fonte da imaxe: Usabilla Blog |
hai
un problema irresolúbel con iso de introducir os inmigrantes aos valores
británicos. nom hai valores británicos. tampouco valores serbios ou peruanos.
ningunha nación posúe o monopolio sobre a equanimidade e a decencia, a xustiza
e a humanidade. algunhas culturas teñen máis querencia por certos valores que
por outros (os árabes, a hospitalidade ou os británicos, a auto-disciplina
emocional, por exemplo), mais nom hai nada inherentemente árabe na
hospitalidade ou inherentemente británico sobre nom poñerse histérico de
súpeto. a tolerancia e a compaixón, como o sadismo e o supremacismo, atopanse
en calquera sitio do mundo.
un
dos moitos logros da Ilustración máis radical foi rexeitar a idea de que virtude
ou vicio dependan da orixe étnica. ninguén é moralmente superior por ter nacido
en Boston e nom en Bosnia. os postmodernistas que negan valores universais en
nome da diferenza cultural están, de xeito inconsciente, confabulados cos populistas
e os conservadores.
os
valores morais básicos do dentista musulmán prototípico que emigra a Gran
Bretaña coinciden en gran parte cos do típico fontaneiro nado en Inglaterra.
ningún dos dous é probábel que crea que mentir ou enganar é o mellor proceder,
ou que deban mallar nas súas crianzas. pode que teñan costumes e crenzas
distintas, mais o sorprendente é a amplitude do terreo común entre eles a
respecto de que significa para mulleres e homes vivir ben. no que respecta á
moralidade, é difícil que caiba un papel de liar entre Alá e Xehová.
entón,
por que tantos políticos se 'quentan' cos supostos perigos do
multiculturalismo? nom deberían simplemente aceptar que os valores morais
compartidos están fondamente ancorados nos seres humanos, e que as diferenzas
culturais son, polo tanto, irrelevantes? nom en absoluto. desde o punto de
vista do poder político, a cultura é absolutamente vital. tanto que o poder nom
pode funcionar sen ela. é a cultura, no sentido dos costumes diarios e crenzas
dun pobo, o que o fai semellar algo natural e inevitábel, e o transforma nun
reflexo e nunha resposta espontáneas.
a
menos que a autoridade se encardine nas raíces da experiencia e a identidade da
xente permanecerá demasiado abstracto e distante como para gañarse a súa
lealdade. se é para asegurarse a súa conformidade, o poder debe adoptar a cor
invisíbel da propia vida diaria. e isto é o que coñecemos como cultura. a
cultura é o que mantén o poder no seu sitio. cando aqueles para os que cultura
equivale a Mansfield Park e a frauta máxica comezan a debater con
avidez sobre a cultura en termos de vestimentas, linguaxe e credo relixioso,
podes estar razoablemente seguro de que senten que os seus intereses políticos
están ameazados.
hai
trinta anos, só uns cantos disidentes de esquerda como Raymond Williams insistían en que a cultura era algo corrente. coa
inmigración, sen embargo, a cultura tamén se ten feito corrente a ollos dos
nosos gobernantes. hoxe, incluso as corporacións capitalistas globais nom paran
de chismorrear sobre a importancia do coñecemento local e os distintos modos de
vivir. case todo o mundo ten agora sensibilidade cara as diferenzas culturais.
so que algúns deles sono en como o gato é sensíbel co rato.
é
doado ver porque a diversidade de culturas supón un problema para o poder. se a
cultura trata da pluralidade, o poder trata da unidade. como se pode vender ao
mesmo tempo a unha ampla gama de formas de vida sen diluírse de xeito fatal? o
multiculturalismo nom é unha ameaza porque puidera alentar aos que se inmolan
con bombas. é unha ameza porque o noso tipo de estado político depende dun
ríxido consenso cultural para implantar as súas políticas materialmente
divisivas.
así,
a cultura hoxe equivale nom só a sonetos e cuartetos de corda, mais a historia,
orixes, linguaxe, parentescos e identidade. mentres todo isto sexa
relativamente uniforme, o poder político pode permitirse deixalo ao seu albur.
cando se fai excesivamente diverso como para servilo coa mesma culler nun conxunto
ríxido de categorías é cando o estado se arrisca a ser socavado, e por iso
busca neutralizar a diversidade. nese momento a cultura pasa a ser parte do
problema e nom da solución. cesa como disolvente espiritual dos conflitos
materiais, como nos días de Matthew
Arnold e TS Eliot, e, no seu
lugar, pasa a ser os propios termos nos que eses conflitos se articulan.
Tony Blair cre nunha cultura
común, de igual xeito que crían os escritores da 'Nova Esquerda' como Raymond
Williams e EP Thompson. Nin máis nin
menos que o que define Blair como cultura común é que todos deberiamos
compartir os seus valores para que nom poñan bombas nas estacións de metro. en
realidade, ningún valor cultural se estende nunca a grandes grupos de recen
chegados sen ser transformado no proceso. esta é a razón pola que o proxecto
Blair é unha inxenuidade ademais de ser culturalmente supremacista. nom se
asume en Downing Street que tales valores se poderían cuestionar ou transformar
no proceso, que é o que pensadores como Williams ou Thompson tiñan en mente.
unha
cultura verdadeiramente común nom é unha na que todos pensemos igual, ou na que
todos creamos que a xustiza é inseparábel da devoción, mais unha na que a todos
se lles permita participar nun proxecto, na configuración cooperativa dun xeito
común de vida. se isto ten que incluír aos que proceden de tradicións culturais
diferentes. e se a nosa sociedade actual se nutre da exclusión de certos
grupos, entón a cultura que probablemente resulte dese proceso nom se parecerá en nada á actual. e isto é xusto o que a fará tan valiosa.
tradución por @xindiriz
texto orixinal: terry
eagleton, 'those
in power ...' the guardian, 21th
february, 2007
Ningún comentario:
Publicar un comentario