“For Example” publicouse en The Nation. Algunhas referencias son políticas,
como o puño branco e azul, probable referencia ao sionismo moderno e a súa constante
fustrigación da comunidade palestina. Outras son máis escuras.
Para ter unha visión inicial da
carreira de Adrienne Rich ofrecemos un fragmento dunha descrición que se pode
descargar completa aquí, tanto en inglés coma en galego.
As coleccións de
prosa – Of Woman Born, On Lies, Secrets, and
Silence: Selected Prose 1966-1978, e Blood, Bread, and Poetry: Selected Prose 1979-1985 – ofrecen un contexto importante para os poemas. Nestas obras trata
temas da educación das mulleres e as súas tradicións literarias, a identidade
xudía, e o que denomina “a eliminación da existencia lesbiana de gran cantidade
de literatura feminina académica.” De nova fora conmovida polo comentario de
James Baldwin: “calquera cambio real implica a ruptura do mundo como un sempre
o coñecera, a perda de todo o que proporcionaba unha identidade, a fin da
seguridade.” De moitas maneiras os seus ensaios, coma os poemas, rastrexan as
forzas que se resisten a tal cambio, e as condicións humanas que o requiren. O
seu ensaio “Compulsory Heterosexuality and Lesbian Existence”, na súa colección
máis recente, é un exemplo importante de tal exame. Alí escribe que “a
identificación coma muller é unha fonte de enerxía, un trampolín potencial para
o poder feminino, periclitado e
contido baixo a institución da heterosexualidade.”
The Norton Anthology
of American Literature , volume 2 (3rd Edition). New York &
London, 1989; pp. 2692.
tradución, xindiriz, 2012
Ningún comentario:
Publicar un comentario