Emily Dickison por Sciammarella publicado en El País |
poemas
601-1200. soldar un abismo con aire
Emily Dickinson.
tradución de Ana Mañeru e Milagros Rivera
Garretas
Edición bilingüe. Sabina. Madrid, 2013
773 páginas.
poesías
completas
Emily Dickinson
tradución de José Luis Rey
Edición bilingüe. Visor. Madrid, 2013
1528 páxinas.
REFERENCIAS:
ÁNGEL
RUPÉREZ devotos
de Dickinson
segundo Ángel Rupérez a poesía de Dickinson atesoura un 'hermetismo máxico con abismos
insondábeis, cheos de luz e sombra'. é poesía pola poesía da que a súa autora nom
obtivo nada fóra do pracer e o consolo de escribila.
os seus poemas publicáronse postumamente, despois de que a súa irmá Lavinia os descubrira reunidos en fascículos confeccionados
pola propia Emily a man.
Rupérez sinala algúns dos elementos que máis lle chaman a atención nos
diversos modos de traballar cos poemas de Dickinson por parte de tradutores
distintos.
segundo Rupérez, Ana Mañeru e Milagros Rivera mostran fundamentalmente dúas tendencias:
1/ o seu
feminismo, que marca gramaticalmente, e inda lexicamente, as decisións á hora
de traducir.
sempre empregan 'anfitriona', 'petirroja', 'mendiga', ou 'as amantes' -e tantos outros casos-, porque queren erradicar da
gramática e o léxico da lingua castelá a preponderancia que posúe o masculino
sobre o feminino.
ao mesmo tempo defenden que Dickinson era lesbiana, un feito evidenciado
na -suxestionan- súa relación coa súa cuñada Susan Huntington,
Sue. tanto é así
que na capa do libro -neste e no que lle precedeu en 2012-, xunto ao retrato de
Dickinson, aparece tamén o da súa cuñada. sen dúbida coa intención de subliñar
de xeito icónico a súa relación amorosa.
iso tamén as leva a indicar cales foron os poemas expresamente enviados
por Dickinson a Sue, probabelmente como proba de amor.
2/
móstranse en estremo literais, Ángel Ruperez di que 'en exceso', optando por
opcións como
'la noche era ancha, y surtida
escasa
con sino una única Estrella'
el optaría por algo menos estremo como
‘la noche era ancha (o vasta) y
apenas amueblada
con una única Estrella'
que, segundo el, nom traizoaría en esencia o
orixinal e si é perfectamente posíbel na lingua castelá.
en canto a José Luis Rey, Ángel
Rupérez menciona que as súas eleccións xiran en torno a tres eixos:
1/
acostuma preferir encher os 'ocos' de Dickinson, explicitando, engadindo,
explicando. comparemos posibilidades:
una noche -en medio yacen días- ...
sucumbe á tentación máis difícil de evitar: apuntalar ese descolgado e
solitario substantivo (a concisión de Dickinson) ...
en medio de una noche, yacen días
...
2/ acostuma
suprimir alí onde o estilo Dickinson repite algún elemento -unha conxunción, un
substantivo ...-. pero ao evitar as repeticións erradícase tamén a estrañeza. Rey
traduce ...
¿Qué les importa a los Muertos el
Gallo?
¿Qué les importa el Día?
cando o orixinal repite 'muertos' tamén no segundo verso.
3/ en canto
ao xénero, acata a conformación gramatical da lingua castelá, pero -iso si-
subliñando a referencia feminina cando se trata de sinalar a voz que fala nos
poemas. quen escribe é muller, logo os poemas teñen unha voz feminina.
Ángel Rupérez remata o seu breve informe dicindo que polo resto, fronte
a vellas tendencias 'allanadoras', ambas traducións respectan as xa coñecidas
rarezas de Emily Dickinson: os guións, o gran número de maiúsculas, a ausencia
de puntuación, …
o volume da editora Sabina ten
a vantaxe de enumerar os poemas seguindo as dúas edicións canónicas, a de Franklin (seguida por Mañeru e Rivera)
e a de Johnson (seguida por Rey),
por iso as numeracións dos poemas nom coinciden entre as dúas traducións e, en
ocasións, hai diferenzas textuais considerábeis nalgúns dos poemas recollidos
nelas.
adaptación
feita por @xindiriz
Ningún comentario:
Publicar un comentario