proxecto Trasno reúne a tradutoras e tradutores, trasnegas e trasnegos, que de xeito voluntario se integran en grupos e proxectos de localización de software libre.
sen case apoio oficial téñense consolidado coma unha referencia na materia, tendo contribuído decisivamente a fixar a lingua galega no referido á terminoloxía informática. o seu traballo inclúe a tradución dos programas (utilidades, interfaces de usuario e instalación das distribucións de GNU/Linux), a documentación sobre diferentes aspectos do sistema, e un dicionario para o corrector ortográfico.
reúnense de cando en vez (unha ou dúas veces ao ano) para discutir e analizar dúbidas e disparidades que van xurdindo nas denominadas trasnadas, ás que calquera con interese podería asistir. co seu entusiasmo e bo quefacer teñen logrado que a nosa comunidade lingüística, moi por diante doutras con maior potencial en canto a recursos humanos e materiais, teña versións galegas de gran número de aplicativos informáticos.
segundo a wikipedia a asociación xurdiu da fusión de dous grupos distintos que empezaron a colaborar a principios de 2000: o grupo GzLinux, fundado por Manuel A. Fernández Montecelo e Nuno André Novo (Woden) e que se adicaba á tradución de documentación (guías e manuais); e o grupo GPUL (Grupo de Programadores e Usuarios de Linux da Universidade da Coruña), un subproxecto coordinado por Jacobo Tarrío, para a localización das utilidades de GNU e programas libres en xeral.
Ningún comentario:
Publicar un comentario