domingo, 4 de xuño de 2023

Christiane Nord: 'sempre van facer falta tradutores humanos'


Christiane Nord
é unha das figuras máis destacadas no mundo da tradución e a traductoloxía. as súas contribucións durante as últimas catro décadas gozan de amplo recoñecemento e o seu traballo ten sido fundamental para construír a perspectiva actual do enfoque funcionalista da tradución.

p: ten contado que o seu amor polas linguas e a tradución nace na casa, nun fogar políglota no que se cambiaba dun idioma a outro dependo dos fins e das situacións. foi así como se interesou por traducir, pero tamén por reflexionar sobre a tradución?

r: a miña familia era alemá e todos falaban alemán. pero meus pais ás veces usaban o inglés cando nom querían que lles entenderamos. cando adquirimos certo nivel de inglés tiveron que botar man do francés, mais meu pai nom o falaba tan ben e nós riámonos cos seus intentos. a verdadeira raíz do meu amor pola tradución é que miña nai era tradutora de italiano e inglés, formada en Heidelberg durante a IIGM. cando eu era nena ensinábame frases en inglés ou pequenas cancións en italiano. da vocación de miña nai nace o meu amor polas linguas e a tradución.

p: de onde nace o seu amor pola lingua e literatura española?

r: xa que miña nai traducía de italiano e inglés eu considerei que tiña que optar por algo diferente. tiña unha amiga da secundaria coa que me apuntaba a calquera curso de idiomas, e apuntámonos nun curso de español impartido por un dos primeiros inmigrantes españois en Alemaña que se chamaba Julio. por 'amor' a Julio aprendimos español [risas], que logo elixín como primeira lingua estranxeira na formación universitaria, co inglés como segunda lingua. como podes ver, moi sinxelo.

p: que lle fixo dedicarse á investigación?

r: ao acabar os estudos de tradución, cando tiña 24 anos, tiven os dous fillos e nom tiña tempo para dedicarme a moito máis que ás 16 horas de clase da universidade, os fillos, a casa, e o can (e o marido, claro está). de xeito que a investigación nom estaba nos meus plans e isto molestaba moito a Katharina Reiss, a miña mentora, que pensaba que este debía ser o meu futuro. sen embargo, cando o menor dos nenos comezou a escola entrei nunha verdadeira crise persoal. isto coincidiu coas miñas aulas no Instituto de Románicas da Universidade de Heidelberg. como terapia comecei o doutorado en Lingüística e Literatura Hispánica, que finalicei cunha tese doutoral sobre os neoloxismos no español contemporáneo na prensa. así, logo de tres anos de investigación xa nom podía parar de investigar. logo traballei no libro sobre análise de texto na tradución, e ata hoxe.

p: vostede ten compaxinado a investigación teórica coa docencia e a formación de tradutores, que papel xoga a investigación na actividade de traducir e como pode un tradutor beneficiarse ante os retos que lle supón na actualidade a práctica profesional?

r: o tradutor profesional en activo, inda que tivera tempo, nom ten que investigar pero o docente da tradución si debe facelo, inda que para min a investigación sempre ten estado ao servizo da docencia.

eu nom son estritamente teórica, son unha persoa que quizás sabe aplicar as teorías doutros e usalas para a docencia. os resultados da investigación aplícanse á docencia. claro que ás veces o tradutor ten que facer unha pequena investigación para buscar información e solucionar problemas de tradución, mais nom se trata de “investigar”, mais dunha actividade suplementaria na súa vida profesional.

p: xunto co seu marido, o teólogo Klaus Berger, traduciron textos de A Biblia. ata entón, a versión de Lutero considerábase unha autoridade, un texto fundamental para a Reforma que serviu para estandarizar a lingua alemá. cales son as complexidades da tradución bíblica, e como entende a necesidade de interpretar o texto na mesma?

r: as complexidades son varias. nós ofrecemos unha tradución diferente á tradicional de Lutero en alemán para acercar o texto ao público actual e nom todo o mundo soubo entendelo. algúns foron moi críticos coa nosa proposta. traducimos do grego os textos orixinais, mais os textos apócrifos, que tamén incluímos na nosa tradución, os temos traducido do grego, latín, hebreo, árabe, siríaco e copto. Klaus estudou estes idiomas na mocidade, mentres eu tiña un latín bastante bo e algún coñecemento de grego. pero do resto das linguas, quizás só sabía dúas ou tres palabras. así que el interpretaba o texto orixinal e eu ocupábame de darlle unha forma comprensíbel en alemán.

