mércores, 11 de xaneiro de 2012

buscamos tradutor@s ... novamente

se che gusta ler, se che gustan as pelis e a música, se che gustan os idiomas, se che gusta traducir

entón ofrecémosche algo así coma

aprender nocións básicas sobre tradución e interpretación, coñecer e usar as ferramentas básicas dunh@ tradutor@, traducir textos interesantes e variados en diversas linguas (basicamente inglés, pero tamén outras) e formatos, coñecer onde poderías realizar estudios universitarios, participar en concursos de tradución, ...

en "presencia" traballaremos os mércores (cada quince días) no ies laxeiro durante un rato a partir das 16:00; se te animas a participar podes falar con xosé manuel (profe de inglés); descarga aquí a folla de inscrición.

en "ausencia" podes facer achegas neste enderezo electrónico > sonacarado@gmail.com

Ningún comentario:

Publicar un comentario