carlos coira na librería Trama (Lugo) www.editorialgalaxia.es |
na rede
(de balde)
Carlos Coira Nieto (Rábade, 1969) socio ou
promotor de proxectos e empresas culturais de diversa índole (Librería Trama,
Matapiollos Teatro, TrisTram Editora, …) ten feito, entre outras moitas cousas,
unha tradución dos poemas de Emily Dickinson e é nesa faceta na que amablemente
responde ás preguntas de ‘laxastraducidas’.
P: No seu caso, por que traduce?
R: Traduzo para poder editar en
galego algúns autores que son do meu gusto e que penso que teñen un oco dentro
do noso panorama editorial. Chego a tradución dende unha pequena editora.
P: Que formación, relevante para a tradución, ten vostede? Que outros
elementos cre que lle farían falta?
R: A formación académica é a de
filoloxía inglesa. As eivas no meu caso son moitas posto que non teño ningunha
formación específica sobre tradución, aínda que intento compensalo coa lectura
de traducións das que aprendo moito.
P: Cales son as súas linguas de traballo? Que ferramentas emprega? Como
escolleu o autor ou autora? Con que obra ou obras está vostede a traballar na
actualidade?
R: As miñas linguas de traballo son
o galego e o inglés. Traballo con programas de tratamento de texto,
dicionarios, enciclopedias e páxinas de referencia de tradución.
Para escoller autores fíome moito
polo meu gusto persoal e por se creo que algún autor debe ser editado na nosa
lingua.
Na actualidade non estou traballando
en ningunha tradución.
P: En que está a traballar agora?
R: Agora mesmo non sigo traducindo
por falta de tempo e porque a editorial que temos non está nestes momentos
sacando novas traducións.
P: Como valora a súa experiencia como tradutor@?
R: A miña experiencia como tradutor
foi, sen dúbida boa; non dende un punto de vista económico.
P: Que nos pode dicir sobre as condicións de traballo dunh@ tradutor@ na
actualidade? Tamén desde o punto de vista económico.
R: Aínda que agora xa non traduzo
supoño que as condicións non mellorarían porque lamentablemente estamos nun
momento en que nada do que ten que ver coa cultura vai ben. Dende o punto de
vista económico, e referíndome sempre á tradución literaria, que é a que
coñezo, supoño que é un momento moi malo pola falta de subvencións á tradución,
pola tremenda baixada en edición e pola baixada de vendas de libros.
P: Que tarefas ou proxectos lle gustaría afrontar e inda non fixo? Por que?
R: A tradución ao galego de Tristram Shandy, sen dúbida unha das
miñas novelas favoritas e que deu nome á nosa editorial. Tamén me gustaría
traducir obras infantís.
P: Que papel deberían cumprir as iniciativas privadas e as públicas en
relación á tradución?
R: Deberían ser as que consigan o
orzamento e mellorasen as condicións de traballo para que os tradutores traballen
nas mellores condicións posibles; tanto as institucións como a empresa
editorial.
P: Debería existir un consenso sobre un ‘canon’ de obras a traducir?
R: Creo que polo ben da diversidade
a decisión de que traducir ou non debería partir sempre do gusto de editores,
tradutores …,
P: Onde radican os problemas da actividade tradutora, de habelos, dentro do
panorama cultural en lingua galega?
R: Non creo que sexa un problema
especifico da tradución senón de toda a actividade cultural galega que está
atravesando un momento moi difícil.
P: Cales son os proxectos galegos que teñen que ver coa tradución que lle
parecen máis interesantes?
R: Hai moitos proxectos ben
interesantes e para min, como xa comentei antes, hai algúns infantís como os
que está facendo ‘patasdepeixe editora’, ou dalgúns autores que me parecen moi
bos, como os que están traducindo en ‘Rinoceronte editora’.
R: Aínda que non sei moito sobre
isto os premios sempre on importantes para facer visible algo.
P: Que función podería cumprir a tradución no conxunto do sistema
lingüístico (e literario) galego? A súa proxección exterior, por exemplo.
R: Para unha persoa coma min que ven
de filoloxía inglesa sempre é importante a tradución para poder compartir
autores con xente que non é quen de ler no idioma orixinal; penso que as boas
traducións permiten que un sistema literario medre.
P: Tanto no eido das iniciativas públicas coma no das privadas, que pasos
deberían darse na actualidade para mellorar a tradución en lingua galega?
R: Para mellorar unha tradución sempre é necesario ter tempo e iso non é de balde. É necesario que a posta económica sexa clara para que os tradutores poidan dedicar o tempo que cada tradución necesita.
R: Para mellorar unha tradución sempre é necesario ter tempo e iso non é de balde. É necesario que a posta económica sexa clara para que os tradutores poidan dedicar o tempo que cada tradución necesita.
Ningún comentario:
Publicar un comentario