mércores, 27 de novembro de 2013

excerptos de Jameson (06): sobre política no mundo contemporáneo

laporongoteca.blogspot.com
polo que atinxe a ‘o político’, calquera definición simplificadora ou que lle confira unha única función é peor que enganosa, é paralizante. Somos, despois de todo, seres fragmentados, vivindo simultaneamente en parcelamentos da realidade separados; en cada un deles é posible un certo tipo de política, e se temos enerxía abondo, sería desexable encarrilar todas esas formas de actividade política simultaneamente. Polo tanto, a cuestión ‘metafísica’: que é a política – a toma do poder? tomar as rúas? organizarse? falar de socialismo? resistir a xerarquía e a autoridade? manifestarse a favor do desarmamento ou tentar salvar a túa veciñanza? combater o concello? – esta cuestión só paga a pena cando nos leva á enumeración de todas as posibles opcións, e non cando nos tenta a seguir a miraxe dunha idea estratéxica grandiosa e única. Inda así, temos que falar de cada unha desas formas de intervención política por separado, para que haxa unha confusión suprema que evitar: a saber, a idea errónea de que cando se delinea modestamente unha certa forma de actividade política – como aquela na que se poden involucrar os intelectuais na universidade – este ‘programa’ suxestionaría un certo tipo de intervención política no ensino da literatura. Quería dicir que isto era todo o que deberiamos facer sempre.

Diacritics, v. 12 Fall 1982, p. 75.
entrevista con Leonard Green, Jonathan Culler, e Richard Klein

diegonietoicesi.wordpress.com
como gran narrativa, o marxismo compensa o feito de que, como individuos biolóxicos, a duración das nosas vidas non se corresponde a ritmos históricos. Os movementos históricos máis amplos son sempre sorprendentes e inesperados, e, sen embargo, contemplados desde unha perspectiva sistémica máis ampla, volven facer sentido a partir do que sabemos da maneira en que funciona a historia do capitalismo. Estou convencido de esta nova forma de capitalismo posmoderna e global se deberá a unha nova lóxica de clase, pero isto inda non ten emerxido completamente porque o traballo inda non se reconstituíu a escala global, e por iso hai unha crise en relación ao que son clases e conciencia de clase. Está moi claro que a capacidade de actuar desde a esquerda non é inherente a esas vellas formas pero a narración marxista asegúranos que algunha forma de capacidade de actuar se reconstituirá e ese é o sentido no que inda me atopo comprometido coa lóxica marxista.

Marxism Today, September 1990, p. 30

“aferrarse aos danos: unha conversa con Stuart Hall”

Ningún comentario:

Publicar un comentario