domingo, 28 de decembro de 2014

excerptos de Jameson (07): o inconsciente político. a narración como acto socialmente simbólico

capa da edición brasileira
o político

(en relación) ás operacións críticas implicadas na primeira fase de interpretación, levamos dito implicitamente que para ser consecuentes, a vontade de ler textos literarios ou culturais como actos simbólicos debe, necesariamente, consideralos como resolución de determinadas contradicións; é claro que a noción de contradición é central para calquera análise cultural marxista, do mesmo xeito que seguirá sendo central nos dous seguintes horizontes, inda que neles tomará formas bastante diferentes. A esixencia metodolóxica para articular a contradición fundamental dun texto pode verse, polo tanto, como requisito da súa exhaustividade da análise: esta é a razón pola que, por exemplo, a socioloxía convencional de literatura ou cultura, que se limita modestamente á identificación de motivos ou valores de clase nun texto dado, e sinte que fixo o seu traballo cando mostra como un artefacto dado ‘reflicte’ o seu contexto social, é completamente inaceptable. Mentres tanto, o xogo de énfases de Kenneth Burke, no que un acto simbólico se afirma, por unha banda, como un acto xenuíno, inda que no nivel simbólico, mentres que por outra banda é rexistrado como un acto que é ‘simplemente’ simbólico, as súas resolucións imaxinarias que deixan o real incólume, dramatiza de xeito conveniente a condición ambigua da arte e a cultura. Inda así, precisamos dicir un pouco máis sobre a condición desta realidade externa, da cal se pensará, por outro xeito, que é pouco máis que a noción tradicional de ‘contexto’ familiar na crítica social e histórica anterior. O tipo de interpretación que aquí se propón é considerado de xeito máis satisfactorio como a re-escritura do texto literario de tal modo que o último pode el mesmo ser visto como a re-escritura ou re-estruturación dun subtexto histórico ou ideolóxico previo, sendo sempre entendido que ese ‘subtexto’ non está inmediatamente presente como tal, non algunha realidade externa de sentido común, nin incluso as narracións convencionais dos manuais de historia, mais debe ser el mesmo sempre reconstruído despois do feito. O acto literario ou estético, por conseguinte, sempre atende a algunha relación activa co Real; sen embargo, para facelo non pode simplemente permitir ‘á realidade’ perseverar de xeito inerte no seu propio ser, fóra do texto e a distancia. Debe máis ben atraer o Real á súa propia textura, e os paradoxos últimos e problemas falsos da lingüística, e máis notablemente da semántica, deben ser retrotraídos a este proceso mediante o que a linguaxe consegue portar o Real dentro de si mesmo como o seu propio subtexto intrínseco ou inmanente. En tanto que, noutras palabras, acción simbólica, –o que Burke cartografará como ‘soño’, ‘rezo’, ou ‘carta’– é un xeito de facerlle algo ao mundo, ata o punto que o que chamamos ‘mundo’ debe estar inherente, posto que o contido ten que incluílo nel para sometelo ás transformacións da forma. O acto simbólico, polo tanto, comeza por xerar e producir o seu propio contexto no mesmo momento de emerxencia no que se retira del, tomando as súas medidas coa vista posta nos seus propios proxectos de transformación. O paradoxo completo do que aquí chamamos subtexto pode ser resumido así, que a obra literaria ou obxecto cultural, como se fose por primeira vez, fai existir esa propia situación á que tamén é, a unha e a mesma vez, unha reacción. Articula a súa propia situación e textualízaa, e así promovendo e perpetuando a ilusión de que a situación mesma non existiu antes dela, que non hai nada máis que un texto, que nunca houbo ningunha realidade extra- ou con- textual antes de que o mesmo texto a xera en forma de miraxe. Un non precisa argumentar a realidade da historia: a necesidade, como a pedra do Dr. Johnson, xa fai iso por nós. Que a historia –‘a causa ausente’ de Althusser, ‘o Real’ de Lacan– non é un texto, posto que é fundamentalmente non-narrativo e non-representacional; o que se pode engadir, sen embargo, é a provisión de que a historia énos inaccesible excepto en forma de texto, ou noutras palabras, que nos podemos aproximar a ela mediante unha (re)textualización previa. Así, insistir en calquera das dúas dimensións inseparables mais inconmensurables do acto simbólico sen a outra: dar énfase excesivo á maneira activa na que o texto reorganiza o seu subtexto (para, presumiblemente, alcanzar a conclusión triunfante de que o ‘referente’ non existe); ou, por outra banda, en acentuar a condición imaxinaria do acto tan completamente como para reificar o seu base social, xa non entendido como un subtexto mais simplemente como un dado inerte que o texto pasiva ou fantasmaticamente ‘reflicte’ –sobreacentuar calquera destas dúas funcións do acto simbólico a expensas da outra é seguramente producir ideoloxía en estado puro, sexa esta, coma na primeira alternativa, a ideoloxía do estruturalismo, ou, na segunda, a do materialismo vulgar (páxinas 80 &81)

