elpais.cr |
escribímoslle
na súa condición de director do PISA da OCDE. no seu 13º ano, o programa PISA é
coñecido en todo o mundo como unha ferramenta para clasificar países membros (e
non membros) da OCDE segundo o rendemento académico dos seus estudantes de 15
anos en matemáticas, ciencias, e lectura. administradas cada tres anos, os
resultados das probas PISA son ansiosamente agardados por gobernos, ministros
de educación, e consellos editoriais de xornais, sendo citados como autoridade en
incontábeis informes. comezaron a influír profundamente as prácticas educativas
de moitos países. como resultado de PISA, os países están revisando os seus
sistemas educativos coa esperanza de mellorar as súas posicións nos rankings. a falta de mellora en PISA leva
a declaracións de crise e de 'estado de shock
en PISA' en moitos países, seguidos de solicitudes de dimisión e reformas de
longo alcance segundo conceptos PISA.
preocúpannos
fondamente as consecuencias negativas dos rankings
PISA. estas son algunhas das nosas preocupacións:
•
inda que en moitas nacións se usaron probas estandarizados durante décadas (a
pesar de serias reservas sobre a súa validez e fiabilidade), PISA contribuíu a
un enorme aumento desas probas e unha dramática e crecente dependencia de parámetros
cuantitativos. por exemplo, en EEUU, PISA foi invocada como principal
xustificación para o recente programa 'Carreira cara o Cumio', que aumentou o
uso de probas estandarizadas na avaliación de estudantes, profesores e
administracións, que clasifican alumnado, profesorado e administracións segundo
os resultados dunhas probas que sabemos perfectamente que son imperfectas
(véxase, por exemplo, o inexplicábel descenso de Finlandia desde as primeiras
posicións da táboa PISA).
•
nas políticas educativas, PISA, co seu ciclo de avaliación de tres anos, ten provocado
un cambio de atención cara as medidas a curto prazo destinadas a contribuír a
que un país suba rapidamente na súa valoración, a pesar de que a investigación
demostra que os cambios duradeiros na práctica educativa precisan décadas para
facerse realidade, nom anos. por exemplo, sabemos que a situación dos
profesores e o prestixio do ensino como profesión teñen unha forte influencia
sobre a calidade do ensino, pero esta situación varía fortemente entre culturas
e nom se ve facilmente influenciada por políticas de curto prazo.
•
ao insistir nun abano exiguo de aspectos medíbeis, PISA resta atención aos obxectivos
educativos menos medíbeis ou inmensurábeis como o desenvolvemento físico,
moral, cívico e artístico, restrinxindo perigosamente deste xeito o noso
imaxinario colectivo sobre o que é e debe ser a educación.
•
como organización de desenvolvemento económico, é natural que a OCDE se ocupe
do papel económico das escolas públicas. pero preparar mozas e mozos para un emprego
remunerado non é o único, e, nin sequera, o principal obxectivo da educación
pública, que debe preparar os alumnos para a participación no autogoberno
democrático, a acción moral e unha vida de desenvolvemento persoal, crecemento
e benestar.
•
a diferenza organizacións na órbita da ONU, como UNESCO ou UNICEF, que teñen mandatos
claros e lexítimos para mellorar a educación e as vidas de nenos en todo o
mundo, a OCDE non ten ese mandato. tampouco hai, de momento, mecanismos de
participación democrática efectiva no seu proceso de toma de decisións que ten
a ver coa educación.
•
para por en marcha PISA e unha serie de servizos de seguimento, a OCDE concerta
'asociacións público-privadas' e formaliza alianzas con empresas multinacionais
con ánimo de lucro, que teñen perseguen beneficios financeiros a partir de
calquera déficit real ou percibido - detectado por PISA. algunhas destas
empresas fornecen servizos educativos a escolas americanas e distritos
escolares de xeito masivo e con ánimo de lucro, ao tempo que elaboran plans para
desenvolver o ensino básico con fins lucrativos en África, onde a OCDE planea
introducir PISA.
•
finalmente, e máis importante: o novo réxime PISA, co seu ciclo continuo de avaliación
global, prexudica aos nosos fillos e empobrece as nosas aulas, xa que, inevitábelmente,
implica máis e máis longas baterías de probas de elección múltiple, máis aulas feitas
a medida do 'vendedor' e menos autonomía para os profesores. deste xeito, PISA
ten aumentado aínda máis o nivel de tensión, xa elevado nas escolas, o que pon
en risco o benestar de alumnos e profesores.
estes
feitos entran en conflito aberto cos principios amplamente aceptados
de boas prácticas educativas e democráticas:
•
ningunha reforma de importancia debe basearse nun criterio restritivo de
calidade único.
