venres, 27 de abril de 2012

himno nacional búlgaro


KOSTADINKA PLAMENOVA ATANASOVA

Мила родино                                     
Горда Стара планина,
до ней Дунава синей,
слънце Тракия огрява,
над Пирина пламеней.
Припев:
Мила Родино,
ти си земен рай,
твойта хубост, твойта прелест,
ах, те нямат край.
Querida patria
Orgullosa Montaña Vella,
a carón do Danubio azul,
Sol ilumina Tracia,
brillando sobre o Pirin.
Estribillo:
Querida Patria,
es un paraíso terrenal,
a túa beleza e o teu encanto,
ah, non teñen fin. (bis)



Mosteiro de Rila (Рилски Манастир, Rilski Manastir) foi fundado no século X por Xoán de Rila (cortesán búlgaro coñecido como Iván Rilski), un ermitaño, canonizado pola igrexa ortodoxa. O monasterio está situado nas Montañas Rila, na parte occidental de Bulgaria (uns 120 kilómetros de Sofía, a capital) nun sitio espectacular no fondo val do rí­o Rilski.


As igrexas ortodoxa (por exemplo, Alexander Nevski -versión en búlgaro-) son moito máis bonitas que as católicas. Usan cúpulas e abondan as liñas curvas; así crean moita máis sensación de estar nun espacio aberto. As católicas e protestantes (a súa configuración crea liñas que dirixen as miradas cara o púlpito).

podemos contribuír coas versións galegas dos artigos que inda non existen

mércores, 4 de abril de 2012

solución á proposta "dreamin' of you"

grazas á laxeirana ana santorum martínez

soñando contigo

a luz neste lugar é realmente mala – coma estar no fondo dun regato – en calquera instante – sei que espertarei dun soño
significa tanto, a caricia máis suave – a carón da tumba dun neno, que nin chorou nin sorriu – considerei a mina fe baixo a choiva – soñei contigo, – é todo o que fago – e está a volverme tolo

nalgures rompe o día – raiolas polo chan – campás de igrexa soando – a saber por quen

viaxa baixo unha estrela – verasme onde queira que esteas – o pasado sombrío esperto e tan vasto – durmo no pazo da dor – estiven a soñar contigo – é todo o que fago – e está a volverme tolo

igual me pillan, – igual non – pero sexa o que sexa non será esta noite – oxalá a túa man estivera na miña agora – poderiamos ir onde a lúa é branca

durante anos tivéronme preso nunha gaiola – logo tiráronme enriba do escenario – algunhas cousas simplemente duran máis do que pensabas que farían – e nunca, nunca o explican – estiven a soñar contigo – é todo o que fago – e está a volverme tolo
vale, como cando teño fame, bebo coa sede – vivo unha vida honrada – incluso se me cae a carne da cara – non importa, sempre e cando esteas aí

síntome coma unha pantasma namorada – baixo os ceos – síntome máis lonxe que nunca – sinto que levei a cousa alén do que podo – soñar contigo é todo o que fago – pero está a volverme tolo

todo o que atopo brilla tanto hoxe – un solpor raro e distinto – espirais de vaguidade dourada – aquí e alí lapas – como raiolas de luz na tronada

igual estiveches aquí e igual non – igual tocaches a alguén e queimouse – o sol silencioso fixo que botara a correr – furando un burato no meu cerebro – estou a soñar contigo, é todo o que fago – pero está a volverme tolo