a cantaloupe by the time we felt safe enough to disturb even one blade of grass and move on our stomachs, searching for the scooped-out part under the fence. When we got home we expected to be whipped or at least scolded for staying out so late, but grown-ups did not notice us. Some disturbance had their attention.

www.flickr.com
perdémonos cando volvíamos, sobre os cóbados e a través da herba, buscando o buraco na cerca e evitando a ringleira de camións aparcados no outro lado. Inda que nos levou unha eternidade volver ver a cerca, ningún dos dous se asustou ata que oímos as voces, urxentes pero baixas. Agarreille un brazo e puxen un dedo aos beizos. Sen levantar a cabeza, só fitando a través da herba, vímolos turrar un corpo dunha carretilla e guindalo nun buraco xa feito. Saía un pé por un lado e moveuse, como se fose quen de saír, como se cun pequeno esforzo puidese atravesar toda a terra que lle estaban a botar enriba. Non viamos as faces dos homes que estaban facendo o soterramento, só os seus pantalóns; pero podiamos ver o estremo dunha pala meter o pé, que se sacudía, xunto co resto. Cando veu aquel pé negro coa súa soa rosada e lixada de lama sendo golpeada para dentro da tumba, comezou a tremerlle todo o corpo. Aperteina forte nos ombreiros e tentei que o seu tremor pasase aos meus osos porque, como irmán catro anos maior, pensei que podería manexar a cousa. Os homes xa se foran había tempo e a lúa era un cantalupo cando nos sentimos seguros abondo para perturbar tan sequera unha herba e movernos sobre os nosos estómagos, buscando o buraco por baixo da valla. Ao chegar a casa esperabamos que nos bateran ou cando menos nos rifaran por chegar tan tarde, pero os maiores non se decataron de nós. Algunha amoladura desviou a súa atención.

Since you’re set on telling my story, whatever you think and whatever you write down, know this: I really forgot about the burial. I only remembered the horses. They were so beautiful. So brutal. And they stood like men.

xa que te propós contar a miña historia, sexa o que sexa o que penses e sexa o que sexa que escribas, ten isto en conta: esquecín o soterramento, esa é a verdade. Lembrei só os cabalos. Eran tan fermosos. Tan brutais. E como homes quedaron.

tradución mala por @xindiriz
cousas que investigar (cando menos estas): ‘rust-colored’ (perlino) & ‘coon dog’ (cazamapaches) & ‘like men they stood’ (…?’)
'Home': Toni Morrison e a claridade

domingo, 12 de outubro de 2014

todos abordo – o acontecemento en tránsito

www.penguin.com.au
todos abordo – o acontecemento en tránsito

All Aboard – Event In Transit

‘un tsunami matou máis de 200000 persoas en Indonesia!’ ‘un fotógrafo sensacionalista captou unha instantánea da vaxina de Britney Spears!’ ‘finalmente decateime que teño que deixalo todo e botarlle unha man!’ ‘o brutal golpe esnaquizou todo o país!’ ‘gañou o pobo! O ditador fuxiu!’ ‘como pode ser que exista algo tan fermoso como a última sonata para piano de Beethoven?’

‘A tsunami killed more than 200000 people in Indonesia!’ ‘A paparazzo snapped Britney Spears’ vagina!’ ‘I finally realized I have to drop everything else and help him!’ ‘The brutal takeover shattered the entire country!’ ‘The people have won! The dictator has run away!’ ‘How is something as beautiful as Beethoven’s last piano sonata even possible?’

todas estas afirmacións refírense ao que cando menos algúns de nós considerariamos un acontecemento – unha noción anfibia con incluso máis de cincuenta sombras de gris. Un ‘acontecemento’ pode referirse a un desastre natural devastador ou ao escándalo do último ‘famosete’, o triunfo do pobo ou unha brutal carga policial, unha intensa experiencia en presenza dunha obra de arte ou unha decisión íntima. Dadas todas estas variantes, non hai outra maneira de poñer orde no enigma da definición que arriscase, subir ao tren e comezar a nosa viaxe cunha definición aproximada de acontecemento.

All these statements refer to that which at least some of us would consider an event – an amphibious notion with even more than fifty shades of grey. An ‘Event’ can refer to a devastating natural disaster or to the latest celebrity scandal, the triumph of the people or a brutal political change, an intense experience of a work of art or an intimate decision. Given all these variations, there is no other way to introduce order into the conundrum of definition than to take a risk, board the train and start our journey with an approximate definition of event.

