venres, 30 de decembro de 2011

proposta de traballo "shaun tan"

shaun tan (1974-) é un ilustrador e escritor que argalla historias melancólicas e ledas a un tempo, cun final probablemente optimista. escollemos the lost thing (aportamos vídeo que explica como se fixo a peli sobre a historia e un script provisional), e the red tree.
"the lost thing" fala dun rapaz que pasa o tempo aumentando a súa colección de chapas ata que da con algo, algo perdido e sen dono.
"the red tree" conta o día dunha rapaza de pelo raro, un día que semella vai ser igual que todos.
na web de shaun tan hai material para difuminarse un rato e, quizás, atopar.

aquí unha interpretación de LUCÍA CASTRO GARCÍA sobre "the lost thing", cal é a vosa?

In my opinion lost things are memories we have from the time we were children. As we grow up they begin to disappear becoming something strange to us. What can we do in order not to forget them?
Some people think it is a pity to lose memories from our childhood. However, others say that they are silly things because when you are a child you don’t know anything about life.
The protagonist of this short film believes that dreams and memories from the past are important to our present life because they help us to develop as a person.

mércores, 21 de decembro de 2011

huginemugin

cando as vellas tácticas non funcionan haberá que buscar outras. editorial hugin e munin, un proxecto impulsado por Alejandro Tobar, conserva a intención e o propósito de sempre, o amor polos libros e as historias que conteñen sobre nós e @s outr@s, xunto co difícil compromiso pola lingua propia de galiza. un novo proxecto é verquer á nosa lingua anacos da literatura en inglés, francés, e a nórdica, entre outras minoritarias
para empezar O forasteiro misterioso (1916) de Mark Twain e Servizo de Correos (1971) de Charles Bukowski. Logo Prudenci Bertana, Narcis Oller, Arthur C. Clarke, Paul Morand, Julio Verne, ...
subscríbete

REFERENCIAS:
MARTÍNEZ, IAGO: "Una editorial se estrena con Bukowski y Twain en gallego", El País (Galicia), 21/12/2011

domingo, 4 de decembro de 2011

proposta de traballo "Your Europe, Your Say"

nós matriculámonos e esperamos que nos digan que siiiiiiiiiiiiii ... entón algúns dos nosos compañeiros e unha profa ou profe pasará dous días en Bruxelas participando nun simulacro de sesión do European Economic and Social Committee; na capital desa Europa que non sabemos se se desfai coa crise ou rexurdirá máis forte

para participar hai que entender onde nos metemos ... o primeiro que imos facer para prepararnos é saber de que vai a cousa ... traduzamos a páxina de "Your Europe Your Say", un chisco



tamén temos unha mostra de linguaxe administrativo, from Romania (en inglés tranquis) ... unha circular onde se anuncia esta cuestión ás escolas de secundaria dese país do leste

martes, 29 de novembro de 2011

fina garcía marruz, por que non en galego?

si, a nosa lingua ten pronunciado innúmeras palabras.
a nosa razón enrédase en labirintos brancos.
a nosa mente non acerta a copiar a simplicidade da luz.
si, a nosa lingua sabe todas as palabras.
pero o corazón só sabe unha única palabra.
unha única palabra gardou na sombra.
"di unha sola palabra, di unha sola palabra ..."
murmura a alma dos Oficios.
perdoa se levamos falado de máis. se temos
defraudado o Amor
que silenciosamente obra.
ti sabes o que a través
de toda esta confusión temos buscado.
ti que es esa sola palabra

A sola palabra, poema inédito de Fina García Marruz

Sí, nuestra lengua ha pronunciado
innúmeras palabras.
Nuestra razón se enreda
en laberintos blancos.
Nuestra mente no acierta
a copiar la simplicidad de la luz.
Sí, nuestra lengua sabe
todas las palabras.
Pero el corazón sólo sabe
una sola palabra.
Una sola palabra
ha guardado en la sombra.
"Di una sola palabra
di una sola palabra..."
murmura el alma de los Oficios.
Perdona si hemos
hablado demasiado. Si hemos
defraudado al Amor
que silenciosamente obra.
Tú sabes lo que a través
de toda esta confusión hemos buscado.
Tu qué eres esa sola palabra

