capa da reedición en inglés |
Mark
Twain, 1867
as rapazas boas non deberían facer pucheiros aos seus profesores por cada
pequena ofensa. Só se debería recorrer a esta represalia baixo circunstancias
especialmente graves
se non tes máis que unha boneca farrapenta rechea de serraduras, mentres
que unha das túas ‘compas’ de xogos, máis afortunada, ten unha cara de
porcelana, deberías, sen embargo, tratala con marcada amabilidade. E non
deberías tentar forzala a cambialas a non ser que a túa conciencia cho xustifique,
e saibas que es quen de facelo
nunca deberías quitarlle á forza a goma de mascar ao teu irmanciño; é
mellor engaiolalo coa promesa dos dous primeiros dous dólares e medio que
atopes flotando no río enriba dunha pedra de afiar. Coa simpleza inocente connatural
a estas idades, considerarao unha transacción perfectamente xusta. En todas as épocas
do mundo esta ficción eminentemente plausible ten atraído o infante obtuso á
ruína e desastre financeiros
se a calquera hora ves necesario corrixir a teu irmán, non o fagas con lama
– nunca, baixo ningunha circunstancia, lle botes lama, porque lixaraslle a
roupa. É mellor escaldalo un chisco con auga quente, pois deste xeito obterás o
que desexas. Asegúraste a súa atención inmediata ás leccións que lle estás a
inculcar, e ao mesmo tempo a auga quente tenderá a eliminar as impurezas da súa
persoa, e posiblemente a pel, a tiras
se túa nai che manda facer algo, equivócaste ao negarte. É mellor e máis
atractivo facerlle entender que farás como che di, e logo actuar tranquilamente
na materia segundo os ditados do teu mellor xuízo
sempre deberías ter presente que é aos teus amables proxenitores a quen
debes a túa comida, ou o privilexio de quedar en casa cando deixas caer que te
atopas mal. Polo tanto, deberías respectar os seus pequenos caprichos, e rirlle
algo as grazas, e soportar as súas pequenas pexas ata que se comecen a exceder
as rapazolas boas sempre deberían ter especial deferencia cara a xente de
idade. Nunca deberías ‘ser pillabana’ con eles a menos que eles ‘sexan pillabáns’
primeiro
tradución mala: @xindiriz
[©] lalín 2014
wikipedia (english)
Ningún comentario:
Publicar un comentario