Agatha Christie inicia o das 4:50 procedente de Paddington no medio dunha viaxe en tren desde Escocia a Londres, onde Elspeth McGillicuddy, de camiño a visitar a súa vella amiga Jane Marple, ve como esganan unha muller no compartimento dun tren que pasa (o das 4:50 procedente de Paddington). Todo sucede moi rápido e a súa visión é borrosa, así a policía non se toma en serio a Elspeth porque non hai evidencia de delito; só a señorita Marple cre a súa historia e comeza a investigar. Este é un acontecemento na súa forma máis pura e máis mínima: algo chocante, fóra do común, que semella acontecer totalmente de súpeto e interrompe o discorrer normal das cousas; algo que emerxe parece que de ningures, sen causas discernibles, unha aparición sen fundamentos sólidos.

Agatha Christie’s 4.50 from Paddington opens in the middle of a journey on a train from Scotland to London, where Elspeth McGillicuddy, on the way to visit her old friend Jane Marple, sees a woman being strangled in the compartment of a passing train (the 4.50 from Paddington). It all happens very fast and her vision is blurred, so the police don’t take Elspeth’s report seriously as there is no evidence of wrongdoing; only Miss Marple believes her story and starts to investigate. This is an event at its purest and most minimal: something shocking, out of joint, that appears to happen all of a sudden and interrupts the usual flow of things; something that emerges seemingly out of nowhere, without discernible causes, an appearance without solid being as its foundation.

hai por definición, algo ‘milagroso’ nun acontecemento, desde os milagres das nosas vidas diarias ata aqueles das esferas máis sublimes, incluída a divina. A natureza do cristianismo como acontecemento provén do feito de que ser cristián require unha crenza nun acontecemento singular – a morte e resurrección de Cristo. Quizás incluso máis fundamental é a relación circular entre a crenza e as súas razóns: non podo dicir que creo en Cristo porque, por certas razóns, estaba convencido para crer; é só cando creo que podo comprender as razóns para facelo. A mesma relación circular aplícase ao amor: non me namoro por razóns concretas (os seus beizos, o seu sorriso, …) – é porque xa a amo que os seus beizos, … me atraen. Isto é porque o amor, tamén, ten que ver co acontecemento. É unha manifestación dunha estrutura circular na que o efecto do acontecemento determina as súas causas ou razóns de xeito retroactivo. E o mesmo se aplica a un acontecemento político como as prolongadas protestas da praza Tahrir en Cairo que derrubaron o réxime de Mubarak: poden explicarse as protestas de xeito doado como resultado de impases específicos na sociedade exipcia (xuventude desempregada, educada sen perspectivas claras, …), pero, dalgún xeito, ningunha delas pode explicar a enerxía sinerxética que fixo nacer o que seguiu a continuación.

There is, by definition, something ‘miraculous’ in an event, from the miracles of our daily lives to those of the most sublime spheres, including that of the divine. The eventual nature of Christianity arises from the fact that to be a Christian requires a belief in a singular event – the death and resurrection of Christ. Perhaps even more fundamental is the circular relationship between belief and its reasons: I cannot say that I believe in Christ because I was convinced by the reasons for belief; it is only when I believe that I can understand the reasons for belief. The same circular relation holds for love: I do not fall in love for precise reasons (her lips, her smile …) – it is because I already love her that her lips, … attract me. This is why love, too, is eventual. It is a manifestation of a circular structure in which the eventual effect retroactively determines its causes or reasons. And the same holds for a political event like the prolonged protests on Tahrir Square in Cairo which toppled the Mubarak regime: one can easily explain the protests as the result of specific deadlocks in Egyptian society (unemployed, educated youth with no clear prospects, …), but, somehow, none of them can really account for the synergetic energy that gave birth to what went on.

do mesmo xeito, a aparición dunha nova forma artística é un acontecemento. Tomemos o exemplo do cine negro. Nunha análise detallada, Marc Vernet demostra que todas as características principais que constitúen a definición común de cine negro (iluminación chiaroscuro, plano holandés, o universo paranoico da novela hard-boiled coa corrupción elevada a unha característica metafísica cósmica personificada na femme fatale) xa eran parte das películas de Hollywood. Sen embargo, o enigma que permanece é a misteriosa eficiencia e persistencia da noción de negro: canta máis razón ten Vernet en canto aos feitos, cantas máis causas históricas ofrece, más enigmático e inexplicable se volven a extraordinaria fortaleza e lonxevidade desta noción ‘ilusoria’ de negro – a noción que ten perseguido a nosa imaxinación durante décadas.