o social

[o] segundo horizonte é o do social. Faise visible, e os fenómenos individuais revélanse como feitos e institucións sociais, só no momento no que as categorías que organizan a análise mudan nas de clase social. Teño descrito noutro lado a dinámica da ideoloxía na súa forma constituída como unha función da clase social: abonda só lembrar aquí que para o marxismo as clases sempre deben ser aprehendidas de xeito relacional, e a forma última (ou ideal) de relación de clase e loita de clase é sempre unha dicotomía. A forma constitutiva das relacións de clase é sempre a que hai entre a clase dominante e a traballadora: e é só en termos deste eixo que están situadas as fraccións de clase (por exemplo, a pequena burguesía) ou as clases ex–céntricas ou dependentes (como o campesiñado). Definir así clase é diferenciar claramente o modelo marxiano de clases da análise sociolóxica convencional da sociedade en estratos, subgrupos, elites profesionais e conceptos semellantes, cada un dos cales pode estudarse, supostamente, illado dos outros de xeito que a análise dos seus ‘valores’ e o seu ‘espazo cultural’ prégase en visións do mundo separadas e independentes, cada unha reflectindo de xeito inerte o seu ‘estrato’ particular. Para o marxismo, sen embargo, o propio contido dunha ideoloxía de clase é relacional, no sentido de que os seus ‘valores’ sempre están activamente en situación con respecto da clase que se lle opón, e definidos contra os últimos: normalmente, unha ideoloxía de clase dirixente explorará varias estratexias da lexitimación da súa propia posición de poder, mentres unha cultura ou ideoloxía de oposición, a miúdo, con estratexias agochadas ou encubertas, busca contestar e minar o ‘sistema de valores’ dominante (páxinas 83 &84)

modo de produción

[a] unidade organizativa [do horizonte final é] o que a tradición marxiana designa como modo de produción. Xa teño apuntado que a ‘problemática’ dos modos de produción é actualmente a área da teoría marxista máis vital de todas as disciplinas; non é paradoxal que tamén sexa unha das máis tradicionais, e debemos, por conseguinte, dun xeito preliminar e breve, bosquexar a ‘secuencia’ de modos de produción, como tendía a enumeralos o marxismo clásico desde Marx e Engels a Stalin. Estes modos, ou ‘etapas’ da sociedade humana, teñen incluído tradicionalmente os seguintes: comunismo primitivo ou sociedade tribal (a horda), as sociedades de parentesco xerárquicas ou gens (sociedade neolítica), o modo de produción asiático (o chamado despotismo oriental), a polis ou sociedade escravista oligárquica (o modo de produción antigo), feudalismo, capitalismo e comunismo (con gran cantidade de debate sobre se un estadio ‘de transición’ entre estes últimos –ás veces chamado ‘socialismo’– é un modo xenuíno de produción de pleno dereito ou non). O que é máis significativo no contexto presente é que incluso esta concepción esquemática ou mecánica de ‘estadios’ históricos (o que os seguidores de Althusser teñen criticado sistematicamente co termo ‘historicismo’) inclúe a noción dun dominante cultural ou forma de codificación ideolóxica específica a cada modo de produción. Seguindo a mesma orde estes teñen sido xeralmente concibidos como narrativa máxica e mítica, parentesco, relixión ou o sagrado, ‘política’ segundo a categoría máis restritiva de cidadanía na cidade–estado antiga, relacións de dominación persoal, reificación da mercadoría, e presumiblemente orixinal e en ningures inda non formas desenvolvidas de asociación colectiva ou comunitaria (páxinas 89 &90)

