falandonisso-blog.blogspot.com |
polo
tanto, e parafraseando a Weil, na modernidade, ‘os desexos limitados en
harmonía co mundo’ son a fonte definitiva da nosa oportunista postura
anti-ética, sosteñen a inercia do egoísmo e a procura do pracer, mentres que o
noso contacto co ben está sostido polos ‘desexos que conteñen o infinito’, que
loita polo absoluto. Isto ocasiona unha ambigüidade irreducible: a fonte do ben
é unha enerxía que fai anacos as coordinadas da nosa existencia finita, un
poder destrutivo que, desde o punto de vista da nosa forma de vida estable e
limitada, non pode aparecer doutro xeito que como mal.
o mesmo vale para a relación entre mortalidade e inmortalidade. Segundo o convencionalismo ideolóxico tradicional, a inmortalidade está vinculada ao ben e a mortalidade ao mal: o que nos fai bos é a conciencia da inmortalidade (de Deus, da nosa ánima, da sublime loita ética …) mentres que a raíz do mal é a resignación á nosa mortalidade (morreremos todos e por iso non importa realmente, simplemente pilla o que poidas, satisfai os teus antollos máis escuros …). E que pasaría, sen embargo, se un lle da a volta a este convencionalismo e inviste na hipótese de que a inmortalidade primordial é a do mal: o mal é algo que ameaza con volver por sempre, unha dimensión espectral que sobrevive maxicamente a súa annihilación física e continúa a aparecérsenos. Esta é a razón pola que a vitoria do ben sobre o mal é a habilidade de morrer, de recobrar a inocencia da natureza, atopar paz en desfacerse da infinitude obscena do mal. Evoquemos a escena clásica das vellas películas de medo: cando un home posuído por algunha forza maligna –esta posesión sinalada por unha desfiguración friki do corpo– é liberado do espectro non-morto que o colonizou, recobra a beleza serena da súa forma cotiá e morre en paz. Esta é a razón pola que Cristo ten que morrer – os deus pagáns que non poden morrer son personificacións do mal obsceno. O ben contra o mal non é o espírito contra a natureza: o mal primordial é o propio espírito co descarrilamento violento da natureza.
a conclusión a extraer diso é que o ben propiamente humano, o ben elevado sobre o ben natural, o ben espiritual infinito, é, finalmente, a máscara do mal.

texto traducido e deturpado por @xindiriz
Slavoj Zizek, Violence: Six Sideways Reflections (2009),
pp. 55-56
Ningún comentario:
Publicar un comentario