prismmagazine.ca |
vive en Montreal, Quebec.
escribe poesía e traduce. na
súa faceta tradutora traballa con textos de diversas linguas, que traslada ao
inglés; entre elas o galego.
traduciu ao inglés a
Rosalía de Castro, Chus Pato e Lupe Gómez.
ademais ten vinculación
coa Universidade de Vigo a través do Seminario de Investigación de Feminismo e
Resistencias desde 2008, sendo nomeada doutora honoris causa en 2015.
se tivera que elixir
algunhas palabras ou frases para definirse, cales serían?
no
meu sitio web, digo en inglés que ademais que ser poeta e tradutora son: allergic person, friend, lesboqueer, cyclist
commuter, small footprint on earth, cook. digo isto en inglés porque publico
poesía e traducións en inglés, e o meu público é inglés falante, na súa maioría
... o feito básico da miña existencia na terra é que teño alerxias mortais e
asma ... xa coñezo o que é morrer, mesmo se non coñezo, claro, a morte ... así
que as miñas amizades sonme moi importantes, e vivir unha vida modesta, e gozar
do tempo e da presenza dos seres queridos. é todo isto que estas palabras queren
indicar ...
fálase moito de que só
alguén que escriba poesía pode traducila; que opina?
para traducir poesía cómpre atención ao funcionamento da
linguaxe en todos os niveis, así que alguén que xa intentaba escribir poesía ten
coñecementos dos seus retos que lle poden axudar na tradución ... pero hai
moitos que escriben poesía que non teñen esa atención particular á linguaxe e
así non a poden traducir (esa xente fai versións súas dos poemas pero son paráfrases
ou interpretacións ou borradores; non son traducións). e hai non-poetas que
poden entrar nos retos dun verso, dun poema, e traducilo moi ben ...
onde radican os
problemas da actividade tradutora dentro do panorama cultural no contexto no
que está vostede instalada?
en Canadá, onde temos dous idiomas oficiais ao nivel
federal, non hai apoio cultural federal para quen traduce estranxeirxs para
canadenses, e en Québec, non hai apoio cultural para quen traduce cara ao
inglés. teño que 'exportar' o que fago ... é moi difícil introducir obras na
cultura canadense, sen apoio; no meu ver, temos tendencia de mirar, mimar e imitar
en exceso o que está de moda nos Estados Unidos ... ca pasaxe do tempo, curiosamente,
publico máis aos Estados Unidos, onde hai máis cultura de apropiación doutras
culturas. así polo menos a tradución entra, as obras entran alí (e hai moitxs
bos e boas poetas alí tamén con moita sensibilidade e nada de apropiación ...
como aquí en Canadá pero nos EEUU hai máis posibilidades de publicar ...
a tradución, a de textos
poéticos especialmente, ten máis de creación ou de re-creación?
ten de todo ... de consideración lingüística, de saber
xulgar o que fai @ poeta orixinal, de entender os seus retos, de coñecer o léxico
e a historia do idioma no que introduces a obra, e de proceder con curiosidade,
paciencia, escoitando ... cada obra ensina á tradutora como quere ser
traducida, se escoitas. da creación ou da re-creación? hai de todo ... porque
non só cambias de idioma, traes a obra noutra cultura, con referencias
distintas ... unha vaca en galego, por exemplo, encaixa toda unha historia de
referencias e de política social que non ten a Canadian cow in English! Así é un reto presentar esa vaca como cow sen baleirar a pobre besta de toda
realidade ...
podería esbozar a súa rutina
de traballo?
son traballadora autónoma ... érgome cedo, normalmente ás
6, e traballo 7 días por semana (menos pola finde) ... gústame moitísimo vivir
nos idiomas; é un luxo tremendo.
coas traducións de poesía fago unha versión inicial e
despois leo e releo e sigo facendo cambios; até 20 revisións ás veces! escribo
tamén prólogos e limiares e posfacios e textos así, e presentacións das obras
unha vez publicadas, sempre intentando achegar a obra ao público ... e busco
publicacións en revistas, traduzo entrevistas coas autoras orixinais para
ampliar a súa presenza en inglés, ... non cobro ou case non cobro para
traducións de poesía, así traduzo máis agora que son semi-xubilada ...