[o que debe, sen embargo, especificarse é] a natureza do obxecto textual que constrúe este terceiro horizonte da revolución cultural, e que dentro deste marco dialecticamente novo sería o equivalente dos obxectos dos nosos primeiros dous horizontes – o acto simbólico, e o ideoloxema ou organización dialóxica do discurso de clases. Suxestionarei que dentro deste horizonte final o texto individual ou artefacto cultural (coa súa aparencia de autonomía disolta de xeitos específicos e orixinais tamén dentro dos dous primeiros horizontes) se reestrutura aquí como un campo de forza no que as dinámicas dos sistemas de signos de varios modos de produción distintivos se poden rexistrar e aprehender. Estas dinámicas –o ‘texto’ recentemente constituído do noso terceiro horizonte– forman o que se pode denominar a ideoloxía da forma; é dicir, a contradición determinada das mensaxes específicas emitidas polos variados sistemas de signos que co–existen nun proceso artístico dado así como na súa formación social xeral. O que debe ser subliñado agora é que a este nivel a ‘forma’ é aprehendida como contido. O estudo da ideoloxía da forma está sen dúbida fundamentada nunha análise técnica e formalista no sentido máis estrito, inda que, como moita análise formal tradicional, busca revelar a presenza activa dentro do texto dun número de procesos formais discontinuos e heteroxéneos. Pero ao nivel da análise en cuestión aquí, ten acontecido unha inversión dialéctica na que se ten feito posible comprender tales procesos formais como contido sedimentado por si mesmo, como portando as súas propias mensaxes ideolóxicas, distintas do contido ostensible e manifesto das obras; ten sido feito posible, noutras palabras, mostrar tales operacións formais desde o punto de vista do que Louis Hjelmslev chamará o ‘contido da forma’ antes que a ‘expresión’ do mesmo, que xeralmente é o obxecto de enfoques formalizadores máis estreitos (páxinas 98 &99)

© 1981 Cornell University Press – The Political Unconscious: Narrative as a Socially Symbolic Act. Ithaca, N.Y.: Cornell University Press, 1981

tradución mala por @xindiriz

domingo, 7 de decembro de 2014

ferramentas multilingües gratuítas en liña para tradutor@s

www.traduciresdescubrir.wordpress.com
1/ bases de datos terminolóxicas de índole xeral

AGROVOC: FAO, máis de 40 000 entradas relacionadas coa agricultura, piscicultura, alimentación e medioambiente (inglés, francés, alemán, castelán, italiano, árabe, chinés, xaponés, ruso, húngaro, eslovaco, polaco e máis)

BELTERME: ervice de Langue Française de la Fédération Wallonie-Bruxelles (francés, neerlandés, alemán e inglés)

CILF: Consello Internacional de Lingua Francesa (francés, inglés, alemán e castelán)

ELECTROPEDIA: Comisión Electrotécnica Internacional (árabe, chinés, inglés, finés, francés, alemán, italiano, xaponés, noruegués, polaco, portugués, ruso, serbio, esloveno, castelán e sueco)

EUSKALTERM: Banco Terminolóxico Público Vasco co obxectivos de orientar e recomendar o uso da terminoloxía (euskera, castelán, francés, inglés, alemán e latín)

FMI: Banco Monetario Internacional (inglés, francés, castelán, alemán, árabe, ruso, chino e xaponés)

FranceTerme: Comission générale de terminologie et néologie (francés e inglés)

IATE: UE

ITU Terms: Unión Internacional de Telecomunicacións (inglés, francés, castelán, árabe, ruso e chinés)

Le grand dictionnaire terminologique: Office québécois de la langue française con diferentes linguas (a maioría de entradas veñen en francés e en inglés, inda que tamén inclúe o catalán, o galego, o italiano, o portugués e o romanés entre outros)

TecnoLeTTra: Universidade Jaume I de Castelló (inglés e castelán). O sistema pide nome de usuario (visita) e contrasinal (laborad)

TERMCAT (catalán, castelán, francés, inglés, italiano e alemán)

TERMITE: Unión Internacional de Telecomunicacións (inglés, francés, castelán, árabe, chinés e ruso)