In the same way, the rise of a new art form is an event. Let us take the example of film noir. In his detailed analysis, Marc Vernet demonstrates that all the main features that constitute the common definition of film noir (chiaroscuro lighting, askew camera angles, the paranoiac universe of the hard-boiled novel with corruption elevated to a cosmic metaphysical feature embodied in the femme fatale) were already present in Hollywood films. However, the enigma that remains is the mysterious efficiency and persistence of the notion of noir: the more Vernet is right at the level of facts, the more he offers historical causes, the more enigmatic and inexplicable becomes the extraordinary strength and longevity of this ‘illusory’ notion of noir – the notion that has haunted our imagination for decades.

nunha primeira aproximación, un acontecemento é así o efecto que semella exceder as súas causas – e o espazo dun acontecemento é o que se abre polo oco que separa un efecto das súas causas. Xa con esta definición aproximada atopámonos no corazón mesmo da filosofía, posto que a causalidade é un dos problemas básicos dos que trata a filosofía: están todas as cousas conectadas por vínculos causais? Todo o que existe ten que estar fundamentado en razóns suficientes? Ou hai cousas que dalgún xeito xorden a partir da nada? Como, entón, pode axudarnos a filosofía a determinar o que é un acontecemento – unha ocorrencia non fundamentada en razóns suficientes – e como é posible?

At first approach, an event is thus the effect that seems to exceed its causes – and the space of an event is that which opens up by the gap that separates an effect from its causes. Already with this approximate definition, we find ourselves at the very heart of philosophy, since causality is one of the basic problems philosophy deals with: are all things connected with casual links? Does everything that exists have to be grounded in sufficient reasons? Or are there things that somehow happen out of nowhere? How, then, can philosophy help us to determine what an event - an occurrence not grounded in sufficient reasons – is and how it is possible?

sl.wikipedia.org
desde os seus inicios, a filosofía semella oscilar entre dous enfoques: o transcendental e o ontolóxico ou óntico. O primeiro ten que ver coa estrutura universal de cómo se nos presenta a realidade. Que condicións deben cumprirse para que percibamos algo como realmente existente? ‘transcendental’ é o termo técnico do filósofo para tal esquema, que define os co-ordinados da realidade – por exemplo, o enfoque transcendental fainos conscientes de que, para un naturalista científico, os espíritos e significados son tamén unha parte da realidade, non só as nosas proxeccións humanas. O enfoque óntico, polo contrario, ten que ver coa propia realidade, na súa emerxencia e  implantación: como chegou a existir o universo? No século vinte, a distancia entre estes dous métodos de pensamento ampliouse máis: o enfoque transcendental acadou o seu apoxeo coa filósofo alemán Martin Heidegger (1889-1976), mentres o ontolóxico semella hoxe secuestrado polas ciencias naturais – esperamos que a resposta á pregunta sobre as orixes do noso universo procedan da cosmoloxía cuántica, as ciencias cerebrais e o evolucionismo. Xusto no inicio do seu novo ‘supervendas’, o Gran Deseño, Stephen Hawkins proclama triunfal que ‘a filosofía está morta’: as cuestións metafísicas sobre a orixe do universo, … que unha vez eran o tema de especulacións filosóficas, poden responderse agora por medio da ciencia experimental e ser así empiricamente comprobadas.

From its very inception, philosophy seems to oscillate between two approaches: the transcendental and the ontological or ontic. The first concerns the universal structure of how reality appears to us. Which conditions must be met for us to perceive something as really existing? ‘Transcendental’ is the philosopher’s technical term for such a frame, which defines the co-ordinates of reality – for example, the transcendental approach makes us aware that, for a scientific naturalist, only spatio-temporal material phenomena regulated by natural laws really exist, while, for a premodern traditionalist, spirits and meanings are also part of reality, not only our human projections. The ontic approach, on the other hand, is concerned with reality itself, in its emergence and deployment: how did the universe come to be? In the twentieth century, the gap between these two methods of thinking became most extreme: the transcendental approach reached its apogee with German philosopher Martin Heidegger (1889–1976), while the ontological one seems today kidnapped by natural sciences – we expect the answer to the question of the origins of our universe to come from quantum cosmology, the brain sciences and evolutionism. At the very beginning of his new bestseller, The Grand Design, Stephen Hawking triumphantly proclaims that ‘philosophy is dead’: metaphysical questions about the origin of the universe, … which were once the topic of philosophical speculations, can now be answered through experimental science and thus empirically tested.

o que non pode deixar de sorprender ao viaxante é que ambos enfoques culminan nalgunha noción de Acontecemento: o Acontecemento da revelación do Ser – do horizonte de significado que determina como percibimos e nos relacionamos coa realidade – no pensamento de Heidegger; e, no Big Bang (ou simetría rota), o Acontecemento primordial do que xurdiu todo o noso universo, no enfoque óntico, defendido pola cosmoloxía cuántica.

