www.lucadelbaldo.com |
os estudos (marxistas) de textos
‘clásicos’ deben ser considerados – por usarmos o frutífero concepto althusseriano
– unha intervención no ensino
universitario estándar do que se denomina ‘canon’. Polo tanto, neste punto, a
cuestión lévanos ao problema máis xeral dunha pedagoxía marxista. E aquí
gustaríame esbozar unha posición en termos de algo así coma unha norma práctica
dobre, xa que a este respecto tendo a distinguir ben entre as funcións dun
ensino para universitarios e outras para graduados … ao traballar con universitarios
non se afronta realmente o “texto”; o obxecto esencial de traballo é a interpretación do texto, e é en relación
a interpretacións que debe xirar a loita pedagóxica no ensino. O presuposto
aquí é que os estudantes – como lectores máis inocentes e irreflexivos (cousa
que somos o resto a maioría do tempo) – nunca afrontan un texto en toda a súa
frescura material; máis ben, chegan a el con toda unha serie de esquemas
interpretativos adquiridos e sancionados polo seu medio cultural de xeito previo;
dos que non son conscientes, e mediante os que len os textos que lles son
propostos. Este non é un asunto propiamente individual, e non é demasiado
importante se se localizan tales estereotipos interpretativos na mente do
estudante, na atmosfera cultural ou no propio texto, coma un sedimentación das
súas lecturas previas e as súas interpretacións institucionais acumuladas: a
tarefa é facer visibles esas interpretacións, coma obxecto, coma obstáculo máis
que transparencia, e mediante iso promover a autoconciencia do estudante coma forza operativa de semellantes esquemas involuntarios,
que a nosa tradición chama ideoloxías. Polo tanto, a primeira vez dun estudante
cun clásico – con Corazón de Escuridade,
Jane Austen, Vonnegut, ou Hemingway – nunca será realmente contacto co propio
obxecto sen mediación, senón só unha miraxe de contacto, cuxo final de
percorrido resulta ser unha gama completa de opcións interpretativas, dende a existencialista
(o absurdo da condición humana), pasando pola crítica baseada en mitos ou
arquetipos e a súa variante máis psicolóxica (a integración do Eu) ata chegar á
ética (eleccións e valores, a madureza do protagonista, a aprendizaxe de deus e
o mal). Todas estas ideoloxías liberais (evidentemente non esgotan a listaxe)
atopan a súa utilidade funcional na represión do social e do histórico, e na
perpetuación dunha certa visión atemporal e ahistórica da vida humana e das
relacións sociais. Facerlles fronte é, por conseguinte, un acto político de
certa produtividade.
Diacritics, vol. 12; outono 1982, pp. 72-73.
Entrevista con Leonard Green, Jonathan Culler, e Richard
Klein
escritoynopublicado.blogspot.com |
Semeia, #59, 1992, p. 235
unha conversa con Fredric Jameson
Ningún comentario:
Publicar un comentario