•
ningunha reforma de importancia ignora o importante papel de factores nom educativos,
entre os que é fundamental a desigualdade socioeconómica dunha nación. en
moitos países, incluíndo Estados Unidos, a desigualdade aumentou dramaticamente
ao longo dos últimos 15 anos, explicando a diferenza de escolarización cada vez
maior que as reformas educativas, sexa cal sexa a súa sofisticación, é improbábel
que revertan.
•
unha organización como a OCDE, como calquera organización que afecta
profundamente a vida das nosas comunidades, debe responder de xeito democrático
ante os membros destas comunidades.
Dr Andreas Schleicher elpais.com |
nom
só escribimos para sinalar déficits e problemas. tamén queremos aportar ideas
construtivas e suxestións que poden axudar a aliviar os problemas anteriormente
mencionados. inda que, de ningún xeito completo, si ilustran a forma en que se
pode mellorar a aprendizaxe sen os efectos negativos anteriormente mencionados:
1
desenvolvan alternativas ás táboas de clasificación: exploren formas máis
significativas e menos sensacionalistas de comunicar os resultados da
avaliación. por exemplo, comparar países en desenvolvemento, onde os mozos de
15 anos se incorporan regularmente ao traballo infantil, con países do primeiro
mundo, nom ten sentido desde o punto de vista educativo nim político e fai á OCDE
susceptíbel de ser acusada de colonialismo educativo.
2
abran espazos á participación de toda a gama de compoñentes da comunidade
educativa: ata a data, os grupos con maior influencia sobre que e como se
avalía a aprendizaxe de xeito internacional son psicometristas, estatísticos e
economistas. seguramente merecen un lugar na mesa, mais tamén moitos outros colectivos:
pais, educadores, administracións, líderes comunitarios, estudantes, así como
estudosos de disciplinas como a antropoloxía, a socioloxía, a historia, a filosofía,
a lingüística, así como as artes e humanidades. O que e como avaliar a
educación dos estudantes de 15 anos de idade deben ser sometidos a discusións
que inclúan todos estes grupos a nivel local, nacional e internacional.
3
inclúan organizacións nacionais e internacionais na formulación de métodos e
normas de avaliación, cuxa misión supere o aspecto económico da educación
pública e se preocupe pola saúde, o desenvolvemento humano, benestar e
felicidade de estudantes e profesores. incluiría as organizacións mencionadas
da ONU, así como asociacións de profesores, pais e as administracións, por
citar algúns.
4
publiquen os custos directos e indirectos da posta en marcha de PISA para que
os contribuíntes nos países membros poidan avaliar usos alternativos dos
millóns de dólares gastados nestas probas e determinen se queren continuar a
súa participación na mesma.
5
conviden á supervisión e administración de PISA a equipos independentes de
seguimento internacionais, desde a concepción ata a execución, de xeito que as
preguntas sobre o formato da proba e os procedementos estatísticos e de
puntuación poidan ser xustamente valorados ante as acusacións de tendenciosidade
ou comparacións inxustas.
6
ofrezan descricións pormenorizadas a respecto do papel das empresas privadas
con ánimo de lucro na participación, execución e seguimento das avaliacións
trianuais de PISA para evitar a aparencia ou realidade de conflitos de
interese.
7
ralenticen o 'caos-e-destrución' das probas. para gañar tempo para discutir as
cuestións mencionadas aquí a nivel local, nacional e internacional, consideren
saltarse próximo ciclo PISA. isto proporcionaría tempo para incorporar a
aprendizaxe colectiva que derivará das reflexións que se suxestionan nun modelo
de avaliación novo e mellorado.
asumimos
que aos expertos PISA da OCDE os impulsa o desexo sincero de mellorar o ensino.
pero escápasenos como é que a súa organización sen convertiu no árbitro global
dos medios e fins da educación en todo o mundo. a énfase restritiva da OCDE nas
probas estandarizados corre o risco de converter a aprendizaxe en algo penoso e
matar a alegría de aprender. en vista de que PISA levou a moitos gobernos a
participar nunha competición internacional para conseguir os resultados máis
altos nas probas, a OCDE asumiu o poder de dar forma á política educativa en
todo o mundo, sen debate sobre as necesidades ou limitacións dos obxectivos da
OCDE. estamos fondamente preocupados polo feito de que medir unha gran
diversidade de tradicións e culturas educativas mediante un criterio único,
restritivo, e tendencioso podería, ao final, causar danos irreparábeis nas nosas
escolas e nos nosos estudantes.
asinan 88 persoeiros do ensino no ámbito
anglo-saxón
tradución por xindiriz
Ningún comentario:
Publicar un comentario