What cannot but strike the traveler is that both approaches culminate in some notion of Event: the Event of the disclosure of Being – of the horizon of meaning which determines how we perceive and relate to reality – in Heidegger’s thought; and, in the Big Bang (or broken symmetry), the primordial Event out of which our entire universe emerged, in the ontic approach, upheld by quantum cosmology.

a nosa primeira definición tentativa de acontecemento como un efecto que excede as súas causas retrotráenos así a unha multiplicidade inconsistente: é un acontecemento un cambio do xeito no que a realidade se nos aparece, ou é unha transformación devastadora da propia realidade? Reduce a filosofía a autonomía dun acontecemento, ou pode explicar a súa propia autonomía? Polo tanto, de novo: hai unha maneira de introducir algún tipo de orden neste enigma? O procedemento obvio tería sido clasificar os acontecementos en especies e subespecies – para diferenciar entre acontecementos materiais e inmateriais, entre acontecementos artísticos, científicos, políticos e íntimos, … Sen embargo, tal enfoque ignora a característica básica dun acontecemento: a emerxencia sorprendente de algo novo que mina todos os esquemas estables. A única solución apropiada é, polo tanto, acercarse aos acontecementos dun xeito ‘acontecemental’ – pasar dunha noción a outra por medio da afloración dos impases que saturan cada unha, para que a nosa viaxe atravese as transformacións da propia universalidade, acercándose – así o espero – ao que Hegel denominou ‘universalidade concreta’, unha universalidade que non só é o contedor baleiro do seu contido particular, pero que procrea este contido por medio da implantación dos seus antagonismos, impases e inconsistencias inmanentes.

Our first tentative definition of event as an effect which exceeds its cases thus brings us back to an inconsistent multiplicity: is an event a change in the way reality appears to us, or is it a shattering transformation of reality itself? Does philosophy reduce the autonomy of an event, or can it account for this very autonomy? So again: is there a way to introduce some order into this conundrum? The obvious procedure would have been to classify events into species and subspecies – to distinguish between material and immaterial events, between artistic, scientific, political and intimate events, … However, such an approach ignores the basic feature of an event: the surprising emergence of something new which undermines every stable scheme. The only appropriate solution is thus to approach events in an evental way – to pass from one to another notion of event by way of bringing out the pervading deadlocks of each, so that our journey is one through the transformations of universality itself, coming close – so I hope – to what Hegel called ‘concrete universality’, a universality which is not just the empty container of its particular content, but which engenders this content through the deployment of its immanent antagonisms, deadlocks and inconsistencies.

imaxinemos, por tanto, que estamos nunha viaxe de metro con moitas estacións e conexións, con cada estación representando unha definición putativa de acontecemento. A primeira estación será un cambio ou desintegración do marco por medio do que aparece a realidade ante nós; a segunda, unha Caída relixiosa. Seguida pola ruptura da simetría; a Ilustración budista; un encontro coa verdade que devasta a nosa vida corrente; a experiencia do ser como ocorrencia acontecemental; a inmanencia da ilusión da verdade que fai acontecemental a propia verdade; un trauma que desestabiliza a orde simbólica na que habitamos; a aparición dun novo ‘Gran Significante’, un significante que estrutura un campo semántico completo; a experiencia do puro fluír do (non)sentido; unha ruptura política radical; e a ruína dun logro acontecemental. A viaxe será accidentada pero excitante, explicaranse moitas cousas no traxecto. Así, sen máis delongas, comecemos!

Let us then imagine that we are on a subway trip with many stops and connections, with each stop standing for a putative definition of event. The first stop will be a change or disintegration of the frame through which reality appears to us; the second, a religious Fall. This is followed by the breaking of symmetry; Buddhist Enlightment; an encounter with Truth that shatters our ordinary life; the experience of the self as a purely evental occurrence; the immanence of illusion to truth which makes truth itself evental; a trauma which destabilizes the symbolic order we dwell in; the rise of a new ‘Master-Signifier’, a signifier which structures an entire field of meaning; the experience of the pure flow of (non)sense; a radical political rupture; and the undoing of an evental achievement. The journey will be bumpy but exciting, and much will be explained along the way. So, without further ado, let’s begin!

primeiro capítulo de - first chapter in
o acontecemento: a filosofía en tránsito
Slavoj Žižek

tradución mala por @xindiriz

venres, 1 de agosto de 2014

Terry Eagleton: “Xesús Cristo, revolucionario” excerptos da 'introdución aos evanxeos'