TERMIUM, base de datos terminolóxica del Bureau de Traduction de Canadá (inglés, francés, castelán y portugués)

TERMOTECA: Universidade de Vigo (galego, castelán, inglés, francés e portugués)

TERMSCIENCE: INIST – Francia (francés, inglés, castelán e alemán)

TSK: Centro terminolóxico finés (finés, sueco, alemán, francés e inglés)

UNOGTERM: oficina de Xenebra das Nacións Unidas (árabe, chinés, castelán, francés, inglés e ruso)

UNTERM: ONU (inglés, francés, castelán, árabe, chinés e ruso)

2/ dicionarios e glosarios multilingües de índole xeral


3/ dicionarios contextuais


4/ uso correcto do castelán


RAE Fundéu (recomendacións sobre o uso correcto do castelán) – elcastellano.org (etimoloxía, gramática, enlaces a dicionarios)

guía de software para tradutor@s

traduciresdescubrir.wordpress.com
enlaces sobre software para traductores:

Software para la Traducción, da Biblioteca Dixital de Traducción da Universidade de Granada.
- Mi top 10 de software gratis para traductores (Damián Santilli, Tradugeek)
- Software libre para traductores (Silvia Florez, Traducción y mundo libre)
- El software libre en el sector de la traducción (José Manuel Manteca Merino, Abehache)
- Software libre para traductores, Colexio de Traductores Públicos da Cidade de Bos Aires
- TAO para principiantes (Lourdes Rey, Déjame traducir)
- 7 localization tools – free or almost free (Medical Translation Insight)
- Guía básica de software para traductores (Rafael López Sánchez, Jugando a traducir)
- Translation software review (web 7 brands)

artígos sobre software particulares

Aplicación de formato en SDL Trados Studio [Álvaro Mira, (Nunca) sobran las palabras]
Complementos indispensables para SDL Trados Studio [Álvaro Mira, (Nunca) sobran las palabras]
Para los que siguen añorando Trados… [Álvaro Mira, (Nunca) sobran las palabras]
- Actualización de TM con varios archivos en SDL Trados Studio 2009 [Álvaro Mira, (Nunca) sobran las palabras]
- Google Translator Toolkit: ¿herramienta profesional? (Pedro Márquez Delgado, En la punta de la lengua)
- Un vistazo a Wordfast Anywhere (Pedro Márquez Delgado, En la punta de la lengua)
- Las herramientas de búsqueda (sobre todo Examine 32) (Eva María Martínez, El arte de traducir)
- Glosarios para OmegaT en 5 minutos (Pedro Márquez Delgado, En la punta de la lengua)
- OmegaT: Una herramienta Tao gratuita (Laura Ramírez, Tecnologías y traducción)
- OmegaT, ¡qué bueno que viniste! (Luis Villarejo, AulaSIC)
- Un vistazo a Déjà Vu X2 (Pedro Márquez Delgado, En la punta de la lengua)
- Reseña sobre software Transtation (Juan Pablo Sans, autor del blog Hablemos de traducir y divertirse.
- Herramientas multifunción: Total Commander (Eva María Martínez, El arte de traducir)
- TransTools for Microsoft Word (Translator Tools)

pagan a pena?

Ventajas e inconvenientes del uso de las herramientas de TAO en traducción literaria (Isabel Valiente, Diario IAT de Isabel Valiente)
Una defensa crítica de las memorias de traducción (Andrés López Ciruelos, Panace@)
- Traducción, una alternativa profesional (Salvador Aparicio, blogue de AulaSIC)
- Memorias de traducción, ¿Amigas o enemigas? (Salvador Aparicio, AulaSIC)
Utilidad de la traducción asistida para el traductor literario (Nuria Viver Barri, Traducción médica, técnica y literaria)
- Breve reflexión sobre el peligro de los programas TAO (Isabel García Cutillas, El traductor en la sombra)

