Stefan y Lotte Zweig | Acervo CSZ, Universidad de Salford |
en 1942
Hitler semellaba invencíbel e Zweig
nom quería seguir vivindo coa perspectiva de que o seu vello mundo de cultura e
liberdade se derrubara arrastrando con el o humanismo dos 'bos' europeos,
aquelas ideas que os nazis masacraban.
Zweig
era un supervendas con obras
traducidas a máis de 50 idiomas diferentes. desde 1925 ningún autor vendía
tantos libros coma el, nim sequera Thomas
Mann. triunfara entre o público culto da época con ensaios biográficos
sobre algúns dos seus autores predilectos: Nietzsche,
Hölderlin, Dostoyevski ... o mesmo que coas biografías de Fouché, María Antonieta
ou María Estuardo.
nom
aportaba datos históricos novos pero era capaz de transmitir sentimentos,
descubrir as paixóns e os arrebatos dentro de cada personalidade, así como os
xiros inusitados do destino que transforman as vidas. ninguén antes ca el
reflectiu con tanto detalle as perplexidades do corazón, os trastornos da ánima
dos creadores ou dos personaxes políticos.
ademais
de biógrafo foi tamén poeta e tradutor, iniciándose nestas tarefas durante a
súa acomodada xuventude na Viena dos Habsburgo; coñeceu e admirou a grandes
escritores e namorouse da literatura francesa, sobre todo de Balzac. tamén tiña devoción por Chejov e Tolstoi, rusos que probabelmente leu en francés.
cedo
comezou a escribir relatos e novelas cun estilo propio, áxil, e conciso;
novelas que trataban do interior do ser humano, que el consideraba máis
ilimitado e enigmático. exploraba as paixóns dos seus coetáneos de igual xeito
que escribía as súas biografías. sabía describir ben as paixóns dos seus
personaxes femininos, esposas seducidas ou tentadas pola aventura cun descoñecido,
mozas cheas de anhelos inconfesábeis, ...
na súa
vida privada tiña éxito coas mulleres, rompía algún corazón que outro inda que
nunca desprezaba nim era misóxino á maneira dun Arthur Schnitzler. estaba máis próximo ao feliz afeccionado aos
praceres da vida que foi Casanova,
de quen tamén trazou unha biografía.
das súas
novelas dúas foron traducidas á lingua galega, a impaciencia do corazón (1939, traducida por Rosa María Gómez
Pato e publicada pola editora 'Hugin e Munin' en 2018), e novela de xadrez, dobremente traducida
ao galego, por Patricia Buxán e Saleta Fernández,
en 2004 para 'Ir Indo' e en 2018 para 'Irmás Cartoné' respectivamente.
poucos
meses antes de morrer, illado en Petrópolis, sen libros que consultar para
terminar o seu gran estudo sobre Balzac, lía os ensaios de Montaigne
e mataba o tempo xogando xadrez con Lotte. moi produtivo a pesar do seu
pesimismo xa que inda xusto antes do fin escribiu o mundo de onte, e novela de
xadrez.
este
último é un relato considerado perfecto por moitos críticos. nel mostra a súa
sutil repulsa do nazismo. un campión mundial de xadrez, romo e de ideas fixas,
perde unha partida contra un misterioso personaxe, Dr B, un home culto
machucado pola Gestapo que soubo conservar a súa integridade e liberdade
interiores cando ao seu redor se derrubaba o mundo, como Erasmo, figura tan querida por Zweig, heroe do seu propio tempo.
FONTES:
Luis Fernando MORENO CLAROS, la vertiginosa
épica del sentimiento
Braulio GARCÍA JAÉN,
la mentira de Stephan Zweig, retrato
de una omisión histórica
cando
se inicia a IGM miles de civís son executados nas proximidades das liñas de
combate, pola mera sospeita de ser espías. Zweig, xa coñecido por entón,
escribía no seu diario, 'hai que cauterizar co ferro ao roxo o lixo que supura'.
iso escribía o 'bo' europeo, como lle chamou Roman Rolland, un escritor francés
e amigo seu, a quen Zweig tranquilizaba por carta sobre a firmeza do seu
pacifismo.
a
finais de 1914, dedicábase a 'peitear aos heroes', que é como os privilexiados
membros do Grupo Literario do Arquivo de Guerra, creado ao efecto, denominaban
a súa tarefa de propaganda. chegaban os informes dos oficiais propondo
condecorar a algún soldado, e eles, os escritores, adornábanos para 'atrapar a
atención do lector', segundo un alto mando.
de 9 a
15 horas, o estilo de Zweig estaba ao servizo da máquina de picar carne; 'tres
historias diarias' era a frase que o resumía todo. polas tardes reuníase con
outros escritores no Café Imperial, a ler os xornais, tamén acicalados polo
Grupo de Prensa.
algo
máis dun século despois a súa obra edítase no estado español cunha regularidade
industrial: máis dun título ao mes desde 2014 a 2019 (base de datos do
Ministerio). a súa autobiografía, o mundo
de onte, véndese a 27€ e leva 26 edicións. sen embargo, as páxinas
dedicadas á súa febre nacionalista e os seus exercicios bélicos nom 'existen'.
el, directamente, nunca escribiu sobre o iso o resto da súa vida. vergoña ou
omisión dun esteta?
a
pregunta é interesante polas mesmas razóns que a súa aura nom para de medrar.
co nacionalismo outra vez en auxe e a sombra dos anos trinta presente e
alimentada por moitos, 'os forxadores da conciencia europea', Zweig sería un,
son máis necesarios que nunca.