capa da edición orixinal
foi Xesús un revolucionario? Certamente tiña compañas políticas dubidosas. Un do seu círculo máis íntimo era coñecido como Simón o Zelota, sendo os zelotas un movemento anti-imperialista underground dedicado a expulsar os romanos de Palestina … Os zelotas querían un estado xudeu puro, tradicional e teocrático, e promovían unha ideoloxía non moi diferente da que hoxe promove al-Quaeda. Corenta anos logo da morte de Xesús embarcáronse nunha aventura disparatada contra os ocupantes que acabou co tempo de Xerusalem completamente en ruínas. Ademais do militante Simón, outros dous discípulos de Xesús, Iago e Xoán, teñen un alcume (fillos do trono) que algúns estudosos do Novo Testamento sospeitan que os vincularía tamén cos insurrectos. O apelido de Xudas, Iscariote, podería derivar do nome da súa localidade de orixe. Pero tamén pode significar ‘o home da daga’, que podería suxestionar filiacións zelotas. Quizás Xudas vendeu a Xesús porque esperaba que fose unha especie de Lenin e viuse totalmente desencantado cando se decatou que non ía dirixir o pobo contra o poder colonial. Ou quizás simplemente se decatou que o seu mestre, aparentemente masoquista, estaba sentenciado e marchouse mentres podía, obtendo unha pequena gaña no asunto.

a man dereita de Xesús, Simón Pedro, semella ter portado espada, algo infrecuente nun pescador galileo, e en certo momento Xesús mesmo comproba de que armamento dispoñen os seus camaradas (Lucas, 22). Para o espectador neutral, as súas ensinanzas poden ter soado perfectamente como propias dos zelotas. Podemos dar por suposto que tería habido zelotas e outros disidentes nas multitudes que rodeaban a Xesús, recollendo información sobre o politicamente correcto que era. Trinta anos antes, un axitador coñecido como Xudas o galileo predicara a insurrección, trinta anos despois, os zelotas lanzarían a súa propia rebelión desesperada contra Roma. O período de Xesús foi relativamente máis tranquilo que calquera destes dous puntos álxidos de resistencia política; pero as esperanzas da liberación de Israel estarían á orde do día en certos ambientes.

[semella], sen embargo, improbable que Xesús fora parte da resistencia anti imperialista …

en realidade, a razón pola que foi crucificado non deixa de ser un misterio. Non foi certamente porque asegurara ser o Fillo de Deus. Xesús non di tal no Evanxeo, excepto unha vez, de xeito pouco crible, na escena do xuízo en Marcos; e Marcos ten os seus propios obxectivos políticos. Incluso se Xesús se chamara a si mesmo Fillo de Deus con máis frecuencia, non tería sido evidente o que quería dicir con iso. Nun sentido do termo, non tería sido máis que citar o obvio. Todos os xudeus eran fillos e fillas de Deus. Non implicaba que un fora un superhome. Israel era colectivamente o Fillo de Deus. Xesús non pretendía proclamar a súa divindade a todo o mundo, e foi intelixente non facéndoo. Obrou os seus milagres non para convencer os que lle rodeaban de que era Deus (en efecto, pasa bastante do seu tempo tentando escapar das multitudes en vez de cortexalas), senón por razóns simbólicas ou por compaixón. Rexeita obrar milagres para auto lexitimarse e é claro que lle irrita que lle pidan facer tal cousa … Xesús semella, sen embargo, ter enfadado algúns xudeus devotos ao reclamar unha intimidade peculiar co deus que chama seu Pai – unha intimidade que lle proporciona unha autoridade na que non median as institución xudías, ou incluso as escrituras …

en realidade, unha das … poucas palabras ou frases no Novo Testamento da que podemos estar razoablemente seguros é, ipsissima verba (as súas propias palabras), de afecto en arameo ‘Abba,’ que Xesús usa repetidamente cara Deus, e que, xunto con ‘Pai’, significa algo así como ‘Pai querido’. Orixinalmente era máis ben un diminutivo, como ‘Papá’. Era moi infrecuente, por non dicir ofensivo, que un xudeu piadoso reclamase semellante intimidade con Yahweh, igual de ofensivo para os escribas e fariseos que Xesús reclame, de xeito implícito, semellante autoridade nas súas ensinanzas …

en xeral, Xesús deixa que outros lle poñan etiquetas, e rara vez lles di se están no certo ou se equivocan. Hai unha sensación en todo o texto de evitar formas de definición dun xeito deliberado. Ningún dos termos dos que dispoñemos semella o bastante axeitado. O feito de que cale cando o sumo sacerdote na audiencia xudicial ante o Sanedrín lle pregunta quen é case con toda seguridade tería ido na súa contra. Mostrar desprezo polos gobernantes de Israel era abondo na lei xudaica a favor da pena máxima. O termo que usa ocasionalmente para si mesmo – “O Fillo do Home” – é tamén ambiguo. Nun sentido, é simplemente un circunloquio arameo familiar para evitar a repetición excesiva da primeira persoa, máis no mesmo sentido do ‘yours truly’ inglés. Tamén pode significar unha persoa ou ser humano. E inda noutro sentido, pode referirse a unha figura apocalíptica bastante escura do Libro de Daniel; pero non sempre está claro se Xesús, ao usar o termo, fala de si mesmo ou doutra persoa …