a nosa estratexia foi o que eu na miña tipoloxía de traducións denomino unha tradución ‘exotizante’. nom é unha tradución palabra por palabra nim literal nim filolóxica. é un proceso que documenta a alteridade do mundo que os textos presentan, trata de construír unha ponte para que o lector de hoxe entenda ese outro mundo. mais nom por medio de notas ao pé, nim glosarios nim metatextos; o obxectivo é facilitar unha lectura fluída. se usas notas, o esforzo de procesar o texto é dobre, porque tes un texto principal e outro que o explica. o máis probábel é que nom se lea todo, omitiranse as notas aparte e entón o texto resultará incomprensíbel, nom se lerá. por iso me opoño ao uso de notas con valor metatextual para explicar o texto, porque hai outras formas de compensar isto no propio texto, dependendo do que se queira conseguir.

p: que oportunidades ofrece un campo como a tradución aplicada ao comercio internacional ou a mediación intercultural para observar en vivo as competencias da teoría funcionalista?

r: o modelo funcionalista de ver a tradución fainos adaptarnos aos diferentes contextos, é un xeito de enfocar a tradución como actividade, dirixida a un público determinado e a unha finalidade determinada. esta perspectiva é útil neste contexto, ao adaptarnos aos diferentes mercados. o comercio e a mediación ofrecen grandes volumes de traballo. desde o punto de vista da tradución se nom traballas traducindo con inglés, hai, por exemplo, moito contido do campo da tecnoloxía ou a informática, mentres que o español tradúcese tamén moito no comercio internacional.

p: antes de dedicarse á investigación chegou a declarar que se identificaba, ante todo, como docente. na súa carreira advirte ademais un interese por formar ao formadores.

r: nunca me teño dedicado por enteiro á investigación, a miña investigación sempre estivo dirixida á docencia: como podo ensinar aos mozos e mozas a facer boas traducións? cando comecei coa docencia, tiña case a mesma idade que os meus estudantes e nom era unha figura docente de autoridade. tiña vivido formas de ensinar a tradución centradas no criterio superior do docente sobre o que está ben ou mal. en cambio, eu precisaba certa xustificación teórica para poder explicar de xeito crítico as razóns polas que algo se di dun xeito concreto ou nom. se se desexa unha boa calidade docente, hai que formar aos formadores. nas miñas visitas a diferentes universidades do mundo, teño comprobado que a docencia nom ten mudado demasiado respecto ao que eu “sufrín” hai sesenta anos: o profesor di como se traduce algo segundo o seu criterio e espera que o alumno o repita sen máis. se queremos que cambie algo, temos que formar aos formadores.

p: pasemos a falar de interpretación. a aplicación da teoría funcionalista á interpretación simultánea por parte de Franz Pachhacker brinda a oportunidade aos docentes de interpretación de beneficiarse dun marco conceptual con moitas vantaxes pedagóxicas. parécelle que a teoría funcionalista podería aproveitarse máis no ámbito da interpretación?

r: a teoría funcionalista préstase especialmente a ser aplicada en interpretación e por iso a suxestión de moitos autores desta corrente, entre os que me inclúo, de comezar a aprendizaxe da tradución pola interpretación. porque na interpretación está moito máis explícito e máis visíbel que se interpreta para alguén e para un determinado fin que en tradución, onde os textos se atopan sen o seu entorno natural. en interpretación, a aplicación da teoría funcionalista está inda nos seus inicios. en interpretación de conferencias quizás nom ten suposto a revolución que ocasionou o enfoque funcionalista cando apareceu por primeira vez en tradución.

p: vostede ten sido pioneira en Europa na institucionalización da formación de novas modalidades de interpretación como a interpretación social, a interpretación médico-sanitaria, e a interpretación nos tribunais nunha titulación de licenciatura na Universidade de Ciencias Aplicadas de Magdeburgo. como ve a situación da interpretación en Europa?

r: debo dicir que Christiane Driesen foi quen realmente iniciou este programa que agora imparte. un dos argumentos máis sólidos para a institucionalización da formación deste tipo de interpretación foi que nom existía. é o primeiro programa dese tipo en Alemaña. sen embargo, para os graduados está resultando difícil atopar traballo porque o mercado de traballo neste campo nom está inda concienciado, nim en hospitais nim en tribunais. inda queda un longo camiño por percorrer, pero se nom comezamos, nom avanzaremos. a miña tarefa consistiu en aproveitar os fondos ofrecidos polo DAAD (Servizo Académico de Intercambios Alemán) e realicei as tarefas de xestión. o programa funciona moi ben pero é mérito de Driesen.

desexaría comentar que temos en Magdeburgo un programa de interpretación da lingua de signos e gustaríanos crear un programa conxunto, e nom se sabe, quizás no futuro se podería ofrecer a lingua de signos como lingua de interpretación de tribunais. tamén desexamos lanzar un Euromaster de interpretación de conferencias.

p: que faceta profesional lle resulta máis gratificante: a investigación, a docencia ou a tradución?

