Ramón Buenaventura ciertadistancia.blogspot.com |
é costume editorial equiparar ao tradutor co traidor. Non tanto
pola raíz (latina: traduttore, traditore) como polas derivacións dunha
profesión ás veces infausta. Sábeo ben o tradutor, poeta e novelista Ramón
Buenaventura (Tánxer, 1940), a quen a editorial Seix-Barral confiou en 2002 a
versión en castelán de The Corrections
de Jonathan Franzen. Conta o escritor español que nun primeiro momento rexeitou
o encargo, ao tratarse dunha obra demasiado extensa (unhas 600 páxinas) e sobre
todo non dispor de tempo abondo para acometer a tarefa con seriedade.
o final da historia é coñecido e figura na páxina legal do bestseller: Buenaventura claudicou ante
a insistencia e terminou por aceptar o reto. Non polos eloxios da crítica
estranxeira á gran novela americana do s. XXI nin polos millóns de exemplares
que avalaban daquela o último boom
literario, senón por pura amizade. 'A editorial atopou a maneira de convencerme
- explica o autor no 'diario
de tradución' que aparece publicado no Centro Virtual Cervantes -. Neste
mundo traidor e desleal non hai argumento máis resolutorio que a amizade'.
Buenaventura comprometeuse a telo listo no prazo de seis meses
sen ter lido o orixinal en inglés, e xa na primeira frase do libro ('locura de
un frente frío de la pradera otoñal, mientras va pasando') pudo albiscar a lea na
que se metera. 'Axiña me decatei de que The
Corrections me obrigaría a efectuar centos de consultas, porque era un
libro exótico, un libro no que se describe unha sociedade americana que apenas
concibimos en Europa e nun entorno repleto de detalles que estamos fartos de
ver no cinema, pero que non temos costume de describir con palabras, ou que nos
reclama o uso de temos inexistentes na nosa cultura'.
manexou neses días un ducia de dicionarios especializados (gastronomía,
golf, finanzas, medicina, música, náutica, ...) para atopar a palabra precisa
para a máis delirante variedade de expresións e xiros lingüísticos que
caracterizan o estilo decimonónico de Franzen. 'O orixinal cubre unha gama de
intereses e coñecementos verdadeiramente ampla e ben investigada polo autor'.
Se non se puxo en contacto con Franzen para aclarar as dúbidas que lle ían
xurdindo foi por decoro profesional. 'Nunca xamais preguntei nada a ningún
autor, nin sequera a Anthony Burgess, con quen cheguei a ter confianza e cuxos
textos me formularon, ás veces, dificultades de louquear.'
lembra Buenaventura que, a falta de cen páxinas para rematar o
traballo, a editora española envioulle copia das respostas que Franzen lle fora
dando ás consultas dos tradutores do libro noutras linguas. 'Eran cerca de 600
dúbidas, que o autor resolvía con paciencia e unha prolixidade verdadeiramente
asombrosas'. O momento crítico chegou cando Seix-Barral mandou a Franzen as
primeiras cento e pico páxinas traducidas ao castelán. 'A resposta do autor
superou con creces as peores predicións que calquera Casandra tivera podido
facer', conta Buenaventura. 'Houbo que perder o tempo en necidades como
convencer ao autor de que en castelán non é un erro sintáctico poñer un
adxectivo diante dun nome'.
Buenaventura só puido resignarse. Firmara unha cláusula de
aprobación e non tiña máis remedio que aguantar o tirón e obedecer os designios
literarios do autor, por desatinados que estes puideran resultarlle. Ao
parecer, Franzen estaba empeñado en non engadir ningunha información que non
estivera contemplada no orixinal en inglés. 'PA non podía ser Pensilvania, nin
se admitía explicación para ningunha sigla. Prohibido revelar en dúas palabras
para que serve un medicamento que vai a tomarse un personaxe e que ninguén en
España coñece. Prohibido aclarar ningunha referencia histórica 100%
norteamericana totalmente indescifrable en Europa.'
content.time.com |
ten dereito o autor - pregúntase Buenaventura no seu 'Diario' -
a inmiscirse tanto no traballo dun tradutor? A súa resposta ten a ver con dous
factores fundamentais: a distancia cultural existente entre o emisor e o
receptor do texto e o coñecemento do autor do país ao que vai dirixido o seu
libro. Neste punto, Buenaventura, é contundente. 'Nadie quererá discutirme que
o señor Franzen é un deses escritores norteamericanos que ignora todo sobre Europa,
ata extremos que sería divertido demostrar se o meu propósito fose unha análise
do libro e non unha crónica da súa tradución.'
en The Corrections,
Franzen fala con sumo rigor de asuntos tan dispares e disparatados como a
botánica, a mercadotecnia, os automóbiles ou as froitas tropicais. E faino usando
constantemente neoloxismos, combinando campos semánticos, fusionando palabras e
afondando en termos (unhas veces xurídicos, outras sexuais) que non están ben
tipificados en castelán. Buenaventura dedicou semanas a resolver xogos de
palabras nun libro que quere ser incorrecto, publicado a mesma semana do ataque
ás Torres Xemelgas e que, xunto a Freedom,
lle valeu a Franzen a portada da revista Time
en 2010. 'Supoño que en obras tan longas como esta, todo tradutor acaba
incorrendo na desesperación. Cando un leva semanas co texto e inda lle quedan
duascentas ou trescentas páxinas por diante, a tarefa semella infinita, como se
fose un a pasar o resto da vida traducindo The
Corrections de don Jonathan Franzen. E, francamente, hai outras cousas
neste val de bágoas, non si?'.
ao final, o encargo rematouse dentro do prazo (a pesar de que
Buenaventura foi o último dos tradutores en recibir as galeradas) e o libro foi
celebrado en España co mesmo entusiasmo que no seu país de procedencia. Poucos
lembraron a Buenaventura nas súas críticas, inda gabando moitas delas a
extraordinaria riqueza do vocabulario do libro. Claro que o traduttore se despacha a gusto no seu
'Diario ...' expresando a opinión que a el, particularmente, lle merece The Corrections: 'non vale un tiesto foradado, que diría Gonzalo de
Berceo.'
texto
orixinal en castelán
autor
BENJAMÍN G. ROSADO
título
'el despecho del traductor de Franzen'
publicado
en elmundo, 20.agosto.2015
Ningún comentario:
Publicar un comentario