é probable que Xesús acabara no Calvario por causa da súa enorme popularidade con algúns dos humildes, que se congregaran en masa en Xerusalem para a festa da Pascua, e que, sen dúbida, recorreron a el para algún tipo impreciso de salvación da ocupación romana … había unha expectación xeral de que Deus estaba a punto de facer algo dramático. Para a teoloxía cristián así foi – pero resultou ser unha resurrección, non unha revolución. Algunha da xente do común semella ter saudado a Xesús como o seu rei durante a súa carnavalesca entrada na cidade. Semellan confundilo co mesías davídico, o guerreiro mítico que reparará as fortunas de Israel e confundirá os seus inimigos. Isto probablemente tivera creado unha polvoreira nunha capital xa politicamente tensa que alarmou aos gobernantes xudeus de Xerusalem. Temerosos de que a presenza do predicador galileo puidera precipitar unha insurrección, e que isto á súa vez puidera provocar unha represalia militar por parte dos romanos, fixeron que o arrestaran. Xoán Bautista, o mentor de Xesús, foi executado probablemente pola mesma razón. “Quen dicides que son?” “Por que me chamades bo?” “Quen credes que son?” é o reto que implicitamente impón aos outros, que poden consideralo ou como un falso profeta ou como Fillo de Deus. Nesta dobre vertente, presenta algo da ambigüidade do chibo expiatorio tradicional, ou pharmakos, ao mesmo tempo bendito e maldito, reverenciado e vilipendiado. Canto máis se lle ‘fai pecar’ por nós, máis santo se fai. Pode que o acto violento de Xesús de intentar purificar o templo de cambiadores, que se acercou perigosamente á blasfemia, foi abondo para que os seus inimigos o denuncien … Algúns estudosos consideran que a acción foi suficiente en si mesma para xustificar o seu arresto e execución … Xa tiña causado problemas ao aparentar ameazar [con que o templo sería derrubado] – inda que foron os propios romanos os que farían iso uns corenta anos despois da morte de Xesús … Xesús semella profetizar a destrución do templo, inda que resulta que se equivocou sobre iso de non deixar pedra sobre pedra. No que poderiamos chamar criterio da vergoña, as profecías incumpridas é probable que resulten máis auténticas que as cumpridas … Caifás … tivo que confeccionar algún cargo o suficientemente alarmante para os romanos para esporealos a desfacerse del. Dicir que aseguraba ser Rei dos Xudeus, inda que non temos evidencias de que o fixo, cumpriría o expediente perfectamente. Axeitadamente exposto, podería soar como blasfemia aos Xudeus e sedición aos Romanos. Pero tamén podería ser abondo para que crucificaran a Xesús aconsellar ao funcionario romano, Poncio Pilatos, que este vagabundo revoltoso representaba unha ameaza para a lei e a orden en condicións tan politicamente volátiles.

os romanos non sempre se deixaron facer obedientemente en tales mesteres, pero Pilatos semella ter tido unha querencia especial por colgar xente. É representado nos Evanxeos como un liberal vacilante con mentalidade metafísica, pero sabemos abondo sobre a súa ficha histórica para estar seguros de nada así. Era, en realidade, un gobernante notablemente brutal, un oficial acusado de suborno, crueldade e execucións sen xuízo e que foi posteriormente apartado do seu cargo de xeito deshonroso. Semella ter ordenado crucifixións de xeito indiscriminado, o que podería contribuír a explicar por que se desfixeron tan perentoriamente de Xesús inda que non representaba ningunha ameaza obvia para o estado. Se Xesús se tivera atopado cun réxime máis liberal, pode que se tivera librado. De calquera xeito, se era realmente un axitador político perigoso, sorprende que as autoridades lle deixaran saír de Galilea vivo. Non o fixeron así con Xoán Bautista.

g0spel0fj0hn.com
se os evanxelistas minimizan a crueldade de Pilatos, mentres ao mesmo tempo subliñan a responsabilidade dos xudeus pola morte de Xesús, é en gran medida porque a incipiente igrexa tiña as súas propias razóns para estar a ben coas autoridades imperiais. Todos os Evanxeos deixan entrever un impulso para incriminar os xudeus e exculpar os romanos … Se Xesús non reclama inequivocamente ser o Mesías, por exemplo, pode ser en parte porque a noción tería sido indescifrable para os xentís. Pode ser unha idea exclusivamente xudía. A tradición mesiánica non ten que ver coa redención da humanidade senón coa liberación de Israel dos seus inimigos políticos …

quizás Xesús sentiu dalgún escuro xeito que podía cumprir o desexo de seu pai só a través da morte. A tese teolóxica que apunta o evanxelista aquí non é que Xesús quixera morrer senón que a súa morte era consecuencia lóxica da súa vida. Os que aman a outros sen reserva … causarán alarma, ansiedade e agresión, e é probable que se desfagan deles. O mundo, no sentido pexorativo de san Xoán das estruturas de poder existentes, probablemente se sinta ameazado por tal ausencia de temor. Tal e como o formulou outro teólogo: Xesús morreu por ser humano nunha orden social que crucificaba. Hai unha contradición evidente entre a súa misión e ao que os Evanxeos se refiren despectivamente como “os poderes deste mundo.” …