r: en realidade son docente en corpo e alma, e toda a miña investigación está e ten estado orientada cara a docencia. nunca tivera sido quen de facer investigación que nom tivera relación coa docencia. de feito, a tradución mesma é moi recente, o proxecto de tradución do Novo Testamento con Klaus e outros máis que agora temos. nesta nova etapa da miña vida a tradución vai a ter un papel máis importante que nunca.

p: nos últimos meses ten reaparecido o debate en torno ao protagonismo crecente na sociedade de sistemas de intelixencia artificial, con gran impacto na tradución tamén, en canto á calidade e a precisión dos textos que produce a máquina ou as condicións de traballo máis precarias do profesional. ten seguido estas discusións? cal debe se a postura do tradutor ante estes avances?

r: como tradutores debemos insistir no que como profesionais humanos podemos facer de xeito diferente aos sistemas informáticos, o valor que aportamos. os sistemas poden axudarnos moito mais sempre van facer falta tradutores humanos. hai 60 anos, cando eu era estudante, xa nos dicían que nos quedariamos sen emprego pola tradución automática, mais nom ten sido así.

no referido á posedición [edición ou corrección humana de textos traducidos de xeito automático], se nom hai unha boa comprensión do texto orixinal, unha revisión formal nom vai servir de moito. e isto é algo que tamén hai que ensinar: a máquina nom entende o texto, só o procesa. os sistemas informáticos, como as memorias de tradución, traducen segmentos. Igualmente, por moito que fagas posedición nom resultará nun texto bo, porque a máquina traduce unidades fragmentadas. hai pouco ensináronme uns textos traducidos por ChatGPT e os resultados son aparentemente fabulosos. pero para unha boa tradución, requírese un tradutor humano.

p: os enfoques funcionalistas (traducir cun propósito comunicativo real en mente) encaixan de xeito natural no contexto da tradución de marketing e a transcreación, onde as marcas aspiran a conectar cos códigos e contextos culturais do consumidor meta. que implicacións ten iso para o tradutor?

r: nom creo na globalización total. as culturas seguen a ser sendo diferentes entre si. por exemplo, se unha persoa de Xordania lle di a alguén de Alemaña algo en inglés, as culturas de referencia seguen a ser a xordana e a alemá. a lingua nom porta a cultura. no caso do marketing é un fenómeno moi claro. empresas como Volkswagen teñen lanzado campañas adaptadas aos diferentes mercados, sen tratarse de traducións. para iso contratábanse axencias locais en cada país, desenvolvíanse novas campañas adaptadas. houbo un tempo en que, para aforrar cartos, trataron de usar traducións, mais viron que o resultado era un fracaso. chamamos a isto transcreación? é difícil definir o límite entre a tradución e a transcreación. eu creo que o funcionalismo inclúe formas de tradución que lindan coa creación textual. pero nalgúns casos, se hai un texto orixe, chamalo transcreación porque nom sexa un tradución literal nom me parece moi adecuado, estariamos producindo unha tradución para un determinado público, simplemente.

no referente ás implicacións éticas da tradución, é unha cuestión relacionada coa visibilidade do tradutor. por exemplo, se o tradutor pode explicar como ten traducido un texto nun prólogo, e por que a súa tradución quizá é diferente do que determinados lectores esperaban, entón creo que é un posicionamento ético que me permite explorar cousas novas. por exemplo, no caso da tradución de A Biblia, se só podo traducir como o fixo Lutero no XVI, entón nom haberá ningún progreso. en 1999, alguén deixou unha mensaxe no noso contestador telefónico dicíndonos que “iamos arder no inferno por ter falsificado a palabra de Deus”. pero a Biblia á que esta persoa era autoría de Lutero, nom de Deus!.

este texto é o resultado de combinar e traducir dúas entrevistas realizadas a Christiane Nord: unha (Sendebar, 16 - 2005: pp 251-253) realizada por Emilia Iglesias Fernández, profesora da UGR en 2005 e outra cuxo texto orixinal foi publicado en upo.es con data de 26maio2023. composición e tradución mala responsabilidade de @xindiriz.

sábado, 3 de xuño de 2023

big deal

o Big Data nom só aparece a xeito de Big Brother, mais tamén de Big Deal. o Big Deal é, ante todo, un gran negocio. os datos persoais capitalízanse e comercialízanse por completo. hoxe trátase aos homes coma se fosen paquetes de datos susceptíbeis de ser explotados economicamentee e comérciase con eles. deveñen mercadoría. o Big Brother e o Big Deal alíanse. Estado vixía e mercado fusiónanse.

