soñando contigo
a luz neste lugar é realmente mala – coma estar no fondo dun regato – en calquera instante – sei que espertarei dun soño
significa tanto, a caricia máis suave – a carón da tumba dun neno, que nin chorou nin sorriu – considerei a mina fe baixo a choiva – soñei contigo, – é todo o que fago – e está a volverme tolo
nalgures rompe o día – raiolas polo chan – campás de igrexa soando – a saber por quen
nalgures rompe o día – raiolas polo chan – campás de igrexa soando – a saber por quen
viaxa baixo unha estrela – verasme onde queira que esteas – o pasado sombrío esperto e tan vasto – durmo no pazo da dor – estiven a soñar contigo – é todo o que fago – e está a volverme tolo
igual me pillan, – igual non – pero sexa o que sexa non será esta noite – oxalá a túa man estivera na miña agora – poderiamos ir onde a lúa é branca
durante anos tivéronme preso nunha gaiola – logo tiráronme enriba do escenario – algunhas cousas simplemente duran máis do que pensabas que farían – e nunca, nunca o explican – estiven a soñar contigo – é todo o que fago – e está a volverme tolo
vale, como cando teño fame, bebo coa sede – vivo unha vida honrada – incluso se me cae a carne da cara – non importa, sempre e cando esteas aí
síntome coma unha pantasma namorada – baixo os ceos – síntome máis lonxe que nunca – sinto que levei a cousa alén do que podo – soñar contigo é todo o que fago – pero está a volverme tolo
todo o que atopo brilla tanto hoxe – un solpor raro e distinto – espirais de vaguidade dourada – aquí e alí lapas – como raiolas de luz na tronada
igual estiveches aquí e igual non – igual tocaches a alguén e queimouse – o sol silencioso fixo que botara a correr – furando un burato no meu cerebro – estou a soñar contigo, é todo o que fago – pero está a volverme tolo
Ningún comentario:
Publicar un comentario