luns, 31 de xaneiro de 2011

solución á proposta Wikileaks

Assange naceu en Townsville, Queensland, e pasou moita da súa xuventude en Magnetic Island. Seus pais dirixían unha compañía teatral ambulante. En 1979, súa nai casou de novo; o seu novo marido era músico. A parella tivo un fillo pero romperon en 1982 e tiveron desavenencias pola custodia do medio irmán de Assange. A súa nai, a continuación, mantivo agochados aos seus fillos os cinco anos seguintes.
En 1987, despois de cumprir 16 anos, Assange comezou a xaquear baixo o alcume de “Mendax”. El e outros dous xáqueres uníronse para formar un grupo que chamaron os Subversivos Internacionais.
Durante a nenez mudouse varias ducias de veces, alternando frecuentemente as clases formais coas clases en casa e logo asistindo a dúas universidades en distintos periodos en Australia. Ténselle descrito coma en gran medida autodidacta e con moitos coñecementos en ciencias e matemáticas. Dende 2003 a 2006 estudou física e matemáticas na Universidade de Melbourne pero non afirma terse graduado. Na súa páxina persoal, describe como representou á súa universidade na Competición de Física Nacional de Australia arredor de 2005. Tamén ten estudiado filosofía e neurociencia.

esta é a nosa proposta de solución

parabéns!!!!

dúas persoas que traducen laxas tamén forman parte do grupo que está a representar ao ies.laxeiro no concurso "parlamento xove 2011", e este fin de semana volveron demostrar o bos que son; clasificados en segunda posición, moitos parabéns a eles e ao resto, parabéns!!!!

proposta de traballo I Have a Dream

a grandes homes grandes discursos, un xénero literario en si mesmo. Martin Luther King Jr pasará á historia por moitos motivos; sobre todo, coma símbolo da loita pola xustiza con medios pacíficos nun contexto totalmente adverso. Un dos seus instrumentos foi a palabra, os discursos que pronunciou ante audiencias cada vez máis grandes e entusiastas. Aquí tedes un dos máis famosos, I Have a Dream. Elisabeth

domingo, 30 de xaneiro de 2011

Galician literature in English translation

problema de tradución
na actualidade, queiramos ou non, con permiso dos chinos, o inglés é o escenario onde mostrarse e nese escenario pintamos máis ben pouco; sen embargo, parece que o 2010 foi mellor que outros. Esta é unha listaxe das traducións que se levan feito de obras en galego ao inglés realizada por Jonathan Dunne.

venres, 21 de xaneiro de 2011

rinoceronte editora

no seu momento foi a repera que alguén se puxera con isto, agora ata aparecen nas enciclopedias; amor aos libros, amor ás linguas. teñen sorte de non estar na versión inglesa ou castelá, porque se non en google non aparecería a versión galega, que é a que mellor se entende, se eres galeg@ claro. comprobádeo con algún termo, veredes

e que importará que dean medo, que importará?

hoxe no xornal el país podedes ler un artigo estupendamente escrito sobre unha panda de tolos que se adica a facer o que lles gusta, traducen e/ou editan libros que dan medo, algúns moito; inda por riba algúns seica se poden descargar de balde na súa páxina web, editora urco

martes, 18 de xaneiro de 2011

como somos

somos ana, celia, daniel, marco, miguel, noelia e silvia; máis detalles akí

luns, 17 de xaneiro de 2011

proposta de traballo linh dinh - blood and soap

unha proposta literaria, un raro autor entre vietnamita e americano, unha colección de narracións extremadamente curtas e enigmáticas, co seu contexto, pincha akí. elisabeth

domingo, 16 de xaneiro de 2011

proposta de traballo WikiLeaks

levamos meses escoitando falar de WikiLeaks, se queres coñecer algo máis sobre esta organización, a súa web e os segredos que saen á luz, akí tes por onde empezar. raquel

venres, 14 de xaneiro de 2011

lois pereiro traducido ao inglés

unha recopilación dos poemas de Lois Pereiro, protagonista este ano no Día das Letras, será traducida por Jonathan Dunne, que tamén ten traballado con textos de Manuel Rivas. o libro levará o título de Collected Poems e será editado por Small Stations Press. podedes ver un graffiti nas rúas de Vigo coa imaxe do poeta. máis información akí

venres, 7 de xaneiro de 2011

como se pronuncian estas "extrañas" cousas

nesta páxina web interactiva atoparedes cousas moi curiosas. se dubidades como se pronuncia o nome do voso actor favorito igual aquí o atopedes. tamén podedes colaborar engadindo palabras galegas que vos gusten, por exemplo "cacharela" ou "trapallada". http://es.forvo.com/languages/

proposta de traballo "European Patent Office"

Esta é unha das institucións europeas, pouco coñecida por suposto, que rixen aspectos moi importantes das nosas vidas. Chegado un día poderias traballar para ela. Klika e traballa sobre o tema.

proposta de traballo "whiskey in the jar"

"Whiskey in the Jar" é unha canción tradicional irlandesa da que grupos coma Metallica, Thin Lizzy ou The Dubliners fixeron versións modernas. Conta unha historia de amor e traición, leda ou triste segundo se mire. Akí tedes materiais para a sesión de traballo.