venres, 28 de novembro de 2014

o gobernante e a anciá

capa da novela en versión inglesa
arredor dunha semana máis tarde, Maxine volve estar no Auditorio Vontz para a graduación de octavo curso. Logo do protocolario desfile de sacerdotes de todas as relixións, cadanseu cun vestiario apropiado, que sempre lle fai lembrar o previo a un bo chiste, a Ensemble Bepop Kugelblitz interpreta ‘o brinco de Billie’, Bruce Winterslow logra algún rexistro tipo Libro Guinness ao maior número de palabras polisilábicas nunha oración, e a continuación aparece a oradora convidada, March Kelleher. Maxine está algo sorprendida cos efectos de tan só un par de anos –espera, pregúntase cunha punzada repentina de pánico, cantos anos exactamente? March xa non é que teña algunha cana senón que se pon cómoda e síntese coma na súa casa, e leva sombras esaxeradas que indican unha perda temporal de fe na maquillaxe de ollos. Leva como un uniforme de campaña e unha braga desas tan peculiares súas, hoxe nunha sorte de verde. O seu discurso resulta ser unha parábola que se supón ninguén vai entender.

había unha vez unha cidade cun poderoso gobernante a quen lle gustaba rular de incógnito pola cidade, facendo o seu traballo no segredo. De cando en vez recoñecíao alguén, pero sempre estaban dispostos a aceptar unha poutada de prata ou ouro para esquecer o asunto. ‘Vostede ten estado exposto por un momento a unha forma altamente tóxica de enerxía,’ é a súa fórmula habitual. ‘Aquí ten unha suma que confío lle compensará a vostede por calquera dano causado. Pronto comezará a esquecer, e logo sentirase mellor.’

‘por aquel tempo, de aquí para alá na noite, había tamén unha anciá, probablemente non sería demasiado diferente da vosa avoa, que levaba consigo unha enorme saca chea de farrapos lixados, anacos de papel e plástico, aparellos rotos, restos de comida, e outro tipo de lixo que recollía pola rúa. Ía a todas partes, vivira na cidade durante máis tempo que calquera outra persoa, sen protección e á intemperie fose cal fose o tempo, e sabíao todo. Era a que gardaba de fose o que fose que tirara a cidade.

o día que finalmente coincidiu co gobernante da cidade, el levou unha sorpresa ben rufa – cando, con boa intención, lle ofreceu a súa poutada de moedas, ela tirounas ao chan, furiosa. Espalláronse musiqueando polo empedrado adiante. ‘Esquecer?’ guinchou. ‘Non podo nin debo esquecer. Lembrar é a esencia do que son. O prezo do meu esquecemento, gran señor, é maior do que poida imaxinar, xa non digamos pagar.’

desconcertado, quizás considerando que non debía ter ofrecido abondo, o gobernante comezou a rebuscar no seu peto outra vez, pero cando ergueu os ollos, a anciá desaparecera. Ese día volveu das súas tarefas secretas máis cedo do habitual, nun estraño estado de ánimo. Supuxo que agora tería que atopar a esta anciá e neutralizala. Que incómodo.

thepoplartree.wordpress.com
inda que, por natureza, non era unha persoa violenta, xa había tempo que aprendera que ninguén conservaba o seu traballo sen estar disposto a facer calquera cousa que fose preciso. Durante anos buscara métodos novos e creativos que excluíran a violencia, o que normalmente viña equivaler a mercar o silencio da xente. Contratou os perseguidores das celebridades imperiais como gardacostas, xornalistas con enormes narices foron recolocados como ‘analistas’ e instalados na oficina estatal de intelixencia.

aplicando esta lóxica a anciá coa súa saca de lixo debería ter mudado en Ministra de Medioambiente e algún día construiríanse parques e plantas de reciclaxe por todo o territorio co seu nome. Pero sempre que alguén se lle acercaba para proporlle algún emprego, ninguén era quen de atopala. As súas críticas ao réxime, sen embargo, xa atoparan sitio na conciencia colectiva da cidade e eran xa imposibles de borrar.

ben, rapaces, so é unha historia. A caste de historia que teriades oído en Rusia nos días de Stalin. A xente contábase estas fábulas de Esopo e todos sabían que representaba cada cousa. Pero, podemos dicir o mesmo nos Estados Unidos do século XXI?

