Jen Wang naceu en 1984 e medrou na área de San Francisco. Ademais de debuxar cómics, unha mestura entre manga e disney, estuda cine e socioloxía. Vive en LA.
venres, 29 de abril de 2011
proposta de traballo jen wang
ana gusta dos cómics; por exemplo, Koko Be Good, a historia dunha rapaza, de Jen Wang (foto).
xoves, 28 de abril de 2011
solución á proposta linh dinh
Antes do seu último alento levárano fóra para mirar o sol por última, e primeira, vez.
Fascinábano tanto os libros de viaxe que pasou a vida encadeado ao pupitre, coas cortinas corridas, léndoos.
Adora os mapas por si mesmos, é certo, e ao berrar mentres apunta un novo destino aleatoriamente: "Quero estar alí", non está a expresar un desexo de estar en algún lugar, en concreto, nesta gran terra, senón só un desexo de ser unha fibra, unha mota como moito, nun anaquiño de papel colorido e complexamente dobrado.
Ó pasar medio século, un home voltou á cidade onde nacera para descubrir que practicamente non cambiara, todos os vellos edificios estaban milagrosamente intactos, aínda que marelecendo lixeiramente e toda a poboación de fai medio século, 2,489,863 almas, por conta exacta, aínda estaban vivos, aínda que marelecendo lixeiramente.
Dous homes foran inimigos toda a vida, por mor dunha palabra dita décadas atrás, unha palabra maloída, malinterpretada e enormemente trivial, en calquera caso, para calquera observador obxectivo, unha lixeira inflexión nalgo dito, un fío de aire que se escapara entre beizos máis ou menos pechados, un tic na cella; e, sen embargo, os resultados foron a horripilante morte dun dos homes e a mutilación doutro.

baseado na tradución de CELIA
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)