placa lembrando o asasinato de Kevin O'Higgins próximo ao lugar onde lle dispararon |
ao animal moribundo;
home espera final
temendo e esperando todo;
moitas veces morreu,
moitas veces volveu erguer.
gran home orgulloso
facendo cara aos asasinos
burláse da
interrupción do alento;
coñece morte ata o óso--
home ten creado morte.
Sin miedo ni esperanza
aguarda el animal la muerte;
cuando a su fin se acerca el hombre,
todo lo espera y todo teme.
Muchas veces ha muerto,
y volvió a alzarse muchas veces.
Asentado en su orgullo el hombre grande
frente a los asesinos, escarnece
las amenazas de cortar su vida;
él conoce la muerte,
la conoce hasta el tuétano. Es el hombre mismo
quien la ha creado y la mantiene.
W. B. Yeats |
Nor dread nor hope attend
A dying animal;
A man awaits his end
Dreading and hoping all;
Many times he died,
Many times rose again.
A great man in his pride
Confronting murderous men
Casts derision upon
Supersession of breath;
He knows death to the bone--
Man has created death.
1. "Death" publicouse en 1933, no libro The Winding Stair and Other Poems.
2. W. B. Yeats (Dublín, 1865 - Menton, Francia, 1939), recibiu o Nobel en 1923.
3. escribiu este poema en reacción ao asasinato do seu amigo e correlixionario Kevin O'Higgins, que participara, á súa vez, na execución de varios membros do IRA durante a guerra civil (xuño, 1922 - maio, 1923). Kevin comentáralle á súa dona: "alguén que teña feito o que fixen eu non pode esperar vivir moito;" de aí o verso "home creou morte."
4. sen embargo, o poema ten sido lido, quizás lexitimamente, sen ter en conta estas circunstancias. tense lido como falando da condición humana, o camiño ineludible cara a morte.
5. esta tradución (versión galega) é terriblemente mala porque, entre outras cousas,
- a. non respecta nin busca a rima do poema orixinal;
- b. nin os esquema de acentos: unha combinación de versos iámbicos (alternancia breve-longa ou tónica-átona) e versos trocaicos (alternancia longa-breve ou átona-tónica):
3 iámbicos - 3 trocaicos - 2 iámbicos - 2 trocaicos - 1 iámbico - 1 trocaico
exemplo de verso iámbico - nor dread nor hope att end (x-x-x-)
e de verso trocaico - dread ing+and hop ing all (-x-x-x);
- c. nin as dúas estruturas son - silencio (ou silencio - son) que se solapan no poema (a/ 6+4+2 versos) e (b/ 6+6 versos).
6. quizás Philip Roth lembraba o segundo verso deste poema cando decidiu o título dunha das súas novelas The Dying Animal. quizás non.
Ningún comentario:
Publicar un comentario