www.arteinformado.com |
a
voz do tradutor é
unha serie de preguntas sobre o papel da tradución e sobre as linguas a través
do traballo de 16 artistas que centran a súa obra na investigación dos idiomas
e o uso que facemos deles: inclúen?, exclúen?, que relación gardan co poder?, e
coa identidade?, cal será a lingua do futuro?, cal é o valor real das linguas locais
nun contexto de globalización?
a acción do tradutor presúmese como
unha continua negociación de entendemento, axustando o particular ao universal
e a diferenza á coincidencia.
Martin
Waldmeier (Basel,
1984) reúne traballos que parten do concepto máis amplo da tradución para
tratar a comunicación verbal dende perspectivas diferentes; debuxa a contorna
argumental dunha serie de problemas que a linguaxe ten que afrontar sen
descanso como parte dun proceso condicionado. É un arduo propósito que acerta a
por enriba da mesa a través de preguntas sobre os conflitos artísticos,
sociais, políticos e económicos. Inda que baixo o paraugas do pluralismo
cultural, estes conflitos moitas veces se fracturan, e constitúen o guión da
exposición: o dereito de autoría, a exactitude da lingua na tradución, o
interese por unha lingua segundo as políticas aperturistas, o inglés como
comunicación dominante, a perda de información, o idioma como medio para lexitimar
políticas de exclusión ou a perda de identidade, entre outras.
o ensaio visual e lingüístico destes
crea unha atmosfera máis de incertidumes que de seguridades, profesadas en
textos murais, documentos e manuscritos traducidos xunto a fotografías e
audiovisuais dobrados ou subtitulados en diferentes linguas. Hai unha morea de
imaxes e frases que se fixan na subxectividade do espectador: 'todos os que non
saben ler en castelán son estúpidos' (Luis
Camnitzer) ou 'An Artist who Cannot Speak English is No Artist' (Mladen Stilinovic).
transmite (a tradución) a mensaxe
íntegra dun idioma a outro ou aporta algo da lingua final? Nin sequera cando
non media a subxectividade o traslado é exacto: a artista chinesa Xu Bing recolle un extracto dun libro
en chinés, que traduce cun tradutor automático do chinés ao ruso e do ruso ao
alemán e así ata nove idiomas para volver a traducilo ao chinés e o resultado é
o mesmo que no famoso xogo ... non ten nada que ver co orixinal.
'neste mundo de globalización hai unha
necesidade cada vez máis imperante de facer traducións, pero en cada tradución
pérdese algo', explica Waldmeier, que aclara que a exposición ten dúas liñas de
traballo: unha que pretende descubrir o papel do tradutor e darlle visibilidade
e outra mostrar que pode aportar esta actividade á idea de identidade: 'a
tradución non é só unha profesión, é un xeito de expresar unha realidade'.
Martin Waldmeier www.marcovigo.com |
tamén se alerta da desaparición das
linguas minoritarias, 25 cada ano; esta perda e o que significa para a cultura
e identidade de cada pobo centra o traballo de Susan Hiller, mentres que Nicoline
van Harskamp indaga no futuro do idioma hexemónico (o inglés) e grava a
persoas de diferentes nacionalidades contando as súas experiencias como
anglofalantes.
Rainer
Ganah documenta a súa
propia aprendizaxe do chinés, que tamén centra o traballo de Sylvie Boisseau e Fran Westermeyer, que analizan as motivacións dos europeos á hora
de estudar esta lingua.
Zineb
Sedira analiza a
preservación e a perda da identidade ligadas á transmisión oral da memoria
familiar cun vídeo no que fai de tradutora da súa filla, que fala inglés, e súa
nai, que entende o francés pero só fala árabe.
Dora
García, coa súa 'Letter
to other planets', tradución do comunicado de prensa da exposición en doce
idiomas minoritarios (armenio, swahili, kurdo e quechua, entre outros)
pregúntase ... a quen 'lle fala' un museo coas súas exposicións?.
na súa maioría as obras desta
exposición son exercicios moi visuais e esenciais na presentación pero cunha
forte carga reivindicativa e emocional sobre o propio. Inciden principalmente
en cuestións relativas ao condicionante do idioma na práctica artística, que
poñen no punto de mira ao inglés como lingua vehicular para a cultura global.
Esta cuestión queda bastante ben resolta dende distintas ópticas nos traballos
de distintos artistas. Mais tamén hai silencios, incomunicación e perda neste
percorrido polo comunitario, que pespunta integración e descomposición. Un
convite a ler entre liñas para descubrirnos, inventarnos e (re)construírnos.
referencias:
'los
traductores y las lenguas toman la voz en el MARCO' por ÁGATHA DE SANTOS (faro de vigo, 30 MAIO 2015)
'acción
y traducción' por CHUS MARTÍNEZ DOMÍNGUEZ (babelia,
01 agosto 2015, páxina 12)
dossier
documental, catálogo
(www.marcovigo.com)
Ningún comentario:
Publicar un comentario