… nun momento altamente sensible, Xesús mesmo deixa claro no seu retrato apocalíptico da Segunda Chegada que a salvación consiste non nun ritual relixioso ou códigos de conduta senón da doazón dun anaco de pan ou unha copa de auga. O reino dos ceos resulta ser un asunto sorprendentemente materialista … Un signo da natureza material da teoloxía do novo testamento é o feito de que Xesús emprega tanto do seu tempo curando os doentes. É os corpos humanos ao que máis se dedica; e semella considerar a súa campaña contra as forzas que eivan homes e mulleres como signo da chegada do reino … En ningunha parte dos Evanxeos aconsella Xesús aos aflixidos que se reconcilien co seu sufrimento … Antes da súa morte, Xesús deixa o seu propio corpo aos seus seguidores para que o consuman sacramentalmente (é dicir, semioticamente, por medio dun signo), como un novo principio de unidade con outros máis que un principio de diferenciación.

ao inicio do seu evanxeo, o autor convencionalmente coñecido como Lucas representa unha situación case con toda certeza ficticia na que María, a nai de Xesús, atopa a Sabela, embarazada del. Lucas pon en boca de María unha canción que na Igrexa Católica se coñece como ‘Magnificat’, pero que, así o sospeitan algúns estudosos da Biblia, podería ser unha versión ou conter ecos dun canto revolucionario zelote:

a miña ánima magnifica o Señor,
e en espírito goza de Deus o meu Salvador
pois el ten apreciado a baixeza da súa serva,
pois contempla, que a partir de agora todas a xeracións me dirán bendita;
pois el que é poderoso ten feito moito por min,
e bendito sexa o seu nome
ten dispersado os orgullosos na imaxinación dos seu corazóns,
ten derrubado os poderosos dos seus tronos,
e exaltado os de humilde condición;
ten enchido os famentos con boas cousas,
e aos ricos mandounos de volta e baleiros

o motivo da inversión revolucionaria é case un clixé na teoloxía do Vello Testamento. Yahweh nin pode ser imaxinado nin recibir nome, pero coñeceralo polo que é cando vexas exaltar os pobres e desposuír os ricos. O motivo dun vínculo próximo entre o sufrimento máis fondo e a exaltación máis elevada é un tradicional no xudaísmo, como é na liñaxe occidental da traxedia. O poder verdadeiro flúe da ausencia do mesmo, unha doutrina que a crucifixión e a resurrección de Xesús queren exemplificar. Os pobres e explotados son un signo do fracaso dos poderes gobernantes, posto que ilustran a miseria que eses poderes deben quebrar para asegurar a súa influencia. Neste sentido, os desposuídos son imaxes negativas da sociedade xusta. Tamén o son no feito de que teñen moito menos que perder que aqueles que exercen o señorío sobre eles, e así teñen un maior interese en que se produza tal transformación. María mesma é un tipo desta inversión revolucionaria, unha moza galilea escollida … para ser nai de Deus. No propio momento que esta a ser elevada deste xeito, Deus está a humillarse ao facerse carne humana no seu seo. Neste sentido, Lucas instala a María como signo do que o Vello Testamento chama os anawin, e Paulo nomea de xeito bastante máis atrevido, a “inmundicia da terra” – os inútiles, vulnerables e descartados en quen o reino que se aproxima está prefigurado de maneira máis potente. Posto que teñen pouco que esperar da historia, son significante puro dunha xustiza e realización fóra do seu alcance.

