Gonzalo Navaza (Lalín, 1957)
é o novo académico de número da RAG. o escritor e tradutor é profesor do
departamento de Filoloxía Galega da UVIGO e forma parte da RAG como membro
correspondente vinculado ao Seminario de Onomástica desde 2012.
ademais da súa actividade literaria -premiada co galardón da Crítica
Española de poesía por fábrica íntima
(1991) e libra (2000) e co Martín
Códax e o San Clemente de narrativa por erros
e tánatos (1998)-, Navaza destaca polo seu labor no campo da toponimia, no
que é un destacado especialista e unha das grandes referencias en GZ.
'empecei nos anos oitenta, facendo un traballo de campo para corrixir
os erros nos topónimos nos mapas do Instituto Xeográfico e aí, dedicando moitas
horas, metinme totalmente'.
-había moito traballo por facer
naquela toponimia desordenada?
-si. GZ ten unha riqueza toponímica impresionante. todos os factores
que favorecen iso danse cita aquí: orografía irregular, dispersión,
fragmentación da propiedade ... o problema é que era toponimia en lingua galega
e estaba recollida maioritariamente desde o castelán. había moitas
incoherencias e nom estaba ben codificada. claro que había moito traballo. e
inda o hai.
-se vou a GoogleMaps e busco a
Illa de Arousa ou Sanxenxo sáeme 'la isla de Arosa' e 'Sangenjo'.
-iso ten que ver cunha decisión da Wikipedia española, porque esta
información sae de aí. sempre que exista unha tradución ao castelán dun
topónimo das outras linguas do Estado, optan por ela. é unha incoherencia. o
problema é a Wikipedia, nom a nosa toponimia.
-pero iso é unha forza moi
grande. a xente busca información, vai a Internet e o primeiro que aparece é
'Viana del Bollo'.
-si, pero logo hai bases de datos que rexistran o uso real. se buscas
Sangenjo e Sanxenxo, verás que o 99.9% da poboación nom ten ese problema. a
Academia Española di que cando existe un exónimo, como por exemplo o de dicir
Londres en lugar de London, recomenda o seu uso. pero é unha recomendación
desequilibrada. en castelán a xente dicía Nuremberg sen ningún problema. no
caso do galego ten máis que ver cunha problemática doutro tipo, do respecto
pola existencia doutras culturas e ese tipo de cousas.
-traballou no Diccionario de Xerais.
na súa época publicouse O Pequeno Xerais,
un verdadeiro best-seller.
-[ri]. pois si. dinme con frecuencia que foi o dicionario máis vendido
na historia dos dicionarios galegos. pero iso ten que ver coa incorporación da
lingua galega no ensino e aquel era un dicionario escolar.
-fixo a tradución ao galego de
obras clásicas moi importantes. ten algunha favorita?.
-a min gústanme as de poesía, como as
flores do mal de Baudelaire.
creo que é un traballo moi laborioso e gústame especialmente. seguramente, a
maneira máis intensa de ler é a que fai un tradutor.
-as flores do mal é desas lecturas que perturban a adolescencia e
cambian moitas vidas.
-si, eu fun lector adolescente de Baudelaire pero a tradución fíxena xa
de adulto.
-quedan moitos clásicos por traducir
ao galego. algún baleiro que lle gustaría encher?
-xa que falamos de Baudelaire, gustaríame traducir a Verlaine. eu tento
imitar a música dos orixinais. nom é un tipo de tradución que se faga moito
aquí.
-que palabra metería no
dicionario galego que inda nom está?
-moitas. hai pouco fun a unha conferencia de Rosario Álvarez, que tamén é académica, e falaba das palabras
ventureiras, algunha das cales proceden de América. falou da palabra changüi, que se di cando lle dás vantaxe
a alguén. eu son de Lalín. na miña infancia era moi habitual e empregábase
moito.
entrevista
orixinal publicada por JAVIER BECERRA en La Voz de Galicia,
24out2021, p. 36