martes, 29 de xaneiro de 2013

concurso "nove palabras que precisa o galego"


VICEDIRECCIÓN e NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA 

BASES DO CONCURSO
                                 
1. Participantes, categorías e premios – poderá participar todo o alumnado e ex – alumnado do IES LAXEIRO que o desexe.

Establécense as seguintes categorías:

a - ESO,
b - FP/ BAC
c - ANTIG@S ALUMN@S, alumnado que cursara algún tipo de estudos neste centro.

Para cada categoría establécense dous premios: GAÑADOR@ e FINALISTA.

2. Normas & presentación – Cada participante formulará/ inventará unha posible tradución para cada unha das palabras doutras linguas que se suxestionan e explican brevemente a continuación:

A/ backpfeinfengesicht - (do alemán, literalmente > esa cara que está pedindo por favor que lle metan unha boa h****)

B/ pilkunnussija - (do finés, literalmente > unh@ iluminad@, non necesariamente prof@, que pensa que está neste mundo para corrixir erros ortográficos, con ilusión e sen importarlle o que diga o mundo, bo ou malo)

C/ tingo - (do pascuense, literalmente > propio de quen pide a outr@ que non ten nada)

D/ sgiomlaireachd - (do gaélico, literalmente > a persoa (?) que te interrompe xusto no intre no que, esfamead@, estás a piques de 'entrarlle' a unh@ marabillos@ chuletón@ no seu punto [se non sodes de chuletón@s poñede o voso manxar)

E/ neidbau - (do alemán, literamente > charafico construído por alguén co propósito de j**** @ veciñanza)

F/ hikikomori - (do xaponés, literalmente > lembrades a aquel@ que desapareceu no seu cuarto cheo de ordenatas e non volveu saír, pois es@)

G/ oinkada - (do euskera, literalmente > o que fas ao dar dous pasos)

I/ ohrwurm - (do alemán [unha mina oigha], literalmente > cancionciña que se che mete no sentido e coa que lle das o c***** a@ to'dios)

K/ iktsuarpok - (do inuit, literalmente > saír e entrar espasmodicamente do iglú cando chega unha visita "inesperada")

Actualmente non hai no vocabulario galego palabras que representen estes conceptos (ou si?); polo tanto, é necesidade apremiante propolas á RAG.

3. Xurado – Estará formado integramente por profesorado de linguas do IES LAXEIRO (inglés, francés, castelán e galego), @ responsable de Normalización Lingüística e a Vicedirectora.

Prazo e presentación das propostas – Entregaranse antes do 10 de maio.

Para participar non é necesario resolver todas as propostas. Cada participante traducirá os termos que considere oportuno.

Nun sobre A4 se introducirá, xunto coas súas propostas, unha plica onde figuren os datos (nome, DNI, curso no que se atopa) d@s participantes e entregarano en “Vicedirección” ou @s bedeis.

4. Fallo do Xurado – O xurado deliberará e escollerá as dúas mellores propostas presentadas para cada categoría. A mellor recibirá o PREMIO e a segunda mellor será considerada FINALISTA. Os premios para todas e cada unha das categorías poden quedar desertos se o xurado considera que ningunha proposta ten nivel abondo para recibir premio algún.

5. Entrega de Premios – Os premios serán entregados publicamente durante os actos de celebración do DÍA DAS LETRAS GALEGAS.

6. Exposición e difusión das mellores propostas – O xurado difundirá as mellores propostas de solución polos canles de que dispoña e considere axeitados. Transcorrido un mes enviará a propostas de solucións gañadoras á RAG para a súa consideración, ben por envío postal ou en persoa, previa solicitude por parte do centro.

IES LAXEIRO (LALÍN), XANEIRO DE 2013

Ningún comentario:

Publicar un comentario