La sola palabra

Fina García Marruz

hai libros en galego de autores galegos que se traducen ao castelán para consumirse en galicia
un índice da nosa situación ... pero unha pinga

domingo, 27 de novembro de 2011

rexina vega e a autotradución


Rexina Vega, gañadora do Xeráis con Cardumen en 2007, ven de autotraducirse ao castelán, claro. A novela   transcorre no Vigo industrial e atlántico e retrata o percorrido de varias xeracións durante boa parte do século XX, sorprendendo a "recreación de atmosferas sociais, familiares, políticas, industriais, culturais e a recreación da emigración daquela época convulsa"; constituíndo unha reivindicación da memoria coma "conformación da identidade do presente".

Igual non, pero considéroo un síntoma máis da situación da nosa cultura. Non sei como se xestou que a propia autora se autotraduza: se foi iniciativa propia ou ... Mágoa que non fora outra lingua o target.

De todos xeitos, desta experiencia podemos quedarnos coas reflexións sobre como se afronta a tarefa: facer como Cunqueiro ou unha tradución "pura e dura". A tese da autora levou por título Bilingüísmo e tradución en Álvaro Cunqueiro. Sen embargo, nesta andaina non seguiu os seus pasos.

Vega ten tamén recibiu, xunto con outras persoas, o premio Stendhal e ten quedado finalista do premio Nacional de Tradución pola versión de Georges Perec El secuestro (2010, orixinal La Disparition, 1969), da que podemos ler unha pasaxe. Esta tradución plantexou unha curiosa dificultade: o orixinal é un lipograma e non contiña nin un só "e"; na tradución ao castelán decidiuse omitir todos os "a".

BIBLIOGRAFÍA
VARELA, Lourdes: "Autotraducirse é, en parte, unha experiencia estraña e desacougante"
VOZ DE GALICIA: "Rexina Vega presenta esta tarde en Gondomar su obra Cardume, premio Xeráis"

proposta de traballo "normas para a tradución"


normas haberá miles e inda máis miles que queiran formular máis

pero algo de reflexión sempre é beneficiosa

por exemplo;

poderiamos dar unha volta por Arabic Literature (in English), que ten moitas cousas curiosas e descoñecidas e, de paso, seguir estes 10 consellos ... a ver que nos pasa mentres ... logo xa faremos o que nos pareza


proposta de traballo "o teu dereito a saber"

victoria andarica e david cobo, promotores de Tuderechoasaber - BP
(foto publicada en ELPAIS)
facer comunitariamente ... esixir o que por dereito nos pertence ... potenciar a nosa lingua ... aprender ...

porque

será mellor facelo nós mesmo cos nosos intereses que o fagan outros cos seus ... o que non chora non mama ... digan o que digan ... nunca se sabe o bo por vir

"o estado español é un dos menos transparentes da UE"

as necesidades de o teu dereito a saber (inda en castelán?)

BÚSCANSE TRADUTOR*S AO GALEGO

outras webs relacionadas:
Dondevanmisimpuestos.es: "para visualizar o gasto das administracións"
GOTEO: "incubadora de proxectos sociais. Non só pretende axudar a quen busca cartos. Tamén aspira a que as iniciativas revirtan na sociedade no ben común"
WhatDoTheyKnow?: páxina web británica (inspiradora de Tuderechoasaber): "que realiza unhas mil peticións de información a institucións do seu apís ao trimestre, porque no Reino Unido existe unha lei que obriga o Goberno a dar informaicón a quen a solicite, sempre que non sexa segredo".

BIBLIOGRAFÍA: REVENTÓS, Laia: "Una web para la transparencia" El País, 19 novembro 2011