www.fastcodesign.com |
a/ cita dun fragmento do libro X de O paraíso perdido, de Milton, no que Adán se lamenta ante o creador logo da caída.
b/ dedicatoria a seu pai, William Godwin, ao comezo de 1818.
c/ volume I. Prólogo do autor anónimo (realmente escrito por Percy B. Shelley, para a edición de 1818, e xunto cos dous elementos anteriores importantes para unha axeitada comprensión da obra); seis cartas de Robert Walton a súa irmá Margaret sobre os preparativos da expedición e o rescate e amizade co Dr Frankenstein; e sete capítulos do Diario que escribe Walton recollendo a historia que Vitor Frankenstein lle conta, sendo a partir do capítulo IV cando asistimos ao inicio da obra orixinal escrita pola autora.
d/ volume II. Nove capítulos máis: entre o III e o VIII o monstro conta a súa vida e a historia da familia DeLacey.
e/ volume III. Os sete últimos capítulos: no último finaliza o Diario de Walton, que recolle o relato que Frankenstein comezaraa no volume I e cérrase coas catro últimas cartas de Robert Walton a Margaret anunciándolle a súa volta e a conversa co monstro, antes de que este desapareza.
a obra estrutúrase dun xeito circular, como pon de manifesto a técnica epistolar que abre e pecha a obra; e, tamén no mesmo sentido, é unha estrutura pechada xa que comeza coa preparación da expedición de Walton, e a visión do monstro e o encontro con Vitor, e finaliza co final fallido da mesma e o final de ambos.
por outro lado, coas primeiras cartas comeza o relato da
primeira das accións, a expedición de Walton, na que se incluirá a acción
principal do relato de Frankenstein. Así podemos dicir que nos atopamos tamén cunha
estrutura marco: as primeiras e as
últimas cartas pertencen á acción máis xeral na que se “enmarcan” a acción
principal da historia de Frankenstein e o seu monstro, contada no diario, e as
diferentes acción e personaxes secundarios ligados nalgún momento a esta historia
(Justine, DeLacey, Clerval, …)
pero tamén, e novamente dentro do relato do diario,
atopamos a historia narrada polo monstro sobre a súa vida e a familia DeLacey,
técnica que confire á obra unha importante característica estrutural: tense
falado dunha estrutura concéntrica
para referirse ao que outros nomean estrutura de caixas chinesas ou de bonecas
rusas ou de “matrioska”.
esta última sería a imaxe máis axeitada para unha
estrutura interna ao servizo da acción e
do narrador: Walton conta en primeira persoa a súa irmá como prepara a
expedición e tamén conta “coas súas propias palabras” a historia que lle narra
Vitor F., agora narrador protagonista, quen, dentro do seu relato, conta como o
monstro lle conta, tamén en primeira persoa protagonista, a súa vida e
avatares.
atopándose así, na estrutura máis interna, o relato do monstro, incluído na estrutura seguinte do relato de Vitor F., que se inclúen, á súa vez, na estrutura máis xeral da narración de Walton.
atopándose así, na estrutura máis interna, o relato do monstro, incluído na estrutura seguinte do relato de Vitor F., que se inclúen, á súa vez, na estrutura máis xeral da narración de Walton.
FONTES: esta é a enésima ocasión na historia "intelectual" da humanidade na que se produce un plaxio, deturpación ou elaboración de materiais previos. Tentaremos que non se repita. En serio.
Ningún comentario:
Publicar un comentario