aplaudimos fervorosamente a nova proposta de urco editora. trátase da tradución á nosa lingua dunha selección de contos do famoso autor americano h. p. lovecraft.
o libriño leva o título de A chamada de Cthulhu, unha das súas memorables narracións, un clásico da literatura de terror.
polo tanto, quizás sería bo momento para traballar con outro dos seus textos, que esperamos vos resulte cando menos inquietante.
o texto chámase The Street e atoparás información na wikipedia.
h. p. lovecraft, autor de moitas outras historias curtas e novelas, pertence á liñaxe de escritores que se remonta a Edgar Allan Poe no XIX e continúa na actualidade con xente coma Stephen King.
se durmes ben esta é a túa opción.
Ningún comentario:
Publicar un comentario