martes, 18 de setembro de 2012

(algunh)as linguas europeas

linguas en Europa (in English)
anacos de lingua tirados da “vida real” (texto escrito e gravación dos mesmos)
linguas e sistemas de escritura de todo o mundo


albanés
alemán (166 millóns)

azarí (21 millóns)
bielorruso (7,6 millóns)

castelán (500 millóns falantes)

checo (10 millóns)

francés (200 millóns)

grego (12 millóns)
húngaro (13 millóns)

inglés (1500 millóns falantes)
italiano (62 millóns)


neerlandés (21 millóns)
polaco (46 millóns)
portugués (240 millóns)

romanés (26 millons)
ruso (277 millóns)
serbio (cirílico) (19 millóns, sumando serbio, croata e montenegrino) & serbio (latino)
sueco (8,7 millóns)

turco (75 millóns)
ucraíno (39 millóns)

NOTA: os datos do número de falantes están tomados desta páxina (número de hablandes nativos) e destoutra (número de falantes) e máis esta (list of languages by number of native speakers)

REFERENCIA à Field Guide to the Main Languages of Europe (fifth edition, 2011) “Appendix – Text samples online”, pp. 23-24.

sábado, 8 de setembro de 2012

o gardaboleiro

en bosque máxico espiouna, criatura
sensible que ninguén requería 

e soñou como xuntaría con ela
alí, cedo no seu compañeiro mudaría

e entón atraeuna ao lugar
que coñecía, mundo de Xerarquía e Poder

e alí comezou ela a morrer, coma
se murchara unha flor 

comezou quebrando corazón no interior, só
soubo cousa que lle podía dar

volvela ao mundo seu de sentimentos, que
gañas de vivir volvera atopar 

e alí ao comezar ela a florear,
viu algo que non tiña visto

que tampouco era daquel mundo,
un gardaboleiro, tiña sido.

que camiñaba entre dous mundos,
agora finalmente entendía

e así decidiron facer casa
en ningún dos dous mundos, en fronteira
co bosque máxico


Gadoodleborger

He spied her in a magic wood, a
sensing creature in need of none

And dreamed of how he’d join her
there, his partner she would soon become

He lured her back to the place he
knew, a world of hierarchy and of power

And there she then began to die, as
surely as a wilting flower

His heart began to break inside, he
knew only one thing to give

Return her to her sensing world,
that she might find the will to live

And there as she began to bloom, she
saw something he’d never seen

That he was not of that world either,
a Gadoodleborger, he had been.

That he walked between two worlds,
he now had finally understood

And so they made their home in
neither world, at the edges of the
magic wood.

NOTA FINAL
tradución a catro mans - Olga Lalín e xindiriz
"gadoodleborger," enlace ao blog de Donna Williams 

domingo, 26 de agosto de 2012

dez palabras (ou máis) que tamén precisa o galego

tirado de
www.boek861.blog.com.es
temos palabras para isto en galego?

backpfeinfengesicht - (do alemán, literalmente > esa cara que está pedindo por favor que lle metan unha boa h****)

pilkunnussija - (do finés, literalmente > unh@ iluminad@, non necesariamente prof@, que pensa que está neste mundo para corrixir erros ortográficos, con ilusión e sen importarlle o que diga o mundo, bo ou malo)

tingo - (do pascuense, literalmente > propio de quen pide a outr@ que non ten nada)

sgiomlaireachd - (do gaélico, literalmente > a persoa (?) que te interrompe xusto no intre no que, esfamead@, estás a piques de 'entrarlle' a unh@ marabillos@ chuletón@ no seu punto [se non sodes de chuletón@s poñede o voso manxar)

neidbau - (do alemán, literamente > charafico construído por alguén co propósito de j**** @ veciñanza)

hikikomori - (do xaponés, literalmente > lembrades a aquel@ que desapareceu no seu cuarto cheo de ordenatas e non volveu saír, pois es@)

oinkada - (do euskera, literalmente > o que fas ao dar dous pasos)

kaelling - (do danés, literalmente > muller fea e toxo que berra sen parar ás súas crianzas; NOTA IMPORTANTE: este termo igual hai que "desmachistalo" un chisco)

ohrwurm - (do alemán [unha mina oigha], literalmente > cancionciña que se che mete no sentido e coa que lle das o c***** a@ to'dios)

iktsuarpok - (do inuit, saír e entrar espasmodicamente do iglú cando chega unha visita "inesperada")


sabedes dalgún outro enxendro semellante?