no caso de ensinar
tradución ou interpretación, que tres consellos básicos lles daría ao seus
alumnos?
ler ... ler moito ... ler aínda máis. ir ás exposicións
de arte. escoitar música. estudar a historia da túa literatura, e ... manter un
caderno de lecturas onde escribes unhas citas de cada obra, e onde intentas de
entender a súa cultura, o seu ámbito, ao que responde a obra ...
a súa ‘wikipedia’ en
lingua inglesa menciona que vostede aprendeu galego para poder traducir a
poesía de Chus Pato; é iso certo?
é certo, si. atopei o seu libro m-Talá cando só estaba na libraría (quizás fose en 2001) para
mercar uns casetes de cancións para nenos. acho de inmediato que tiña un libro
incríbel nas mans, e quería aprender galego para traducilo. e, como dicimos en
inglés, the rest is history!
que opinión lle merecen outros
proxecto de tradución individual ou colectivo que teñan a ver coa lingua
galega?
penso nos moitos proxectos que articula e organiza
Manuela Palacios ... teñen todos moito valor porque organiza as publicacións
con editoras coñecidas afincadas en ámbitos onde se fala a lingua inglesa ...
en Irlanda, no seu caso. Migrant Shores: Irish, Moroccan and
Galician Poetry, e Six Galician Poets, por exemplo, libros
excelentes e dispoñíbeis en Amazon ... Manuela tamén traballa para difundir e
dar a coñecer, presentacións, ... os libros non desaparecen unha vez
publicados.
teño lido que hai catro
enormes influencias sobre a súa escrita poética: ‘landscape of cars, your
mother going to work, your mother teaching you to read, and in a small way
losing your sense of touch’, ten influencias semellantes no relacionado coa súa
actividade de tradutora?
aí! esa é unha cita moi vella que alguén puxo en wikipedia! no meu ver, non ten moito que
ver co que fago ... eu non controlo o que está en wikipedia. en realidade non reflicte moito o que fago, escribo,
penso, traduzo ... hai que dicir que galipedía
é unha referencia que ten máis valor que wikipedia
en inglés ...
como se levan a poesía e
a tradución na seu día a día? existe algún vaso comunicante entre as dúas? rifan?
lévanse ben?
son dúas alas dunha mesma práctica de escritura. dedico a
miña vida á poesía ... a tradución da poesía incríbel dunha Chus Pato ou unha
Rosalía de Castro ou unha Chantal Neveu (do francés) é algo importante para min
...
que proxectos lle
gustaría afrontar? por que?
poesía difícil, fragmentada, poesía que obra nos límites!,
porque me interesan os retos ... aprendo moito ... comparto moito ...
de poder contárnolo, en
que traballa na actualidade?
teño tres libros na fase de pre-publicación (aparecerán
en 2019), o meu The Elements, e a
miña tradución de Lupe Gómez, Camouflage ...
e unha co-tradución con Roman Ivashkiv dun poemario de Yuri Izdryk do ucraíno
ao inglés, Smokes.
na fase de tradución teño o próximo de Chus Pato e un
poemario de Chantal Neveu, poeta quebequesa, La vie radieuse, que traduzo ao inglés, e mais un libro-non-libro
de poemas escollidos de Uxío Novoneyra, que ten o título en inglés de The Uplands.
tamén estou cun proxecto de poemas escollidos da poeta
canadense Sharon Thesen, que vou editar para un editorial, espero, nos Estados
Unidos. teño 3 outros proxectos de poesía miña en proceso tamén, e un proxecto
de micro-contos (un día terei tempo ...).
agora o que é urxente (antes da fin do ano) son dous
ensaios, un sobre a tradución de poesía, ámbito Quebequés; e outra sobre unha
obra por un poeta canadense, Stephen Collis, sobre outra poeta moi importante,
Phyllis Webb, que cesou de escribir hai anos. a obra de Stephen trata do 'non-escribir'.
grazas por todas estas preguntas, Xosé Manuel, e unha
aperta grande aos lectores e ás lectoras ...
NOTA: entrevista realizada por email
@xindiriz