quen é a anciá? Que credes que estivo a pescudar todos estes anos? Quen é este ‘gobernante’ por quen se nega a ser mercada? E que é este ‘traballo’ que el ‘facía en segredo’? Supoñede que ‘o gobernante’ non é unha persoa, mais unha forza sen ánima tan poderosa que inda que non ennobrece, mais si titula, o cal, na cidade–nación da que falamos, é sempre máis que suficiente. Déixovos a vós as respostas, os graduados de Kugelblitz do 2001, a modo de exercicio. Boa sorte. Considerádeo un concurso. Enviade as vosas respostas ao meu ‘blog’, tabloidedosmalditos.com, o primeiro premio é unha pizza con calquera ingrediente que vos apeteza.

a intervención proporciónalle algúns aplausos, máis dos que obtería nas academias snob tanto a leste coma oeste, mais non tanto como esperaría obter do alumnado de Kugelblitz.

‘é a miña personalidade,’ dille a Maxine na recepción posterior. ‘Ás mulleres non lles gusta o xeito en que me desenvolvo, aos homes non lles gusta a miña actitude. Por iso é que estou reducindo as aparicións persoais e concentrándome no blogue.’ Entregando a Maxine un dos folletos que Otis trouxera a casa.

‘visitareino,’ promete Maxine.

saudando coa cabeza mentres cruza o patio, ‘quen é ese co que viñeches, o dobre de Sterling Hayden?’

‘o que? Ah, ese é o meu ex. En fin. Algo así.’

‘o mesmo ‘ex’ de hai dous anos? Non acabou, inda non acabou, a que esperas? Algún nome nazi, se lembro ben.’

‘Horst, isto vai estar na Internet logo?’

‘non se me queres facer un gran favor.’

‘uh-oh.’

‘en serio, es unha CFE, non si?’

‘retiráronme a credencial, agora vou pola miña conta.’

‘o que ti digas. Teño que pedirche opinión sobre algo.’

‘xantamos por aí?’

‘eu non xanto. Un artefacto corrupto do capitalismo. Almorzo quizás?’

sen embargo, sorrí. A Maxine améncelle que, ao contrario do que dixo no discurso, March non é unha meiga, é unha torta. Coa faciana e maneiras de alguén que cinco minutos despois de coñecelos xa che está a propoñer comer algo. Algo específico, que terá xa na súa culler de camiño á túa boca.

Thomas Pynchon Bleeding Edge (2013), pp. 113–5
wikipedias (versión inglesa) sobre 'bleeding edge' & Thomas Pynchon
tradución mala por @xindiriz 

venres, 24 de outubro de 2014

como homes quedaron

capa da novela na versión orixinal
theschleicherspin.com
They rose up like men. We saw them. Like men they stood.

erguéronse como homes. Vímolos. Como homes quedaron.

We shouldn’t have been anywhere near that place. Like most farmland outside Lotus, Georgia, this one here had plenty of warning signs. The threats hung from wire mesh fences with wooden stakes every fifty or so feet. But when we saw a crawl space that some animal had dug – a coyote maybe, or a coon dog – we couldn’t resist. Just kids we were. The grass was shoulder high for her and waist high for me so, looking out for snakes, we crawled through it on our bellies. The reward was worth the harm grass juice and clouds of gnats did to our eyes, because there right in front of us, about fifty yards off, they stood like men. Their raised hooves crashing and striking, their manes tossing back from wild white eyes. They bit each other like dogs but when they stood, reared up on their hind legs, their forelegs around the withers of the other, we held our breath in wonder. One was rust-colored, the other deep black, both sunny with sweat. The neighs were not as frightening as the silence following a kick of hind legs into the lifted lips of the opponent. Nearby, colts and mares, indifferent, nibbled grass or looked away. Then it stopped. The rust-colored one dropped his head and pawed the ground while the winner loped off in an arc, nudging the mares before him.

