xoves, 26 de maio de 2011

solución á proposta "whiskey in the jar"

ía polas montañas de Cork e Kerry - e vin ao capitán Farrell contando os seus cartos - primeiro tirei de pistola e logo de estoque - e dixen, "a bolsa ou a vida ou que o demo te leve"


collinlle todos os cartos e era unha boa morea - collinlle todos os cartos, si oh, e leveillos a casa a Molly - xurou que me amaba, non, nunca me ía deixar - pero que o demo leve a esa muller, si, pois saberás que me enganou coma un parvo


moita chuvia bum-ba-bá-bum-ba-bú - como cha xogaron meu vello - como cha xogaron meu vello - hai whiskey na xarra


bébedo e esgotado funme ao cuarto de Molly - leveina comigo pero non sospeitaba o perigo - xa que a iso das seis ou quizás as sete, si, entrou o capitán Farrell - din un chimpo, disparei e baleireille os cargadores


a algúns homes gústalles a pesca pero a outros a caza - a algúns gústalles oír, oír ruxir a bola de canón - pero a min, a min gústame durmir, especialmente no cuarto da miña Molly - pero aquí estou na prisión, aquí estou cunha bola e unha cadea, si

luns, 23 de maio de 2011

proposta de traballo "social networking"

as enquisas recentes sobre a zona de Deza afirman que a maior parte das mozas e mozos da comarca están presentes nunha ou máis redes sociais. Coma calquera outro tema deberiamos ter presentes as vantaxes que proporcionan para as nosas vidas, tendo coidado cos seus perigos, nalgúns casos moi serios. Neste sentido ofrecémosvos información e propoñemos un texto sobre o que traballar. Esta é unha proposta contextualizada por raquel.

venres, 20 de maio de 2011

sesión de traballo 7/2011

luns 23 de maio logo das aulas da tarde, cansos de finde e de curso, tentaremos traducir 'whiskey in the jar' nalgures preto dun ordenador; tamén programaremos o final do obradoiro por este curso e pararémonos a pensar que podemos facer o ano que ven; máis nada.

luns, 16 de maio de 2011

solución á proposta The Street

A Rúa
H. P. Lovecraft


Hai quen di que as cousas e os lugares teñen ánima, hai quen di non a teñen. Eu non me atrevo a dicir nada, pero contareivos algo sobre a Rúa.

      Homes de fortaleza e honor deseñaron a Rúa, homes bos e valentes da nosa liñaxe que viñeran das Illas Benditas cruzando o mar. No principio non era máis que un sendeiro pisado polos que ían dende a fonte do bosque ata a man de casas a carón da praia. Logo, a medida que chegaban máis homes á crecente man de casas buscando sitios onde morar, construíron cabanas ao longo do lado norte; cabanas de sólidos troncos de carballo con albanelería cara o bosque, xa que alí espreitaban moitos indios con frechas de lume. E nuns poucos anos, os homes construíron cabanas no lado sur da Rúa.

Arriba e abaixo da Rúa camiñaban homes graves con sombreiros cónicos, que a maior parte do tempo levaban mosquetes e armas de caza. E tamén estaban as súas mulleres con boneta e os seus sobrios fillos. Pola noite estes homes coas súas mulleres e fillos sentábanse onde xigantescos fogares a ler e falar. Moi simples eran as cousas das que lían e falaban, que sen embargo lles proporcionaban carraxe e bondade e lles axudaban durante o día a subxugar o bosque e arar os campos. E os nenos escoitaban, e aprendían as leis e feitos de antano, e da querida Inglaterra que nunca viran, ou non podían lembrar. 

Houbo unha guerra, e despois os indios non volveron molestar a Rúa. Os homes, ocupados co traballo, prosperaron e foron tan felices como era posible. E os nenos medraron sen problemas, e viñeron máis familias da Patria Nai a morar na Rúa. E os fillos dos fillos, e os fillos dos recen chegados medraron. A vila era agora unha cidade, e unha a unha as cabanas deixaron paso a casas; casas sinxelas e fermosas de ladrillo e madeira, con chanzos de pedra e barandas de ferro e montante en abano sobre as portas. Non eran creacións fráxiles estas casas, xa que as construíran para que serviran a moitas xeracións. Dentro tiñan chemineas esculpidas e graciosas esqueiras, mobles agradables e con gusto, porcelana e vaixelas de prata traídas da Patria Nai.