… hai abundancia de imaxes nos Evanxeos que tamén lle adxudican a Xesús o papel de anawin. El é o skandalon, ou peza que desestabiliza e que os albaneis rexeitaron, pero que será a pedra angular da nova orde. A nova dispensación construirase a partir de restos e desperdicios do vello. A eses que foron rexeitados daráselles o lugar preeminente na mesa; os indixentes herdarán a terra; os que perderon a vida salvaranos. A kenosis ou auto desposesión é a condición para abundancia de vida. So coa morte da estada do poder actual podes ascender á nova vida de paz e irmandade. Para Xesús, non pode haber negociación entre o ámbito da xustiza e os poderes deste mundo. Neste sentido, confronta aos que lle rodean cunha decisión absoluta. Ou están con el ou contra el; non … se permite termo medio. O que está en xogo non é un asunto reformista consistente en verter viño novo en botellas vellas, senón un réxime inimaxinablemente novo que na opinión de Xesús xa se está abrindo violentamente ao mundo, e do que se considera a si mesmo como precursor e encarnación ... Igual que o socialismo para Marx, o ámbito da xustiza é tanto inmanente no presente como un obxectivo que se debe perseguir. Pero non pode haber unha transición fluída do vello ao novo, á maneira do socialismo evolutivo. Dada a urxencia e severidade da nosa condición – ao que os evanxeos se refiren como “o pecado do mundo” – lograr un orden social xusto implica pasar pola morte, a nada, a turbulencia, e a auto-desposesión. Este é o significado da denominada baixada aos infernos de Cristo logo da súa crucifixión. Só a través dun encontro co Real da indixencia pode a humanidade ser refeita. E isto, dado o noso estado patolóxico de auto-engano, ao final é posible pola graza de Deus.

… algúns aspectos do xeito en que Xesús é representado nestes textos teñen unha resonancia radical obvia. É representado como sen fogar, sen propiedades, peripatético, amigo de proscritos e parias, hostil ás posesións materiais, sen medo á súa propia seguridade, unha espiña no costado do sistema e azoute de ricos e poderosos. O problema de moitos cristiáns modernos ten sido como practicar este estilo de vida con dous nenos, un coche e un matrimonio. Xesús ten as calidades características do activista revolucionario, incluído o celibato … Este non é un motivo anti-sexual. O celibato é visto polo cristianismo como sacrificio, e sacrificio quere dicir renunciar ao que é considerado como precioso. San Paulo, un inimigo da carne no imaxinario popular, considera a unión sexual de dous corpos … como o signo do reino que virá. Traballar de verdade polo reino, sen embargo, supón renunciar ou suspender algúns dos bens que o caracterizarán …

o desdén de Xesús pola familia é particularmente rechamante … A súa campaña, Xesús aconsella aos seus seguidores, atravesa as estruturas tradicionais de parentesco, separando un membro da familia do outro. En efecto, a menos que os seus discípulos “odien” a seus pais, non poden ser verdadeiros para con el. A súa misión non é consensuar mais facer conflito, ven non a traer paz senón unha espada, desmembrando afinidades establecidas …

no tocante á sexualidade, que para moitos do seus devotos máis fieis hoxe ten un lugar de honra como asunto moral por riba das armas nucleares ou a pobreza global, é rechamantemente laxo. No Evanxeo de san Xoán ten unha conversa privada cunha muller promiscua de Samaria, un acontecemento excepcional por varios motivos. Un mozo santo xudeu non podía falar en privado cunha muller sen arriscarse a un grave escándalo, e certamente non cunha cun historial sexual tan deshonroso. Ademais, a muller é samaritana, un grupo étnico considerado polos xudeus particularmente vil. Cando os acompañantes de Xesús finalmente fan acto de presenza sorpréndelles o feito. El non reprende a muller polo seu proceder sexual irregular, pero trátaa con indulxencia e ofrécelle a vida da vida eterna …

na súa crucifixión e descenso aos infernos, Xesús, en opinión de san Paulo, é feito pecado,” identificándose coa escoria da terra, soportando a solidariedade co sufrimento, o mal e a desesperanza para transfigurala por medio da súa resurrección … Só se este berro desesperado na cruz (“Meu Deus, Meu Deus, por que me abandonaches?”) é tomado seriamente … podería, en realidade, haber algunha esperanza de resurrección … se xacera confiado esperando volver rexurdir, non se tería levantado de entre os mortos. Aquí non hai unha teleoloxía fluída en funcionamento. Só sendo a súa morte unha rúa sen saída podería haber un horizonte. Semella morrer desconcertado, sen saber porque seu pai lle demanda esta acción fútil, sen embargo séndolle fiel incluso así. É porque a súa acción é infrutuosa, un calella sen saída e un absurdo, que pode dar froito nas vidas dos outros.

isto entón é ao que teñen chegado todas as esperanzas efervescentes de Xesús e o seu entorno. A crucifixión proclama que a verdade da historia humana é un criminal político torturado …

… foi Xesús, entón, un revolucionario? Non en ningún sentido que recoñeceran Lenin ou Trotski, pero isto é porque era menos revolucionario do que eles eran ou porque era máis? … Quizás a resposta … non é que Xesús era máis ou menos revolucionario, senón que era tanto máis como menos.

excerptos da obra Terry Eagleton Presents Jesus Christ, the Gospels (2007) Verso Books
@xindiriz