ala, a pensar un chisco

logo un mandado: facer unha frase "simpática" con elas - gañador@s quen: a/ inclúa máis sen perder o sentido ou b/ inclúa máis perdéndoo totalmente

idea roubada. aquí está @ don@ (tamén roubou?)

venres, 24 de agosto de 2012

proposta de traballo "the shawshank redemption"

un
wikis
the shawshank redemption (título orixinal en inglés)
um sonho de liberdade (portugués)
le ali della libertà (italiano)
inchisoarea ingerilor (romanés)
die verurteilten (alemán)
les évadés (francés)
cadena perpètua (catalán)
la shawshank elsavigo (esperanto)
cadena perpetua (castelán)

coas que podemos facer un pequeno estudio comparativo sobre
... a variedade na tradución do título, por exemplo (cal vos parece mellor?) ...
ou para facer un pequeno dicionario multilingüe ...  só dez palabriñas? ... como se di  "with" en portugués, italiano, ...

dous

Red, cara o final da peli ... todo un credo en si mesmo ... se onde está man tamén somos quen de ver woman estaremos tod@s incluíd@s

I find I'm so excited that I can barely sit still or hold a thought in my head. I think it's the excitement only a free man can feel. A free man at a start of a long journey whose conclusion is uncertain. I hope I can make it across the border. I hope to see my friend and shake his hand. I hope the pacific is as blue as it has been in my dreams. I hope


tres
unha biblia sobre a peli

e catro
unha pinga


proposta de traballo "Buffalo buffalo Buffalo buffalo buffalo buffalo Buffalo buffalo"

mirade que flipeeeee ... que quere dicir isto? ... como o traducimos ...

Buffalo buffalo Buffalo buffalo buffalo buffalo Buffalo buffalo



aquí poñámonos seri@s, non vale mirar o artigo na wikipedia en castelán antes de tentalo varias veces ... non tería graza ...

podemos facer dúas cousas

a - traducir a frase do demo ao galego ... ou b - propor algo semellante na nosa lingua

veña ... quen o fai? ...

xoves, 23 de agosto de 2012

proposta de traballo "giraffe"


@ que sabe sabe e eu non sabía ata que mo dixeron

unha peza sinxela ou como facer unha canción de amor con nome de besta exótica

podemos traballar sobre o texto ou sobre o artigo de bryyn na wikipedia, ata agora só en inglés


giraffe
you are like water
I was like sun
and we grew up so high
even the giraffes couldnt get some
I thought the world was floating
in the ether
we did some experiments and found
its easy to prove when you want some
I cant let you go now
and if you want to let me go
youre gonna break my heart and
wish you can take it back to the start
I cant let you go now
and if you want to let me go
youre gonna break my heart and
wish you can take it back to the start
back to the start
where have you gone now?
Ive lost your phone number
and it feels like every memory is gone
well, did you want this?
I didnt want this
if you can hear this
maybe you can miss me
I cant let you go now
and if you want to let me go
youre gonna break my heart and
wish you can take it back to the start

luns, 20 de agosto de 2012

proposta de traballo "donna williams, vencedora do autismo"

Donna Williams, cando nena

Josep María Panés ... na súa recensión de Someone Somewhere ...

"ao fío do cada vez maior interese que suscita todo o referente ao autismo, chega a tradución ao castelán desta obra de Donna Williams que, como a precedente -  Nobody Nowhere - tense convertido nun best seller e nunha referencia dentro do seu xénero ..."

aportamos varios textos e documentos susceptibles de tradución e difusión ... contra os mitos do imposible toca estudar e traballar ...

1. artigo na wikipedia sobre Donna Williams (inglés)
3. blog persoal da autora, música, pintora e conferenciante sobre os problemas asociados ao autismo
4. un vídeo pertencente ao "Autistic Voices Project"