a empresa de datos Acxiom comercia con datos persoais de aproximadamente 300 millóns de cidadáns estadounidenses; é dicir, practicamente todos. Acxiom sabe máis dos cidadáns estadounidenses que o FBI. nesta empresa, os individuos son agrupados en 70 categorías. ofrécense no catálogo coma mercadorías. aqueles cun valor económico escaso son denominados waste; é dicir, lixo. os consumidores cun valor de mercado superior atópanse no grupo Shooting star. estes son dinámicos, de 36 a 45 anos, levántanse cedo para facer footing, nom teñen fillos, están casados, gústalles viaxar e a serie Seinfeld.

o Big Data da lugar a unha sociedade de clases dixital. os individuos que son clasificados na categoría "lixo" pertencen á clase máis baixa. a aqueles cunha puntuación baixa denéganselle os créditos. ademais do panóptico, entra en xogo o Bannoptikum. o panóptico vixía os residentes recluídos no sistema. o Bannoptikum é un dispositivo que identifica as persoas desafectas ou hostís ao sistema como nom desexadas e exclúeas. o panóptico clásico serve para disciplinar. o Bannoptikum ocúpase da seguridade e eficiencia do sistema.

o Bannoptikum dixital identifica aos homes sen valor económico como lixo. o lixo é algo que hai que eliminar, "son superfluos, lixo humano, os rexeitados da sociedade, nunha palabra: ciscallo. ciscallo é todo o que nom é útil. aos montóns de ciscallo pertence todo o que é insalvábel, inutilizábel. de feito, a contribución máis significativa que pode facer o ciscallo é lixar e bloquear os espazos que, doutro xeito, poderíanse utilizar para xerar beneficios. o fin último do Bannoptikum é asegurarse de que o ciscallo é separado do produto valioso e arrombado para ser transportado ao vertedoiro de lixo".

Big Data tritt heute nicht nur in Form von Big Brother, sondern auch von Big Deal auf. Big Data ist zunächst ein großes Geschäft. Die persönlichen Daten werden restloss monetarisiert und kommerzialisiert. Menschen werden heute als Datenpakete gehandelt und behandelt, die sich ökonomisch ausbeuten lassen. So werden sie selbst zur Ware. Und Big Brother und Big Deal verbünden sind. Überwachungsstaat und Markt fallen in eins.

Die Daten-Firma Acxiom handelt mit persönlichen Daten von rund 300 Millionen US-Bürgern, also von beinahe allen, Acxiom weisst inzwischen mehr über die US-Bürger als das FBI. bei Acxiom werden Menschen in 70 Kategorien eingeteilt. Im Katalog werden sie wie Waren angeboten. Für jeden Bedark gibt es etwas zu kaufen. Meschen mit einem niedrigem ökonomischen Wert werden dabei als "waste", also als "Müll" bezeichnet. Konsumenten mit höherem Marktwert finden sich in der Gruppe "Shooting Star". mit 36 bis 45 sind sie dynamisch, stehen zum Joggen früh auf, haben keine Kinder, sind aber verheiratet, machen gerne Reisen und schauen die Fernsehserie Seinfeld.

Big Data lässt eine neue digitale Klassengesellschaft entstehen. Menschen, die in die Kategorie "Müll" eingeordent sind, gehören in die unterste Klasse. Meschen mit schlechtem Scorewert wird die Kreditvergabe verweigert. So tritt neben das Panoptikum ein "Bannoptikum". Das Panoptikum überwacht die eingeschlossenen Insassen des Systems. Das Bannoptikum ist dagegen ein Dispositiv, das die systemfernen oder systemfeindlichen Personen als unverwünscht indentifiziert und ausschließt. Das klassische Panoptikum dient der Disziplinierung. Das Bannoptikum sorgt dagegen für Sicherheit und Effizienz das Systems.

Das digitale Bannoptikum idenfiziert Menschen, die ökonomisch wertlos sind, als Müll. Der Müll ist etwas, was beseitigt werden muss: "Sie sind überflüssig, Menschlicher Müll, die Verworfenen der Gesellschaft - mit einem Wort: Abfall. 'Aball' ist der Inbegriff des Unnutzens; 'auf den Abfallhaufen' gehört alles, was unrettbar unbrauchbar ist. Tatsächlich besteht der bedeutendste Beitrag, den Abfall zu leisten vermag, darin, dass er Räume verschmutzt und blockiert, die andernfalls nutzbringend eingesetzt werden könnten. Der oberste Zweck des Bannoptikums ist es, sicherzustellen, dass der Abfall von 'wertigen' Produkt getrennts und für den Transport auf die Müllkippe beiseite gelegt wird". (Z. Baumann & D. Lyion. Daten, Drohnen, Disziplin. Ein Gespräch Über flüchtige Überwachung, 2013, 83&...).

extracto de Byung-Chul Han Psychopolitik (2014) - © traducido por @xindiriz