|
www.filmlinc.com |
a ‘crise do marxismo’ non é, deste
xeito, unha cuestión de perda ou descrédito dos seus instrumentos de análise e
do seu poder único de explicación; é máis ben unha cuestión de crise na
ideoloxía marxista, unha crise no propio concepto utópico do que debería ser unha
sociedade radicalmente diferente e da natureza das novas relacións sociais que
poderían imaxinarse en dito sistema. Este é o esforzo polo cal teño reservado o
termo ‘utópico’, non no sentido orixinal de desprestixio que lle deron Marx e
Engels, mais no sentido dun esforzo propiamente marxiano por debater formas
alternativas de vida social – algo que se está a facer con moito máis vigor
entre feministas ou no movemento ecoloxista que entre nós; entre outras cousas
a causa dun excesivo nerviosismo sobre o ‘socialismo realmente existente’ e
unha excesiva intimidación da industria do Gulag e o posmarxismo en xeral.
Diacritics, v. 12, Fall 1982, p. 85.
entrevista con Leonard Green, Jonathan Culler, e Richard
Klein
|
lacomunidad.elpais.com |
os temas de interpretación de clase
vs. validez universal son inevitablemente os que teñen que ver coa oposición
entre ideoloxía e utopía – é dicir, como un texto que está mutilado e deformado
e ten marcas e trazas desagradables da súa propia clase e xénero e raza e
outros tipos de condicionantes – como un texto así pode entón conter un
atractivo utópico. E creo que a resposta é que un texto pode ser tanto
ideolóxico como utópico, e a nosa tarefa é chegar a entender como se desenvolve
a dialéctica nestas instancias concretas … O misterio de cómo funciona a clase
ten que ver … non só coa ideoloxía e a utopía senón co xeito en que a ideoloxía
ten que ser utópica. O misterio radica en que o é por medio desta retórica a
miúdo espuria, hipócrita, de fronte popular e que aspira a ser universal que un
grupo tenta facer aliados servíndose das outras clases e asegurarse o poder
para si mesmo. Por medio da retórica transmítense visións utópicas auténticas.
Porque sexa cal sexa o grupo e sexa o que sexa o que signifique o seu papel
último para a xente en realidade, a propia demanda de universalidade é en si
mesma unha cuestión utópica. Habermas describiu as revolucións francesa e
americana en termos de promesas incumpridas – é dicir, que son cheques que
ninguén cobrou. Un non debe perder ningunha faceta deste misterio; é dicir, un
non debe permitir que a desmitificación do asunto vaia a parar nun simple
desprestixio e a transformación destas visións en simple retórica, no mal
sentido. Pola outra banda, un non debe pasar por alto todos os motivos
sociolóxicos concretos, porque entón zarpa cara o xeito máis baleiro e
idealista de utopismo visionario.
Semeia, #59, 1992, pp. 228 – 229.
entrevista con Leonard Green, Jonathan Culler, e
Richard Klein
Ningún comentario:
Publicar un comentario