www.wsj.com |
ALISON ANDERSON
a
tradutora máis importante de todos os tempos é Constance Garnett, que fixo todos os grandes rusos entre finais do
XIX e inicios do XX. incluso coñeceu a León
Tolstoy na súa casa. pode que teña detractores, e que gran parte do seu
traballo se teña revisado, pero moitas lectoras nin sequera son conscientes da
enorme débeda cultural que lle debemos por acercar a occidente a riqueza da
literatura rusa.
e
como tradutora viva mencionaría a Susan
Bernofsky, que traduce do alemán. quedei pasmada coa beleza da súa
tradución de Visitation, de Jenny Erpenback, incluso máis que pola
propia novela, que é superlativa.
Alison Anderson ten traducido
recentemente Madame Bovary of the Suburbs,
de Sophie Divry (MacLehose).
SUSAN BERNOFSKY
www.amazon.com |
o
primeiro que souben de Margaret Jull
Costa foi como tradutora de Xosé
Saramago, e logo namoreime dobremente dela cando comecei a ler as súas traducións
do grande escritor do XIX Eça de Queirós,
incluíndo a súa obra mestra, the Maias,
unha incríbel saga familiar escrita na prosa máis exuberante e rica.
Jull Costa é dona dun oído tan afinado
para os ritmos da escrita dunha certa época que captas toda a elegancia,
lirismo e gravitas mais sen rastro da
pomposidade que acostuma colarse nas traducións de xeito tan doado.
o
seu Saramago é unha obra mestra dun
xeito completamente diferente, un tipo de escrita moito máis contemporáneo.
mesmo agora estou emocionada coa nova tradución que acaba de realizar de the Book of Disquiet, baseada nunha
selección moito máis ampla dos textos fragmentarios de Pessoa que a que estaba dispoñíbel.
a tradución máis recente de Susan Bernofsky é Memoir of a
Polar Bear, de Yoko Tawada
(Norton).
English Pen |
SARAH DEATH
a
miña colega Barbara J Haveland,
escocesa e tradutora do noruegués e do danés, ten gran experiencia e
sensibilidade. particularmente admiro as súas traducións das novelas de Linn Ullmann, filla de Liv Ullmann e Ingmar Bergman. eu, que teño traducido unha das novelas de Ullmann, sei o reto que poden
representar.
a última tradución de Sarah Death son os diarios de guerra de Astrid Lindgren, a World Gone
Mad (Pushkin).
KATY DERBYSHIRE
Schreiben & Leben |
a
tradución the Story of My Teeth, sobre
un orixinal de Valeria Luiselli, autoría
de Christina MacSweeney, é tan
alegre e efervescente como o propio orixinal, que trata dun poxador feito lenda
que vende os seus propios dentes, entre outras cousas.
pero
o que realmente o fai destacábel é a cronoloxía de MacSweeney, un capítulo que engadiu á novela para axudar aos
lectores nom-mexicanos a comprender o libro. e tán divertido como a novela e
unha aproximación realmente innovadora á tradución como ferramenta que pode ser
útil salvar fendas culturais.
Katy Derbyshire ten traducido
recentemente One Day, por Christa Wolf (Seagull).
MAUREEN FREELY
malapartiana |
a
miña escolla é Antonia Lloyd-Jones,
nom só pola marabillosa fluidez da súa prosa mais porque foi por medio das súas
traducións, sempre tan ben escollidas, logrei comprender a riqueza da
literatura de Polonia.
a
primeira que me viu ás mans foi Mercedes-Benz,
de Pawel Huelle. foi o libro que
escollín para a Good Read, en Radio4,
un ano despois. Antonia acababa de regresar a Inglaterra logo de bastante tempo
fóra. pilleina saíndo do seu apartamento, con Radio4 a todo volume para
despistar a posíbeis ladróns, cando oíu que alguén a mencionaba en antena. ao
inicio pensou que eran cousas da súa cabeza! escribiume unha postal e nom
tardamos moito en facernos amigas.
Maureen Freely ten acabado
recentemente, en colaboración con Alexander
Dawe, a tradución de Madonna in a Fur
Coat, de Sabahattin Ali.
NOTA DO TRADUTOR: quizás sexa dobremente absurdo ou
torpe traducir sobre xente q traduce e opina sobre as traducións doutras
persoas q tamén traducen. só quizás. porq ademais este é un fermoso
labirinto no q perderse.
FONTE e TEXTO ORIXINAL: Alison FLOOD, 'in their own words: 10
female translators on the work that inspires them' The Guardian.
tradución
por @xindiriz
Ningún comentario:
Publicar un comentario