A Rúa
H. P. Lovecraft
H. P. Lovecraft
Hai quen di que as cousas e os lugares teñen ánima,
hai quen di non a teñen. Eu non me atrevo a dicir nada, pero contareivos algo sobre
a Rúa.
Homes
de fortaleza e honor deseñaron a Rúa, homes bos e valentes da nosa liñaxe que
viñeran das Illas Benditas cruzando o mar. No principio non era máis que un
sendeiro pisado polos que ían dende a fonte do bosque ata a man de casas a
carón da praia. Logo, a medida que chegaban máis homes á crecente man de casas
buscando sitios onde morar, construíron cabanas ao longo do lado norte; cabanas
de sólidos troncos de carballo con albanelería cara o bosque, xa que alí espreitaban
moitos indios con frechas de lume. E nuns poucos anos, os homes construíron
cabanas no lado sur da Rúa.
Arriba e abaixo da
Rúa camiñaban homes graves con sombreiros cónicos, que a maior parte do tempo
levaban mosquetes e armas de caza. E tamén estaban as súas mulleres con boneta
e os seus sobrios fillos. Pola noite estes homes coas súas mulleres e fillos
sentábanse onde xigantescos fogares a ler e falar. Moi simples eran as cousas
das que lían e falaban, que sen embargo lles proporcionaban carraxe e bondade e
lles axudaban durante o día a subxugar o bosque e arar os campos. E os nenos
escoitaban, e aprendían as leis e feitos de antano, e da querida Inglaterra que
nunca viran, ou non podían lembrar.
Houbo unha guerra, e despois
os indios non volveron molestar a Rúa. Os homes, ocupados co traballo, prosperaron
e foron tan felices como era posible. E os nenos medraron sen problemas, e viñeron
máis familias da Patria Nai a morar na Rúa. E os fillos dos fillos, e os fillos
dos recen chegados medraron. A vila era agora unha cidade, e unha a unha as
cabanas deixaron paso a casas; casas sinxelas e fermosas de ladrillo e madeira,
con chanzos de pedra e barandas de ferro e montante en abano sobre as portas.
Non eran creacións fráxiles estas casas, xa que as construíran para que
serviran a moitas xeracións. Dentro tiñan chemineas esculpidas e graciosas
esqueiras, mobles agradables e con gusto, porcelana e vaixelas de prata traídas
da Patria Nai.
Ningún comentario:
Publicar un comentario