'os que
cremos na liberdade debemos recoñecer onde están as feblezas dos nosos mestres.
pero tamén debemos recoñecer que logo da a vida polos seus ideais, que son os
ideais do vello liberalismo europeo', explica Mauricio Wisenthal, quen na súa xuventude puido coñecer algúns
amigos do escritor e cuxa primeira esposa, Friderike,
lle dedicou un libriño que inda conserva.
'retocaba
algunhas cousas para aparecer baixo unha luz mellor', segundo Adan Kovacsis, tamén tradutor e autor de guerra e linguaxe (Acantilado) onde
analiza o papel dese grupo de escritores ao servizo da causa. 'hai algo
mentireiro niso, mais nom lle resta mérito ao que logo escribiu'.
Kovacsis
é tradutor, entre outros, de Karl Kraus,
contemporáneo de Zweig e quizás a voz que con máis se opuxo á guerra. Kraus foi
máis duro que o seu tradutor ao castelán, 'Kraus criticaba que os escritores
ían ao arquivo para zafarse e nom servir no exército, e ao mesmo tempo
dedicábanse a escribir propaganda para mandar a outros ás liñas de combate'.
pero é
difícil saber ata que punto os escritos de Zweig se contaxiaron daquel súbito
entusiasmo bélico das principais capitais europeas a partir de agosto de 1914.
en parte porque moitos dos seus textos nom se asinaban, tanto os do Arquivo da
Guerra como os artigos que enviaba a Neue
Freie Presse, e en parte porque o propio Zweig, con seu silencio posterior,
e os editores das súas obras completas, expurgadas, encargáronse de borrar as
trazas. sem embargo, quedan os seus diarios e a vergoña dos seus lectores.
Acantilado
publicou en 2016 unha biografía de Kafka escrita po
Reiner Stach. nela consta que o 2 de agosto de 2014, Kafka anotou no seu
diario, 'Alemaña declara a guerra a Rusia. pola tarde, escola de natación'. as
anotacións de Zweig, nom obstante, eran máis comprometidas. e, lidas hoxe,
comprometedoras. 'Liexa asaltada: primeiro en van, logo con éxito polos
alemáns, unha acción heroica', escribe Zweig o 7 de agosto.
cando
os alemáns apresan a miles de franceses en Metz, anota: 'cun valor único, un
séntese orgulloso de falar alemán'. os serbios son 'hordas'; pola conta,
afundir tres cruceiros ingleses con 2000 militares a bordo 'un acto heroico de
cautela e ousadía'. a censura fai estragos pero el celebra as cifras oficiais:
'vivir este día ten sido en verdade fermoso, alégrome xa pensando en mañá,
fálase de cen mil prisioneiros'. os civís executados son o merecido correctivo
ao 'lixo que supura'.
escritores
pasaron moitos polo Arquivo da Guerra mais, incluso unha vez dentro daquel
cuartel amarelo por fóra e branco por dentro situado na Stiefgasse, houbo quen
se resistiu ou foi incapaz de escribir propaganda. como Rilke, que acabou separado
do grupo subliñando, literalmente, balances e listaxes con nomes de soldados.
Kraus
nunca lle perdoou a Zweig a súa ambivalencia. anos despois, nun artigo onde
destripaba o preciosismo verbal de Zweig, describíao como 'un dos falabarato
máis representativos da cultura europea'.
Edward Timms, que leu os diarios
de Zweig antes de publicar unha biografía de Kraus, considerou que tamén
reflectían que no fondo 'se sentiu horrorizado ante a guerra' pero critica a
súa falta de valentía. 'Zweig era un pacifista que carecía da carraxe para
manter as súas propias conviccións', escribiu Timms en Karl Kraus, satírico apocalíptico: cultura e catástrofe na Viena dos
Habsburgo (La Balsa de la Medusa, 1986).
'a
totalidade dos seus escritos propagandísticos foi camuflada polos editores das
súas obra completas' segundo Timss e os diarios nom se editan en España, nim
tampouco a súa correspondencia con Romain Rolland.
pero o
caso é que a influencia de Zweig é tan global que xa serve para unha cousa e a
contraria, para o cosmopolitismo progresista de a morte da verdade, de Michiko
Katutani, mais tamén para o mal disimulado nacionalismo do columnista
conservador Douglas Murray en The Strange Death of Europe, onde a que
se suicida directamente é Europa, oportunamente empurrada pola tríada de inmigración, identidade, Islam, que
serve de subtítulo ao libro.
@xindiriz