Eugene Nida durante unha conferencia Vic, Catalunya, 1996 wikipedia.es |
a
tradución ten oscilado sempre entre a literalidade e a interpretación ad sensum, segundo o seu sentido. os
textos relixiosos case sempre se teñen traducido ad verbum, pois, por definición, a 'palabra de Deus' nom pode
someterse a interpretación. Tyndale,
Dolet, Encinas e moitos outros pagaron coa vida a ousadía de traducir os
textos bíblicos de xeito que se entenderan.
desde
mediados do XX tense producido unha verdadeira revolución, pois nom só nom se
queima a ninguén por traducir a Biblia,
senón tampouco por facelo de xeito que o vulgo poida entender o seu discurso (inda
que nom os seus arcanos). centos e ata miles de millóns de habitantes do
planeta poden ler hoxe ese libro na súa propia lingua, inda que ignoren que é,
en gran parte, grazas ao empeño dun home do que seguramente nunca oíron falar, Eugene Nida (Oklahoma, 1914 - Madrid,
2011).
formado
en linguas clásicas, teoloxía e lingüística e ordenado sacerdote baptista,
pronto se cuestionou por que, se o Novo Testamento se escribiu en koiné, a lingua común grega, a súa
versión nas linguas contemporáneas se envolvía nunha linguaxe rancia, huera e a
miúdo inintelixíbel.
estivo a
cargo das traducións da Bible Society of
America, durante medio século e formou a tradutores nativos de case 200
linguas, sobre todo do III Mundo, para ofrecer traducións adaptadas ás súas
culturas.
entrelazando
disciplinas (lingüística, sociosemiótica, antropoloxía, lexicoloxía, teoría da
comunicación), Nida establece o principio da 'equivalencia dinámica (ou
funcional)', é dicir, o equilibrio entre a comprensión do contexto do orixinal
e o seu correlato na lingua traducida, tendo sempre en conta os parámetros
culturais do lector.
segundo
este principio, a tradución correcta nalgunhas linguas africanas de 'ama ao Sr
con todo o teu corazón' sería 'ama ao Sr con todo o teu fígado', xa que os seus
falantes sitúan neste órgano a sé dos sentimentos. para algúns fundamentalistas
isto é anatema e teñen tachado a Nida ata de herexe.
a
puxanza das teorías de Nida e o seu intenso labor de campo nom só beneficiaron
as linguas indíxenas ou minoritarias, algunhas das cales se alfabetizaron ou
puideron forxar certas identidades (como o fenómeno da teoloxía da liberación),
senón que marcaron tamén a tradución da Good
News Bible (1976), realizada en inglés para lectores nom nativos, que ten
superado os 200 millóns de exemplares.
propiciou
a edición dos textos hebreo e grego de ambos Testamentos (publicados polas
Sociedades Bíblicas Unidas), inigualábeis polas súas exhaustivas exexeses e
imprescindíbeis hoxe para calquera tradutor da Biblia. como é o dicionario bíblico semántico que deseñou
co mesmo fin.
durante
medio século visitou 80 países, impartindo conferencias e seminarios, escribiu
40 libros (entre eles obras capitais como towards
a Science of Translating e, con Charles Taber,
the Theory and Practice of Translation)
e numerosos artigos, sempre nun estilo claro, simple e conciso. fundou dúas
revistas, Practical Anthropology e the Bible Translator.
pronto se
viu que a súa idea de tradución era aplicábel a calquera tipo de textos e por
iso foi adaptada de mil maneiras. pero por encima de todas as teorías da
tradución destaca a súa, inconfundíbel e clara.
escribiu
que 'aos mellores tradutores sóbranlle todas as teorías'. para el a tradución
nom era unha teoría, mais si oficio, artesanía. contaba que, cando o seu equipo
estaba a traducir a Biblia en Xapón, preguntáronlle: 'e se agora se entende,
que farán os predicadores?'.
era un
gran pensador da tradución mais tamén un home moi xeneroso, bondadoso, sinxelo,
cortés, que cultivaba rosas no seu xardín e amizades por onde ía. falaba
castelán, que aprendeu en México, e outra media ducia de linguas. morreu horas
antes de recibir as probas do seu último libro.
tradución e adaptación por @xindiriz
texto
orixinal publicado por POLLUX HERNÚÑEZ en el país, 2011
Ningún comentario:
Publicar un comentario