O neno co pixama
de raias conta a historia dun rapaz de nove anos, Bruno, que se ten que mudar
de cidade debido ao traballo do seu pai. En realidade, o rapaz, non sabe moi ben
cal é o traballo de seu pai pero o que ten claro e que non lle gusta a idea de
ter que marchar.
Bruno é un rapaz
moi explorador, ao que lle encanta facer amigos, polo que cando se trasladan a
nova casa, vaise polos arredores da casa de paseo e a buscar novas aventuras.
Alí ve unha valla e acércase a ela. De repente ve a un rapaz, Shmuel, que curiosamente
vai vestido con un pixama a raias, igual que todas as persoas que habitan ao
outro lado da valla. Bruno cre que o que hai ao outro lado da valla non é máis
que unha cidade na que todos visten igual.Bruno e Shmuel fanse amigos,
comparten moitas tardes falando, xogando e comentando o estilo de vida de cada
un.
Un día, Shmuel
pídelle ao seu amigo que pase ao outro lado da valla porque non atopa a seu
pai. Bruno pasa e axúdalle, pero mentres o buscan sona unha sirena que os chama
pa irse. Bruno tiña que irse a súa casa pero xa non pode, é tarde. Levaron aos
dous rapaces a unha cámara de gas onde, antes de morrer, se abrazaron.
Despois da morte
de Bruno, súa nai deixou a seu pai, e el sufriu moito dado que perdera a toda a
súa familia por facer esas cousas tan horribles durante a súa vida.
b. comentario:
Este é un libro
moi interesante que trata sobre o nazismo, os campos de concentración e o
holocausto pero, dende unha perspectiva curiosa, a duns nenos. A pesar disto, a
historia non deixa de ser asombrosa e ao mesmo tempo dolorosa, dado que se pode
ver como era a vida dun neno xudeu e dun neno cuxa familia era nazi que se fan
amigos, e como, por inxustizas que se cometeron, morreu tanta xente inocente,
por exemplo dous simples nenos.
Ademais, o libro
tamén fai reflexionar porque nos damos de
conta da catástrofe que se cometeu e de que se debe evitar por todos os medios.
Mesmo o pai de Bruno se deu de conta, un pouco tarde iso si, do que fixera ao
ver que o perdera todo, a súa familia, e mesmo que o seu propio fillo morrera
por un accidente pero que, moitos outros nenos morreran sen ter motivo, polo
simple feito de ser xudeus.
En resumo, é un
libro que conta unha historia moi triste pero que contén unha realidade que
pasou non fai tantos anos en Europa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario