imaxe tirada de 'el centinela' |
Umberto Eco medrou no réxime fascista de Mussolini, ‘certamente unha
ditadura, pero nom totalmente totalitaria, nom pola súa brandura mais pola fraqueza
filosófica da súa ideoloxía. ao contrario do que se pensa, o fascismo en Italia
nom tiña unha filosofía distintiva. tiña, sem embargo, estilo, ‘un xeito de vestir – bastante máis influínte, coas súas
camisas negras, que Armani, Benetton ou Versace nunca vaian ser’.
o humor negro do comentario
indica un consenso crítico sobre o fascismo, que, como forma de nacionalismo
extremo que é, adquire as características da cultura nacional que o orixina.
pode que sexa excesivo que
unha soa palabra se poida referir a tantas manifestacións culturais de
autoritarismo, por toda Europa e incluso Sudamérica. Italia tería sido ‘a primeira
ditadura de dereitas que se fixo dona dun país europeo’, e pasou a denominar o sistema político. pero o que estraña a Eco é ‘por que a palabra fascismo se
converteu nunha sinécdoque, é dicir, unha palabra que podería usarse para
diferentes movementos totalitarios’. por dicir algo, o fascismo era un
totalitarismo pouco definido, unha amalgama de diferentes ideas políticas e
filosóficas, un avesporeiro de contradicións.
mentres Eco cre firmemente
que so houbo un nazismo, ‘o xogo fascista pode xogarse de maneiras distintas, e
o nome do xogo nom cambia’. Eco reduce as calidades do que chama ‘fascismo
arquetípico’ ou ‘fascismo eterno’ a catorce características ‘típicas’, que nom
se poden organizar sistemáticamente: contradinse e son típicas
doutros tipos de despotismo ou fanatismo. pero abonda que unha delas estea
presente para que o fascismo vaia medrando en torno a ela.
1. o culto á tradición –
‘só hai que observar o programa de todos os movementos fascistas para atoparnos
cos pensadores tradicionalistas máis importantes. a gnose nazi foi alimentada
por elementos tradicionalistas, sincréticos e ocultistas’.
2. o rexeitamento da
modernidade – ‘a Ilustración e a Idade da Razón son consideradas como o comezo
da depravación moderna. neste sentido o fascismo arquetípico pode definirse
como irracionalismo’.
3. o culto á acción pola
acción – ‘actuar é algo belo en si mesmo, e debe facerse antes, ou sen,
reflexión previa. pensar é un xeito de castración’.
4. disentir é traizón – ‘o
espírito crítico fai distincións, e distinguir é un sinal de modernidade. na cultura
moderna a comunidade científica valora disentir como maneira de mellorar o
coñecemento’.
5. medo ás diferenzas – ‘o
primeiro atractivo dun movemento fascista é un chamado contra os intrusos. o fascismo
arquetípico é racista por definición’.
imaxe tirada de 'wikipedia' |
6. apelación á frustración
social – ‘unha das características máis típicas do fascismo histórico era o
chamado á unha clase media frustrada, unha clase que padece crise económica ou
se sinte humillada politicamente, e atemorizada pola presión de grupos sociais
inferiores’.
7. obsesión polas
conspiracións – ‘os seguidores deben sentirse asediados. o xeito máis doado de
resolver a conspiración é apelar á xenofobia’.
8. o inimigo é tanto forte
como feble – ‘mediante un continuo cambio no enfoque retórico, os inimigos son
simultaneamente demasiado fortes e demasiado febles’.
9. o pacifismo equivale a
negociar co inimigo – ‘para o fascismo arquetípico nom hai loita pola vida
mais, pola contra, a vida vívese para loitar’.
0. desprezo polos febles – ‘o
elitismo é un aspecto típico de calquera ideoloxía reaccionaria’.
1. todos somos educados para
converternos en heroes – ‘na ideoloxía do fascismo arquetípico, o heroísmo é a
norma. este culto ao heroísmo está estreitamente ligado ao culto á morte’.
2. machismo e armas – ‘o
machismo implica tanto desdén polas mulleres como intolerancia e condena dos
hábitos sexuais nom standard, desde a castidade á homosexualidade’.
3. populismo selectivo – ‘no
noso futuro haberá un populismo de tv ou internet, no que a resposta emocional
dun grupo selecto de cidadáns será representada e aceptada como a Voz do Pobo’.
4. o fascismo arquetípico
fala unha neolingua – ‘todos os manuais escolares nazis ou fascistas facían uso
dun vocabulario empobrecido, e unha sintaxe elemental, para limitar os
instrumentos do razoamento complexo e crítico’.
o texto completo do que se tirou esta listaxe abreviada está dispoñíbel en the NY Review of Books
tradución mala por @xindiriz
Ningún comentario:
Publicar un comentario