capa da novela en versión inglesa |
arredor dunha semana máis tarde, Maxine volve estar no
Auditorio Vontz para a graduación de octavo curso. Logo do protocolario desfile
de sacerdotes de todas as relixións, cadanseu cun vestiario apropiado, que
sempre lle fai lembrar o previo a un bo chiste, a Ensemble Bepop Kugelblitz
interpreta ‘o brinco de Billie’, Bruce Winterslow logra algún rexistro tipo
Libro Guinness ao maior número de palabras polisilábicas nunha oración, e a
continuación aparece a oradora convidada, March Kelleher. Maxine está algo
sorprendida cos efectos de tan só un par de anos –espera, pregúntase cunha punzada
repentina de pánico, cantos anos exactamente? March xa non é que teña algunha
cana senón que se pon cómoda e síntese coma na súa casa, e leva sombras
esaxeradas que indican unha perda temporal de fe na maquillaxe de ollos. Leva
como un uniforme de campaña e unha braga desas tan peculiares súas, hoxe nunha
sorte de verde. O seu discurso resulta ser unha parábola que se supón ninguén
vai entender.
había unha
vez unha cidade cun poderoso gobernante a quen lle gustaba rular de incógnito pola
cidade, facendo o seu traballo no segredo. De cando en vez recoñecíao alguén,
pero sempre estaban dispostos a aceptar unha poutada de prata ou ouro para
esquecer o asunto. ‘Vostede ten estado exposto por un momento a unha forma
altamente tóxica de enerxía,’ é a súa fórmula habitual. ‘Aquí ten unha suma que
confío lle compensará a vostede por calquera dano causado. Pronto comezará a
esquecer, e logo sentirase mellor.’
‘por aquel
tempo, de aquí para alá na noite, había tamén unha anciá, probablemente non
sería demasiado diferente da vosa avoa, que levaba consigo unha enorme saca
chea de farrapos lixados, anacos de papel e plástico, aparellos rotos, restos
de comida, e outro tipo de lixo que recollía pola rúa. Ía a todas partes, vivira
na cidade durante máis tempo que calquera outra persoa, sen protección e á
intemperie fose cal fose o tempo, e sabíao todo. Era a que gardaba de fose o
que fose que tirara a cidade.
o día que
finalmente coincidiu co gobernante da cidade, el levou unha sorpresa ben rufa –
cando, con boa intención, lle ofreceu a súa poutada de moedas, ela tirounas ao
chan, furiosa. Espalláronse musiqueando polo empedrado adiante. ‘Esquecer?’ guinchou.
‘Non podo nin debo esquecer. Lembrar é a esencia do que son. O prezo do meu
esquecemento, gran señor, é maior do que poida imaxinar, xa non digamos pagar.’
desconcertado,
quizás considerando que non debía ter ofrecido abondo, o gobernante comezou a
rebuscar no seu peto outra vez, pero cando ergueu os ollos, a anciá
desaparecera. Ese día volveu das súas tarefas secretas máis cedo do habitual,
nun estraño estado de ánimo. Supuxo que agora tería que atopar a esta anciá e
neutralizala. Que incómodo.
thepoplartree.wordpress.com |
inda que, por
natureza, non era unha persoa violenta, xa había tempo que aprendera que
ninguén conservaba o seu traballo sen estar disposto a facer calquera cousa que
fose preciso. Durante anos buscara métodos novos e creativos que excluíran a
violencia, o que normalmente viña equivaler a mercar o silencio da xente.
Contratou os perseguidores das celebridades imperiais como gardacostas,
xornalistas con enormes narices foron recolocados como ‘analistas’ e instalados
na oficina estatal de intelixencia.
aplicando
esta lóxica a anciá coa súa saca de lixo debería ter mudado en Ministra de
Medioambiente e algún día construiríanse parques e plantas de reciclaxe por
todo o territorio co seu nome. Pero sempre que alguén se lle acercaba para
proporlle algún emprego, ninguén era quen de atopala. As súas críticas ao
réxime, sen embargo, xa atoparan sitio na conciencia colectiva da cidade e eran
xa imposibles de borrar.
ben, rapaces,
so é unha historia. A caste de historia que teriades oído en Rusia nos días de
Stalin. A xente contábase estas fábulas de Esopo e todos sabían que
representaba cada cousa. Pero, podemos dicir o mesmo nos Estados Unidos do
século XXI?
quen é a
anciá? Que credes que estivo a pescudar todos estes anos? Quen é este ‘gobernante’
por quen se nega a ser mercada? E que é este ‘traballo’ que el ‘facía en
segredo’? Supoñede que ‘o gobernante’ non é unha persoa, mais unha forza sen
ánima tan poderosa que inda que non ennobrece, mais si titula, o cal, na
cidade–nación da que falamos, é sempre máis que suficiente. Déixovos a vós as
respostas, os graduados de Kugelblitz do 2001, a modo de exercicio. Boa sorte.
Considerádeo un concurso. Enviade as vosas respostas ao meu ‘blog’, tabloidedosmalditos.com,
o primeiro premio é unha pizza con calquera ingrediente que vos apeteza.
a intervención proporciónalle algúns aplausos, máis dos
que obtería nas academias snob tanto a leste coma oeste, mais non tanto como
esperaría obter do alumnado de Kugelblitz.
‘é a miña personalidade,’ dille a Maxine na recepción
posterior. ‘Ás mulleres non lles gusta o xeito en que me desenvolvo, aos homes non lles gusta a miña
actitude. Por iso é que estou reducindo as aparicións persoais e concentrándome
no blogue.’ Entregando a Maxine un dos folletos que Otis trouxera a casa.
‘visitareino,’ promete Maxine.
saudando coa cabeza mentres cruza o patio, ‘quen é ese co
que viñeches, o dobre de Sterling Hayden?’
‘o que? Ah, ese é o meu ex. En fin. Algo así.’
‘o mesmo ‘ex’ de hai dous anos? Non acabou, inda non
acabou, a que esperas? Algún nome nazi, se lembro ben.’
‘Horst, isto vai estar na Internet logo?’
‘non se me queres facer un gran favor.’
‘uh-oh.’
‘en serio, es unha CFE, non si?’
‘retiráronme a credencial, agora vou pola miña conta.’
‘o que ti digas. Teño que pedirche opinión sobre algo.’
‘xantamos por aí?’
‘eu non xanto. Un artefacto corrupto do capitalismo.
Almorzo quizás?’
sen embargo, sorrí. A Maxine améncelle que, ao contrario
do que dixo no discurso, March non é unha meiga, é unha torta. Coa faciana e
maneiras de alguén que cinco minutos despois de coñecelos xa che está a
propoñer comer algo. Algo específico, que terá xa na súa culler de camiño á túa
boca.
Thomas Pynchon Bleeding Edge (2013), pp. 113–5
wikipedias (versión inglesa) sobre 'bleeding edge' & Thomas Pynchon
tradución mala por @xindiriz
wikipedias (versión inglesa) sobre 'bleeding edge' & Thomas Pynchon
tradución mala por @xindiriz