non deberiamos ternos aproximado a aquel lugar. Como a maioría dos terreos de cultivo ás aforas de Lotus, Georgia, este tiña signos de advertencia abondo. As ameazas colgaban das mallas de arame que facían de valado, con estacas de madeira a uns cincuenta pés unhas das outras. Pero ao ver un lugar polo que se colara algún animal escavando na terra – quizás un coiote, ou un cazamapaches – non o puidemos resistir. Eramos nenos. A ela a herba chegáballe ata os ombreiros e a min pola cintura así que, tomando precaucións contra as serpes, furamos por alí sobre as nosas barrigas. O dano que nos fixeron nos ollos o zume das herbas e as nubes de mosquitos foi ben recompensado, porque xusto diante nosa, a unhas cincuenta iardas, estaban alí chantados. Os cascos batendo e golpeando o aire, as crinas ondeando desde uns ollos brancos e indomables. Mordíanse coma cans pero cando se erguían, apoiados nos cuartos traseiros, as mans nas cernellas do outro, contiñamos a respiración asombrados. Un era perlino e outro negro escuro, ambos co sol brillando na suor. Os relinchos non daban tanto medo como o silencio que seguía cada patada dos cuartos traseiros nos beizos levantados do opoñente. Cerca, poldros e eguas, indiferentes, adentaban a herba ou miraban cara outro lado. Logo cesou. O perlino baixou a cabeza e pateou o chan mentres o vencedor se apartou describindo un arco, apartando as eguas que atopaba no seu camiño.

As we elbowed back through the grass looking for the dug-out place, avoiding the line of parked trucks beyond, we lost our way. Although it took forever to re-sight the fence, neither of us panicked until we heard voices, urgent but low. I grabbed her arm and put a finger to my lips. Never lifting our head, just peeping through the grass, we saw them pull a body from a wheelbarrow and throw it into a hole already waiting. One foot stuck up over the edge and quivered, as though it could get out, as though with a little effort it could break through the dirt being shoveled in. We could not see the faces of the men doing the burying, only their trousers; but we saw the edge of a spade drive the jerking foot down to join the rest of itself. When she saw that black foot with its creamy pink and mud-streaked sole being whacked into the grave, her whole body began to shake. I hugged her shoulders tight and tried to pull her trembling into my own bones because, as a brother four years older, I thought I could handle it. The men were long gone and the moon was a cantaloupe by the time we felt safe enough to disturb even one blade of grass and move on our stomachs, searching for the scooped-out part under the fence. When we got home we expected to be whipped or at least scolded for staying out so late, but grown-ups did not notice us. Some disturbance had their attention.

www.flickr.com
perdémonos cando volvíamos, sobre os cóbados e a través da herba, buscando o buraco na cerca e evitando a ringleira de camións aparcados no outro lado. Inda que nos levou unha eternidade volver ver a cerca, ningún dos dous se asustou ata que oímos as voces, urxentes pero baixas. Agarreille un brazo e puxen un dedo aos beizos. Sen levantar a cabeza, só fitando a través da herba, vímolos turrar un corpo dunha carretilla e guindalo nun buraco xa feito. Saía un pé por un lado e moveuse, como se fose quen de saír, como se cun pequeno esforzo puidese atravesar toda a terra que lle estaban a botar enriba. Non viamos as faces dos homes que estaban facendo o soterramento, só os seus pantalóns; pero podiamos ver o estremo dunha pala meter o pé, que se sacudía, xunto co resto. Cando veu aquel pé negro coa súa soa rosada e lixada de lama sendo golpeada para dentro da tumba, comezou a tremerlle todo o corpo. Aperteina forte nos ombreiros e tentei que o seu tremor pasase aos meus osos porque, como irmán catro anos maior, pensei que podería manexar a cousa. Os homes xa se foran había tempo e a lúa era un cantalupo cando nos sentimos seguros abondo para perturbar tan sequera unha herba e movernos sobre os nosos estómagos, buscando o buraco por baixo da valla. Ao chegar a casa esperabamos que nos bateran ou cando menos nos rifaran por chegar tan tarde, pero os maiores non se decataron de nós. Algunha amoladura desviou a súa atención.

Since you’re set on telling my story, whatever you think and whatever you write down, know this: I really forgot about the burial. I only remembered the horses. They were so beautiful. So brutal. And they stood like men.

xa que te propós contar a miña historia, sexa o que sexa o que penses e sexa o que sexa que escribas, ten isto en conta: esquecín o soterramento, esa é a verdade. Lembrei só os cabalos. Eran tan fermosos. Tan brutais. E como homes quedaron.

tradución mala por @xindiriz
cousas que investigar (cando menos estas): ‘rust-colored’ (perlino) & ‘coon dog’ (cazamapaches) & ‘like men they stood’ (…?’)
'Home': Toni Morrison e a claridade